Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, agosto 30, 2008

Ruta 552

Una vez más nuestros amigos de A Nosa Costa nos traen magníficas noticias para la información en la Costa da Morte. Ese soplo de innovación, independencia y aire fresco que dirigen Marcos Díaz Molk y Xosé Manuel Lema nos remite una nota de prensa en la que nos informan de la puesta en marcha de la cadena de radio vía internet de su portal. En http://www.anosacosta.com/ ya podeis disfrutar de diferentes contenidos de audio, entre ellos el primer programa de "Ruta 552", el que será el principal programa de su cadena, un prometedor magazine en el que se unen música, poesía, entrevistas, historias... y en el que nosotros hemos creído reconocer la influencia de "La rosa de los vientos" de Juan Antonio Cebrián (que en paz descanse), una referencia ya mítica en la radio española.

Como nosotros no lo vamos a explicar mejor que ellos, os dejamos la nota de prensa que nos han remitido:

O portal informativo e de lecer da Costa da Morte, Anosacosta.com remata o mes onde celebra o seu terceiro aniversario, coa posta en marcha dunha nova iniciativa: Anosacosta Radio. Unha radio on line ó traverso desta web. Desde este sábado 30 de agosto os internautas poderán disfrutar dun novo servizo, que supón unha nova etapa nos medios de comunicación comarcais.

Precisamente este sábado poñeráse na rede “Ruta 552” que é o primeiro dos programas de radio “a carta” que serán difundidos exclusivamente en anosacosta.com. Un programa realizado polo propio equipo da páxina que conta coa colaboración do Centro Blas Espín. Esta nova iniciativa xurde do desexo de promover as bisbarras de Soneira, Fisterra, Xallas e Bergantiños na rede e mediante unha radio on-line.
“Emitimos desde a Costa da Morte para o mundo. Pretendemos conectar a todolos nosos paisanos de aquí e da diáspora e tamén buscar que os amigos doutros puntos do planeta se enganchen a nosa terra máxica”, sinala o director de anosacosta, Marcos Díaz Molk.

“Ruta 552” será un programa onde se recuperen e se conten historias e lendas sobre a nosa comarca e os seus persoeiros, se analicen problemáticas actuais, se fagan entrevistas, se reciten poemas, se adiquen cancións, se poñan persoas de diferentes sitios en contacto e se ofrezan moitas sorpresas. Queremos abrir unha fiestra para sentir, vivir e difundir o
lugar onde nacemos: A Costa da Morte.



Seguir lendo...

viernes, agosto 29, 2008

Retoques no tráfico

Os problemas do tráfico están entre os máis comentados e socorridos tanto nas páxinas de CD coma nas rúas carballeses. Moitos non acabamos de entender como unha vila de menos de 20.000 habitantes pode acumular tal cantidade de atascos, dificultades para aparcar e toda clase de dificultades circulatorias. E moitos teñen sido os macroanuncios públicos dende o Concello para arranxar este problema, dende os sucesivos "encontros nas 3 fases" de Manuel Andrade ó recentes plans de tráfico do bipartito.

É ben certo que se teñen realizado algunhas melloras e realizado algunhas obras acertadas, coma as rotondas da rúa Sol ou a mellora da Vila de Negreira, pero non é menos certo que se trata de actuacións moi concretas e con efectos moi limitados. A resolución definitiva ou cando menos por moito tempo do tráfico carballés é unha asignatura que os gobernos municipais veñen suspendendo ano tras ano, sempre camuflada co enésimo plan de choque.

