Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, septiembre 01, 2009

Desaparecido



Nestas datas marcadas polos sucesos tráxicos en Galicia, temos que falar no noso blog dunha desaparación que dende hai dúas semanas ten preocupada á parroquia de Bértoa. Carlos Becerra Martínez, de 42 anos de idade, foi visto por última vez o día 20 de agosto cando se dirixía camiñando a Carballo. Naquel momento vestía vaqueiros, camiseta azul e branca e tenis coas mesmas cores.

A Garda Civil está a ampliar o dispositivo de rastrexo e tamén hai voluntarios colaborando nas tarefas de busca por toda a parroquia e mais polos lugares frecuentados por Carlos, que traballaba nunha empresa de construcción na Laracha.

Dende aquí o noso apoio a familiares e amigos, a nosa chamada á colaboración cidadá, e o noso desexo de que Carlos apareza san e salvo canto antes.

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Notase que é fillo dun pobre.Si fora dos de Puñal ou dos de Calvo (por decir algo)xa houberamos tido 300 concentracións na plaza e algunha que outra roda de prensa pa salir na foto. Vaia por dios.pobre rapás.

2/9/09 17:13

 
Anonymous Juan said...

O que se nota é que tí si que non sabes quen é!!!. Ademáis, alguén ten que empezar a facer concentracións e axudar!! vamos anímate!!. Por la boca muere el pez. Como la vida de Brian mismo, mucho darle a la lengua y sacar escritos, pero á hora da verdade non damos un paso ¿non é?.
A forza perdese toda pola lingua, creo que diso sabes bastante. Fai algo é deixa de meter merdada política ata en estas cousas.

2/9/09 19:58

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner