Un mundo perfecto... pero non
Moito se esforzan os medios xenerosos cos gobernantes en presentarnos un mundo perfecto polo que nós, humildes súbditos, deberiamos estar eternamente agradecidos. Todos os anos o comezo do curso escolar se caracterizaba por vir cargado de problemas de xestións e de axustes, mais sorprendentemente parecía que neste 2008 as cousas estaban no seu sitio. Logo dun curso pasado cheo de polémicas e absolutos desastres da Consellería de Educación e outras administracións (escasas ou nulas as solucións dende o Concello), semellaba que todo quedara solucionado... pero non.
Primeiro foi o noso benquerido goberno local o que adicou os seus esforzos en presentarnos o éxito do programa Concilia. E a pesar de resaltar que ese programa estaba a disposición de todo o mundo, resulta que só se ofrece en 3 centros e que hay menos de 100 alumnos beneficiados (ou estaba mal a información ofrecida na prensa ou algo non cadra).
Por outra banda enterámosnos de que no San Luis Romero a colocación das paradas de bus é tan caótica que a 35 familias lles resulta máis fácil levar eles ós seus fillos ó colexio. O cabreo, evidentemente, é importante. Hoxe na Cristina a dirección do centro ven de presentar a súa demisión polo incumprimento da Delegación de Educación en cubrir as prazas de profesores. Ademais, no colexio Fogar hai polémica sobre a aprobación da xornada continua. E cabe tamén destacar que xa hai uns meses se confirmara o adeus á gardería da zona do colexio Bergantiños por un problema de xestión, debidamente tapado e camuflado polo goberno-prensa de Carballo cos avances para a outra gardería que xa estaba prevista hai tempo na parcela da urbanización de Riotor1o (1 gardería igual que 2?). Tanto nun caso coma no outro, o bipartito carballés acumula xa 5 anos plagados de anuncios e sen unha soa nova praza de gardería.
Tanto é o caos que mesmo o PP ven de espertar do seu letargo (coma?) estival para denunciar a falta de prazas en escolas infantís para nenos de 0 a 3 anos, e falta de comedor na maioría dos colexios, ó contrario do prometido pola Xunta. Retoman os populares a polémica no Bergantiños, para o que Ferrero anunciara a necesidade de construir un novo centro, e que finalmente quedou na promesa dunha suposta ampliación sen datas nin cartos. Certamente, a nota de prensa da oposición non foi sen tempo, porque este mundo nin é perfecto, nin se achegou aínda a un par de anos luz de selo.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home