Nestas datas o goberno de Evencio Ferrero ven de anunciar a posta en marcha de dúas medidas relativas ó tráfico: a protección dos contenedores con bolardos para impedir que se aparque diante e se impida o acceso ó camión do lixo, e disposición de aparcamentos para bicicletas en diversos puntos da vila. Xustifica esta medida o do BNG con que cada vez desprazarse en coche é máis caro e complicado. E por suposto que temos que aplaudir as medidas, que coma sempre, gozaron de ampla difusión e boato na prensa local. Ben está que exista orde para a recollida do lixo, e ben está que aqueles que poidan nas circunstancias que poidan opten por outros medios máis sinxelos e ecolóxicos. Mais non podemos evitar sinalar que se estas son todas as medidas que o goberno local pode tomar no tema, e se a solución é ter que deixar o coche pola bicicleta, non facían falta tantas alforxas para esta viaxe. Agardamos algo máis, agardamos solucións concretas, e recordamos que a maioría dos carballeses non pode desprazarse da casa ó traballo en bicicleta, nin moito menos facer a compra, que é para o que maioritariamente se emprega o coche.







Seguir lendo...

martes, agosto 26, 2008

Historia alternativa

EVENCIO FERRERO EXIGE LA DIMISIÓN DE JOSÉ ANTONIO VIÑA

Redacción. Los inexplicables años de retraso que acumulan las obras de las travesías de Vázquez de Parga, Sísamo y Malpica han provocado la enérgica reacción del alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. En una comparecencia pública el primer edil ha reclamado la dimisión tanto de José Antonio Viña como de Marisol Soneira, la representante de la zona en el Parlamento gallego por parte del PSOE, el partido titular de la consellería de Política Territorial.

El hecho de que el Concello de Carballo haya consignado los 250.000 € correspondientes a su aportación demuestra, en opinión de Ferrero, que su gobierno tiene la firme intención de cumplir, pero que la Xunta está marginando claramente a Carballo por motivos políticos. "Hai unha clara estratexia dende o PSOE para afogar o progreso que o BNG está a imprimir a Carballo. Parécenos extremadamente grave e por iso esiximos a demisión dos seus responsables".

Hay que recordar que hace unos 6 años que existe un compromiso firmado para llevar a cabo la tercera fase de la travesía de Carballo, correspondiente a la calle Vázquez de Parga en su parte superior. Sin embargo, desde la Xunta de Galicia del PSOE solamente se han dado excusas para retrasar sine die la actuación. Igualmente, los compromisos con la Diputación para las travesías de Malpica y Sísamo se encuentran completamente paralizadas. Estas circunstancias explican la indignación de Ferrero y colocan contra las cuerdas a José Antonio Viña.

DISGUSTA
Sectarismo en la Xunta
Carballo necesita acondicionar sus travesías. Son fundamentales para mejorar la calidad de vida de los ciudadanos, y lo que es más importante, su seguridad. Sin embargo los intereses políticos de algunos están discriminando al gobierno de Ferrero de modo inaceptable. Los ciudadanos se lo deben hacer pagar.

OPINIÓN
Estos do PSOE...
(Texto no reproducible)


Advertencia: este post es completamente ficticio. Cualquier parecido con la realidad será mera coincidencia... ¿o no debería serlo? (Ver enlace)


Seguir lendo...

domingo, agosto 24, 2008

A peor feira

Diciamos hai un par de días que a mellor feira que se pode facer é a que ten os libros como protagonistas. Hoxe temos que lamentar dicir que a peor feira que se pode facer é a que ten a propaganda sectaria coma protagonista.

Non é que sexa nada novo, pero xa tiñamos as nosas dúbidas sobre da inclusión de actos claramente políticos (e do BNG, of course) dentro da "Praza dos libros" que organiza o Concello de Carballo. E o venres pasado a praza de todos os carballeses, e un acto pagado por todos os carballeses, convertíase nun "escenario de reinvindicación" partidista. Os membros da Mesa pola Normalización Lingüística Carlos Callón e Silvana Castro presentaban o "Manifesto a prol da convivencia lingüística e da igualdade de dereitos para o galego", un documento elaborado dende os sectores máis nacionalistas da sociedade galega, en reacción contra o "Manifiesto por la lengua común" que se emitiu recentemente a nivel nacional. Segundo os "normalizadores", e "ante as inxustizas e ataques que veñen sufrindo" (¿?), defenden o dereito do pobo galego a que a súa "lingua propia" (enténdese que o castelán é impropio) sexa "oficial a tódolos efectos" (non se aclara a cal efecto non o é), e destacaron que, a pesar de que a xente máis nova e educada xa en galego ten máis respecto pola lingua, sen embargo o seu nivel de utilización é menor. Curiosamente, frente a este dato ben significativo, a Mesa pola Normalización Lingüística fala simplemente dun "paradoxo", pero non lle dá nada qué pensar en canto á súa propia laboura de todos estes anos, nin é quen de sacar conclusión ningunha.

