Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, septiembre 17, 2008

San Francisco

Para abstraernos un pouco do desastre educativo, que continúa activo e do que teremos que seguir informando, hoxe traemos unha espléndida noticia como as que con frecuencia nos ofrece o pub carballés "A Reserva". O certo é que esta sala se ten convertido nun dos mellores dinamizadores culturais da zona, e probablemente moita xente nas administracións públicas faría ben en tomar boa nota.

Nesta ocasión anunciamos un espectáculo que non se vai ofrecer na nosa cidade senón no pub"Non sei" da Silva, pero que conta con colaboración e organización "reservista". Falamos nada menos que de Enrique San Francisco, considerado por moitos o mellor monologuista de España, co permiso do noso Róber, e coa puntualización de que Quique é actor, non guionista.

Será o sábado 27 ás 23:30 e a entrada costará 15 € en taquilla, pero mellor será que vaiades reservando porque o aforo é limitado. Podedes facelo no restaurante "O Cordobés" de Razo ou na propia sala "A Reserva" por un prezo rebaixado de 12 €. Para matar o tempo da espera imos quentando motores cunha das intervencións máis celebradas de San Francisco.





Etiquetas:

4 Comments:

Anonymous Anónimo said...

despues de tenernos una hora esperando en la puerta para entrar al pub por fin nos dejan entrar, una vez dentro una hora mas de espera.Supuestamente tenia q empezar a las 11:30, empezó a la 1 casi.Habló diez minutos, o ni eso, media hora de descanso!!Al final se negó a actuar y nos kedamos con los 12 euros pagados y sin ninguna explicación ni disculpa.Una gran decepción!!!!DESDE AYER CREO Q ESTE PERSONAJE ACABÓ PARA MUCHA GENTE!!!

28/9/08 15:06

 
Anonymous Anónimo said...

pois si, unha decepción absoluta. Tanto do tipo en cuestión, que dado o estado no que se atopaba pouco mais se lle podía pedir, como da organización "reservista" que deixou bastante que desexar. Hai que ser un pouco mais profesional e non dedicarse a fardar de ter ó lado a unha ¿¿¿ESTRELA??? Ánimo ó Pub Non Sei, que esto supérase!!!

28/9/08 23:47

 
Anonymous Anónimo said...

si é verdade q non cobrou como dicía él, q nos devolvan os cartos das entradas!!!!moi mala organización por parte do pub non sei,unhas silliñas tampouco costaban nada e mais sabendo q a xente iba a morrer co sono de pe esperando polo tan ansiado monólogo, q desastre!!!!

29/9/08 00:54

 
Anonymous Anónimo said...

Bueno, o que dixera el... o representante cobrou, dubido moito que San Francisco lle perdoara a parte que lle correspondía. Quen sabe. E o das sillas, home, 340 sillas? son moitas. E supoño que ninguén se esperaba que o tipo fora a facer tal hazaña.

29/9/08 22:28

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner