Adiantos do FIOT
Será o vindeiro día 4 cando dea comezo o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo na súa edición 2008, e durará ata o 1 de novembro. E aínda que tempo haberá de tratar máis polo miudo os contidos deste ano, xa coñecemos varios detalles que compre ir destacando.
En primeiro lugar que o festival fará honra ó seu primeiro apelido aumentando a participación de compañías europeas. En segundo lugar que un dos clásicos máis clásicos de escea española, "Don Juan Tenorio", formará parte do programa. En terceiro lugar que Yllana, o grupo probablemente predilecto e máis aplaudido polos carballeses, volve á nosa cidade. En por último que o noso rei da comedia particular, Róber Bodegas, participará na apertura do ciclo.
¿Qué vos parece como aperitivo? Abofé que moitos estaredes abrindo xa a boca. A partires da vindeira semana sentámonos á mesa do Pazo da Cultura.
Etiquetas: Festival outono teatro FIOT
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home