Con este panorama, solicitar a presenza de escritores en castelán, coma fixemos en anos anteriores, case que produce bochorno. Realmente é unha pena comprobar como a política cultural do Concello de Carballo se ten ido convertindo pouco a pouco nun reducto de intereses políticos, onde uns cantos gurús sectarios xogan cos cartos e os impostos de todos a aleccionar ós mozos nas súas ideas, ampliar a influenza da súa congregación, e marxinar pouco a pouco a unha maioría de carballeses que se sinte desprazada do que tamén debería ser seu. Con este camiño imos ter a peor das feiras posibles.


Seguir lendo...

viernes, agosto 22, 2008

O corpo do corpo

Nestes dìas de estío, tan carentes da actividade habitual, as novas informais e desenfadadas ocupan boa parte do espazo de todos os medios de comunicación, e nós non iamos ser menos.

Contámosvos hoxe unha historia que en realidade vai tardar uns meses en sair totalmente á luz. Porque seguindo o exemplo das dotacións doutras cidades, coma a veciña Coruña, os bombeiros do corpo comarcal de Bergantiños, con base en Carballo, van posar espidos para un calendario do ano 2009. E non pensen que a cousa non vai en serio porque a encargada de realizar o reportaxe é nada menos que Antonia Peña, unha fotógrafa cambadesa afincada en Madrid, de recoñecido prestixio na arte do desnudo fotográfico. Aquí podedes coñecer parte do seu traballo.

Pero sobre todo temos que destacar os efectos positivos da iniciativa porque os retratos realizaranse co escenario de varias das paraxes máis fermosas das nosas bisbarras, dándoos a coñecer dun origxnal xeito, e porque a recadación irá a parar á Asociación de Mulleres Maltratadas da Coruña. De modo que mentres agardamos pacientemente por descubrir os corpos que se agochan detrás do corpo, felicitamos ós autores da idea.


Seguir lendo...

miércoles, agosto 20, 2008

Quod erat demonstrandum

"Quod erat demonstrandum" es una locución latina que significa “lo que se quería demostrar” y se abrevia "Q.E.D.". Tiene su origen en la frase griega " ὅπερ ἔδει δεῖξαι " (hóper édei deĩxai), que era usada por muchos matemáticos antiguos, incluyendo a Euclides y Arquímedes, al final de las demostraciones o pruebas matemáticas para señalar que habían alcanzado el resultado requerido para la prueba.
http://es.wikipedia.org/wiki/Quod_erat_demonstrandum

No es que en CD tengamos sueños de adivinos. En algunas ocasiones nos hemos equivocado en nuestras sospechas y predicciones (y lo hemos reconocido), pero en muchas más hemos acertado, casi siempre para nuestra desgracia y la de todos. Y en el asunto del parking-centro comercial se diría que tenemos una bola de cristal de última generación perfectamente sintonizada.

Tal y como adelantamos, se confirma el fracaso de la operación “MERCASA” y la campaña para responsabilizar a los placeros del enésimo fracaso de la gestión bipartita en la reforma del mercado de abastos. Y puestos a seguir con las predicciones, el alcalde Evencio Ferrero ya apuntaba por donde seguirían los tiros, y nos atrevemos a vislumbrar un nuevo horizonte. ¿Qué tal otro concurso (sería el cuarto si no nos fallan las cuentas) para el parking subterráneo? Entre pitos y flautas, reuniones, anteproyectos, viajes, negociaciones, etc, podemos pasar otros 2 años sin aceptar la difícil realidad y vendiendo nuevas esperanzas.

