Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, septiembre 08, 2009

Amizades perigosas


Supoñan a seguinte situación: unha vila do levante español (poñamos Valencia, Murcia ou Baleares) viviu nos últimos anos de borracheira urbanística unha orxía de construcción de pisos. Os promotores gañaban cartos a esgalla dun día para outro e o número de vivendas levantadas era a fachenda dun alcalde que nada fixo por diversificar o seu modelo productivo, ata que, cousas da globalización, a crise mundial agota o crédito, e a galiña dos ovos de ouro deixa de prestar os cartos que non temos para pagar os pisos es os coches que realmente non podiamos acadar. Resultado: centos de pisos baleiros, o paro polas nubes e unha crise de cabalo. Visto o panorama, o alcalde vislumbra unha solución: gastar un montón de cartos en pagarlles ós constructores locais con diñeiro público unha campaña publicitaria para axudarlles a vender eses pisos. ¿Imaxinan as reaccións? ¿Cantos informativos recollerían esta saída de pata de banco? ¿Cántas páxinas adicarían xornais de tirada nacional para denuncialo? Pois cambien Levante por Carballo, e verán que aquí existe un alcalde chamado Evencio Ferrero que goza de bula mediática, porque isto xustamente é o que esta pasada fin de semana anunciaba o goberno bipartito da nosa cidade.

Porque unha cousa é promover que matrimonios xóvenes veñan a vivir a Carballo (cousa que todos compartiríamos), outra cousa é gastar miles de euros dos cartos de todos en publicidade (xa comeza a ser opinable), e outra moi distinta é ofrecer unha rolda de prensa acompañado dos “señores do ladrillo” carballeses poñendoos coma unha pobres vítimas que precisan ser salvados polo Concello de Carballo a través dunha grande batería de máis de 500 cuñas, anuncios e “mupis” a distribuir fundamentalmente na Coruña. E todo isto sen entrar nas contradiccións clamorosas duns partidos políticos, o PSOE e mailo BNG, que ata ben pouco poñían ós seus adversarios do PP coma exemplo da “política do ladrillo”, e prometían un modelo diferente de “economía sostible” baseado na tecnoloxía e os servizos, ó tempo que levantaban toda clase de sospeitas sobre calquera intervención urbanística.

Pero é que a cousa non queda aí. Para poñerlle un pouco máis de sal e pementa á noticia, resulta que esta colaboración dos promotores carballeses con Evencio se produce mentres se está a elaborar unha revisión do Plan Xeral de Urbanismo que, lembremos, constitúe un alto segredo e permanece oculto para o vulgo. E para levantar definitivamente as alarmas dos máis suspicaces, resulta que un dos promotores colaboradores e que comparece ben sorrinte en rolda de prensa ó lado de Evencio e máis de Viña ven sendo nada máis e nada menos que José Bello Pallas, o ex concelleiro de urbanismo co PP, no seu día mil e unha veces vilipendiado polos nacionalistas, declarado tránsfuga, e que hai oito anos deixou en minoría ó anterior goberno de Manuel Varela propiciando a chegada ó poder do propio Evencio Ferrero. Lembremos que no trasfondo da fuga de Pallas estaba a elaboración do PXOM e o seu intento de incluir nel varios polémicos convenios. A partir de aquí pódese ser mellor ou peor pensado, pero o que en todo caso resulta incuestionable é que Ferrero ven de cometer un novo erro político de consecuencias incalculables. Porque nas cuestións do urbanismo hai que coidar moi ben as compañías, e hai amizades que poden resultar moi perigosas.



Etiquetas: , ,

5 Comments:

Blogger XabierKhan said...

Son de Carballo e pódovos dicir que despois de ler varios artigos do voso blog, saco a conclusión de que dades asco!!! unha copia patética de libertad digital, poderedes enganar os que non son de Carballo, pero eu son de Carballo e podo dicir que Evencio Ferrero (con todos os seus defectos, que os ten) é o mellor alcalde que tivo Carballo, e con moita diferencia.

9/9/09 03:02

 
Blogger XabierKhan said...

Este comentario ha sido eliminado por el autor.

9/9/09 03:03

 
Anonymous O manco de Nétoma said...

Pois eu despois do ler o teu blog, XabierKhan, chego á conclusión de que das pena, unha copia patética dun cento de páxinas de extrema esquerda supostamente subversivas que lles rides as gracias a xente coma Chávez e insultades a todos cantos non pensan coma vós. O primeiro post que ilustra esa bitácora (por charmarlle dalgunha maneira) que escribes é unha das cousas máis intolerantes e totalitarias que lin na miña vida.

Por certo, en referencia a este post de CD, dicirvos que Evencio, Lamas e Pallas fai xa uns cantos anos que son moi amighiños e non o esconden.

9/9/09 05:03

 
Anonymous Anónimo said...

Xabierkhan, comprendo perfectamente que Ferrero che pareza o mellor alcalde. Só basta ver os teus gustos. Exemplo nº 1: O título da entrada que aparece no teu blog con data de onte, 8 de setembro de 2009:
"Muller, Católica e do PP ... Podese ser algo peor?".

Contéstoche eu: si que se pode. Pódese ser Xabierkhan. Ou Evencio Ferrero, tanto ten. Non me extraña que esteas contento con "don sonrisitas": Sodes tal para cual.

9/9/09 11:41

 
Blogger Carballo Dixital said...

No te flageles, hombre. No es obligatorio leer CD.

9/9/09 17:39

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner