Ruta 552
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiiXfm_7K5Mf5ZG-iaj9zNHw_hBa1Ir8nbpMqDDMkR0nln6vnrmG9iBGlcj1cAfFIwfkGfJgH0BuFmlJ4AKb6O9Z4Q5UbF7H-GS_QCQeFX5KoKg5IX9AkcJYhf-Npjo5C4vOiM/s200/552.jpg)
Como nosotros no lo vamos a explicar mejor que ellos, os dejamos la nota de prensa que nos han remitido:
O portal informativo e de lecer da Costa da Morte, Anosacosta.com remata o mes onde celebra o seu terceiro aniversario, coa posta en marcha dunha nova iniciativa: Anosacosta Radio. Unha radio on line ó traverso desta web. Desde este sábado 30 de agosto os internautas poderán disfrutar dun novo servizo, que supón unha nova etapa nos medios de comunicación comarcais.
Precisamente este sábado poñeráse na rede “Ruta 552” que é o primeiro dos programas de radio “a carta” que serán difundidos exclusivamente en anosacosta.com. Un programa realizado polo propio equipo da páxina que conta coa colaboración do Centro Blas Espín. Esta nova iniciativa xurde do desexo de promover as bisbarras de Soneira, Fisterra, Xallas e Bergantiños na rede e mediante unha radio on-line.
“Emitimos desde a Costa da Morte para o mundo. Pretendemos conectar a todolos nosos paisanos de aquí e da diáspora e tamén buscar que os amigos doutros puntos do planeta se enganchen a nosa terra máxica”, sinala o director de anosacosta, Marcos Díaz Molk.
“Ruta 552” será un programa onde se recuperen e se conten historias e lendas sobre a nosa comarca e os seus persoeiros, se analicen problemáticas actuais, se fagan entrevistas, se reciten poemas, se adiquen cancións, se poñan persoas de diferentes sitios en contacto e se ofrezan moitas sorpresas. Queremos abrir unha fiestra para sentir, vivir e difundir o
lugar onde nacemos: A Costa da Morte.
2 Comments:
yo escuche el programa ahora mismo en www.anosacosta.com, y me parecio genial!!!
Ya era hora de que aparecieran iniciativas modernas y propaguen nuestra cultura
30/8/08 15:34
A dereita moderna:
http://www.nasterrasdepondal.com/2008/09/ainda-diria-mais/
2/9/08 16:42
Publicar un comentario
<< Home