El que también gusta de pronunciar la locución latina que da título al post es nuestro amigo de “Quen fixo a lei… fixo a trampa”, que nos ha dejado un comentario sin desperdicio en “Utiliza la fuerza”.

Quen fixo a lei... fixo a trampa.
Volumen "sabe Dios cantos van".

Logo de moito tempo sen escribir nesta bitácora, e, visto que os de sempre volven ás andadas, teño que rescatar algunhas das consideracións que xa fixen desde que empezou esta longa "agonía", que vai acabar por desangrar ós de sempre: os comerciantes da Plaza.

Xa sabemos que os vampiros non sangran se os cortas: os políticos quedarán, coma sempre, alleos á responsabilidade. Recapitulemos:

1º.- Un goberno, que ao primeiro parecía "obligado" polo socio máis "díscolo" (Mr. Hunter ou o Sr. Andrade Cristóbal), inicia o proceso de "modernización do centro de Carballo e do Mercado Municipal", sabendo...

...que se está a embarcar nunha aventura de incerto destino.

2º.- Ante as primeiras dificultades, os socios do Sr. Andrade "desmárcanse" un pouco, e parecen verlle os dentes ó lobo, nunha mostra inusual de coherencia (o de inusual demóstrase nos seguintes pasos).

3º.- O Sr. Andrade amenaza, e moito (censura incluída), e, curiosamente, os seus socios vense "forzados" a seguir adiante co proxecto.

4º.- O proxecto, por inviable, e sobre todo, por ilegal, vaise ó tacho. (Creo que as razóns xa as expuxen moitas veces, e remítome ós meus comentarios previos).

5º.- Levados pola presión dos comerciantes, e polas súas propias promesas anteriores, unha vez pasadas as eleccións, e librados do "lastre" (Andrade), o goberno non ten valor a recoñecer o fracaso, e inventa unha "fuxida cara adiante". Así aparece MERCASA, e todo resolto: van facer un proxecto viable, marabilloso, que vai encantar a todo o mundo, que vai ser barato, que resolve os problemas de legalidade, que lles sairá gratis ós placeiros e ó Concello, que permite ampliar os plazos de concesión dos actuales placeiros, e que vai ser feito en pouco tempo. Esto sí que é xestión do goberno, e non o que facía Andrade.

6º.- O tempo pasa, Andrade xa non está, pero MERCASA non responde.

7º.- O Alcalde, sempre tan eficaz, viaxa incluso a Madrid (xa sabemos quen paga as viaxes, aínda que estas dietas non as declara como ingresos na páxina web municipal), para "meterlles presa". Os resultados son espectaculares: nin puñetero caso.

8º.- Dosificando información durante todo este tempo, porque o proxecto completo de MERCASA nin se sabe onde está nin se lle espera (Dios lle libre ó alcalde que se faga público o que pode decir ese estudio), resulta que, da marabillosa xestión do goberno o resultado é:

- NON É VIABLE CONSTRUIR O PARKING, debe separarse do proxecto do Mercado (non tardarán en recoñecer que é carísimo e absolutamente irrealizable: remítome ao que dixen en comentarios anteriores).

- O PROXECTO NIN SIQUERA EXISTE, senón un simple anteproxecto, unha idea xeral, sen concretar nin presupostar ao detalle.

- O PROXECTO NON CONTENTA A NADIE: a nadie lle gusta o que non pode ver: estamos ante unha cuestión de fé (algo moi propio do Sr. Alcalde, tan dado a predicar).

- É CARÍSIMO: e cada vez que filtran un novo detalle, o precio volve subir (esto xa o dixera tamén en comentarios anteriores).

- OS PLACEIROS TERÁN QUE FINANCIAR A OBRA: e non é barata. Esto é consecuencia do caro do proxecto (e non aburro: xa o dixera en entregas anteriores).

- SEGUE SENDO ILEGAL facer o que propón o goberno, e o que é peor:

- O GOBERNO MINTE E ENGAÑA ÓS PLACEIROS: saben, desde que encargaron o proxecto a MERCASA, que é ilegal, e imposible, prorrogar as concesións dos placeiros (esto tamén o dixen).

