Chove na Avenida de Bergantiños
Non, non é que haxa microclima, e non é que estes días estean a ser húmidos. Máis ben imos por outro lado. Porque unha vez reanudado o curso, La Voz de Los Ricos y Poderosos (rebautizada por Anxo Quintana) está a reverdecer e facer méritos extras na súa incansable laboura de defensa do goberno de Evencio Ferrero. E tanto é así que hoxe nos deixa unha desas perlas cultivadas dignas de ser lembradas por moito tempo. Atención ao texto da noticia:
“Comenzaron las obras en la Avenida de Bergantiños: Las obras de mejora en la prolongación de la avenida de Bergantiños de Carballo, que enlaza el barrio de O Chorís con la parroquia de Bértoa, acaban de comenzar. […] El alcalde carballés, Evencio Ferrero, inspeccionó ayer las obras acompañado del concejal de Obras, Luis Lamas.”
¿Mellora? ¿Mellora de qué…? Pois de mellora pouco, máis ben o arranxo da desfeita dunha obra vergoñenta inaugurada hai apenas 2 anos e que dende hai xa máis de 1 está completamente levantada e impracticable, sen que ninguén teña asumido responsabilidade ningunha, e sen que a nosa prensa teña sequera o reparo en explicalo. Mexan por nós, pero temos que dicir que na avenida de Bergantiños chove.
Etiquetas: baches avenida bergantiños
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home