Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, septiembre 17, 2008

San Francisco

Para abstraernos un pouco do desastre educativo, que continúa activo e do que teremos que seguir informando, hoxe traemos unha espléndida noticia como as que con frecuencia nos ofrece o pub carballés "A Reserva". O certo é que esta sala se ten convertido nun dos mellores dinamizadores culturais da zona, e probablemente moita xente nas administracións públicas faría ben en tomar boa nota.

Nesta ocasión anunciamos un espectáculo que non se vai ofrecer na nosa cidade senón no pub"Non sei" da Silva, pero que conta con colaboración e organización "reservista". Falamos nada menos que de Enrique San Francisco, considerado por moitos o mellor monologuista de España, co permiso do noso Róber, e coa puntualización de que Quique é actor, non guionista.

Será o sábado 27 ás 23:30 e a entrada costará 15 € en taquilla, pero mellor será que vaiades reservando porque o aforo é limitado. Podedes facelo no restaurante "O Cordobés" de Razo ou na propia sala "A Reserva" por un prezo rebaixado de 12 €. Para matar o tempo da espera imos quentando motores cunha das intervencións máis celebradas de San Francisco.





Etiquetas:


Seguir lendo...

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner