Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, agosto 22, 2008

O corpo do corpo

Nestes dìas de estío, tan carentes da actividade habitual, as novas informais e desenfadadas ocupan boa parte do espazo de todos os medios de comunicación, e nós non iamos ser menos.

Contámosvos hoxe unha historia que en realidade vai tardar uns meses en sair totalmente á luz. Porque seguindo o exemplo das dotacións doutras cidades, coma a veciña Coruña, os bombeiros do corpo comarcal de Bergantiños, con base en Carballo, van posar espidos para un calendario do ano 2009. E non pensen que a cousa non vai en serio porque a encargada de realizar o reportaxe é nada menos que Antonia Peña, unha fotógrafa cambadesa afincada en Madrid, de recoñecido prestixio na arte do desnudo fotográfico. Aquí podedes coñecer parte do seu traballo.

Pero sobre todo temos que destacar os efectos positivos da iniciativa porque os retratos realizaranse co escenario de varias das paraxes máis fermosas das nosas bisbarras, dándoos a coñecer dun origxnal xeito, e porque a recadación irá a parar á Asociación de Mulleres Maltratadas da Coruña. De modo que mentres agardamos pacientemente por descubrir os corpos que se agochan detrás do corpo, felicitamos ós autores da idea.

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner