Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, agosto 29, 2009

Erros protocolarios


Días repletos de actividade na capital de Bergantiños. Á última oportunidade de desfrutar da Ruta dos Pinchos súmanse Berocasión e máis a Feira do Libro. Unha última fin de semana de agosto ideal para sair a pasear polas nosas rúas, facer boas compras, escoller un bo libro e desfrutar da nosa gastronomía. Sen embargo, un desagradable encontronazo político ven de enturbiar este momento coincidindo co inicio do curso político e presaxiando un otoño quente en Carballo.


A razón e tan simple coma incomprensible: o goberno local de Carballo non convidou ó acto a Manuel Varela, novo xefe territorial de cultura e exalcalde da nosa localidade, cando en anos anteriores a súa antecesora no cargo, a tamén carballesa Milagres Lantes, era unha das protagonistas do evento. Como cabía agardar o PP local non tardou en reaccionar calificando de sectario o comportamento do BNG. E pola parte do goberno foi a concelleira do ramo a encargada de xusitificarse, indicado que este ano se decidira non convidar a represetantes de ningunha administración e que en todo caso de trataba dun “erro protocolario” pero “non intencionado”. Non explicou sen embargo as razóns polas que se cambiou de criterio este ano, ou esto está relacionado co cambio de goberno na Xunta.

Escaramuzas políticas aparte, o certo é que Evencio Ferrero (o que realmente manda) ven de cometer un erro político imperdoable e deixar pasar unha magnífica oportunidade de contrarrestar as críticas de sectarismo (a maioría delas xustificadas) que moita xente fai da súa política cultural. A asistencia oficial de Varela tería amosado unha imaxe de normalidade e respeto institucional que, quen sabe se por motivos persoais ou por falta de visión, Ferrero preferiu evitar. Unha mancha nesta edición desta Feira do Libro que anuncia tormenta para uns próximos meses nos que a tranquilidade e a lentitude coa que transcurría a legxslatura ata o de agora auguran chegar ó seu fin.



1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

E de que vos extrañades, esto es la guerra e non fixo mais que empezar...

29/8/09 22:37

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner