Accidente fatal na rúa Desiderio Varela
Foto: Anosacosta
É o principal tema de conversa hoxe en Carballo. Dolores Facal Pardiñas, de 85 anos de idade e natural de Ardaña falecía no día onte despois de levar un golpe ó caer na céntrica rúa Desiderio Varela. Ó parecer Dolores tropezou nunha das táboas tendidas no lugar con motivo das obras de peatonalización que se están a levar a cabo na rúa dende hai varios meses. A prensa local destaca que a muller se encontraba aparentemente ben e lúcida trala caída e que non tiñá intención de recibir atención médica. Sen embargo, falecía pouco despois de ser trasladada ó centro de saúde por parte da policía local.
A empresa encargada de realizar os traballos afirma que se cumprían todas as medidas de seguridade e que mesmo en ocasións se tiña que advertir ós peatóns que non respetaban os valados colocados para impedir o paso á zona de obra. Mentres, os responsables municipais non teñen emitido declaracións ó respecto.
Un feito desgraciado do que se debe falar con moito coidado e no que probablemente xogaron un papel determinante tanto a avanzada idade da muller accidentada coma a mala sorte. Sen embargo, hai un dato certamente significativo que debe levar a investigar máis a fondo a situación destas obras: antes deste luctuoso episodio ten habido xa outros 3 accidentes similares, incluindo unha denuncia por escrito perante a policía. É dicir, que chovía sobre mollado. De modo que, tanto a empresa constructora que executa directamente os traballos, coma o Concello de Carballo que é responsable da obra, farían ben en afrontar a situación, analizar os problemas e tomar medidas para impedir que unha desgraza así se volva a repetir. Porque botarlle a culpa ós peatóns de tanto accidente sería unha tomadura de pelo.
Onde está o alcalde, ao que tanto lle gusta saír nas fotos? Por qué non da explicacións deste desgraciado suceso?
Etiquetas: accidente
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home