Quéixanse de vicio
Hai no Youtube toda unha serie de vídeos deste estilo. Son grabacións realizadas por particulares mexicanos para denunciar o deplorable estado de varias das estradas da súa terra. Probablemente consideran os nosos amigos americanos, que o seu país está lonxe de acadar o nivel dos países da avanzada Europa, coma esa España que ata hai pouco creiamos tan rica, e agora resulta que o era menos.
Mais o que é seguro é que estes conductores mexicanos nunca viñeron por Carballo e probaron a circular polo novo tramo da Avenida de Bergantiños, aquel que con tanto bombo e platillo se abriu haberá como ano e medio. Porque alí comprobarían como unha rúa, en pleno casco urbano, semella ter sido obxecto dalgún bombardeo, os coches teñen que facer auténticas manobras para non deixar as súas rodas nos cráteres, e aquí ninguén pide responsabilidades, nin da explicacións, nin sabemos cando se poderá arranxar. Comparando o tamaño dos buratos, case que preferimos algunha das estradas do noso México lindo y querido.
Etiquetas: baches avenida bergantiños
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home