- O GOBERNO MENTÍA, E MINTE, sobre que o proxecto de MERCASA estaría dispoñible en pouco tempo: NUNCA QUIXO TER O PROXECTO, e, se fai falta, pagará porque non se lle entregue, para non ter que recoñecer públicamente a súa incompetencia, e sobre todo, que LEVA MENTINDO Á CIDADANÍA DURANTE MOITO TEMPO. (esto tamén o escribín nalgunha ocasión).

En resumen, O GOBERNO MENTÍA, MINTE, E SEGUIRÁ MENTINDO sobre este tema (como en moitísimos outros máis). A prensa amiga agocha todo o que faga falta, e as campañas de imaxe "lavan a cara" ante moita xente que só cree o que quere crer.

E eu, logo de tanto tempo, só lles digo a todos os lectores deste blog unha cousa: ESTOU ATA OS MISMÍSIMOS DE ESCOITAR MENTIRAS, TONTERÍAS E UN DISCURSO POLÍTICO INDIGNO INCLUSO NA PEOR ALDEA DO PAÍS MENOS DEMOCRÁTICO DO MUNDO, unha realidade penosa, que empeora e que lle da ganas a un de vivir noutro lugar onde cada un "teña o que mereza".

Mal vamos se merecemos esto...

Gracias por aguantar esta larga perorata, e perdón se molesto...

Seguir lendo...

A mellor feira

Ou unha das mellores que se poden facer é con libros. Esa é a idea que o Concello de Carballo vai poñer en marcha mañá xoves e ata o domingo 24, coa celebración da “Praza dos libros”. Un evento xa tradicional que contará coa presenza variada de escritores, actividades diversas e ata 10 casetas de 6 librarías de Carballo, Coruña, Laracha e Vimianzo, para que todos poidamos consultar, coñecer, e mercar bos e interesantes libros para o que queda de verán, e por suposto para outras estacións.

Autores coma Fernando Cabeza Quiles, Rafael Lema, Margarita Barral, Alberto Lema ou Pilar García Negro tomarán parte nunha celebración que comezará co pregón musical “dramatizado” de Lino Braxe e que terá actuacións musiciais de Nordestin@s e Brath 22. Entre os actos tamén poderemos ver participando ó noso veciño Santiago Pazos.

Coma goberna quen goberna e o sectarismo non é fácil de curar, tamén teremos a tradicional sesión de adoctrinamento coa participación de Camilo Nogueira para falar das súas obras “Galiza na unión” e “Europa, o continente pensado”. Todo moi literario. Co aplauso que sempre merecen as feiras dos libros e co desexo de que algún ano se desvinculen definitivamente da política, recomendámosvos especialmente asistir.


Seguir lendo...

sábado, agosto 16, 2008

Utiliza la fuerza


Yoda: Utiliza la fuerza. Sí, ahora la piedra, siéntela
(La nave se hunde)
Luke: Ahora nunca la sacaremos
Yoda: ¿Tan seguro estás? Siempre dices que no se puede hacer. No oyes lo que digo.
Luke: Maestro, mover piedras por ahí es una cosa. Esto es totalmente diferente.
Yoda: No, diferente no, solo diferente en tu mente. Debes aplicar lo que has aprendido.
Luke: Vale, lo intentaré.
Yoda: No, no lo intentes, hazlo o no lo hagas. No hay intentos.
(Luke lo intenta y falla)
Luke: No puedo, es demasiado grande.
Yoda: El tamaño no importa. Mírame a mí. ¿Me juzgas por mi tamaño? No deberías, pues mi aliado es la fuerza. Y es un aliado poderoso, crea la vida, la hace crecer, su energía nos rodea y nos une, somos seres luminosos no materia bruta, debes sentir la fuerza a tu alrededor, entre tú y yo, entre la roca en todas partes, si, incluso incluso la tierra y la nave.
Luke: Quieres lo imposible.
(Yoda saca la nave)
Luke: No puedo creerlo.
Yoda: Sí. Por eso fallaste.
Dónde estarán los maestros jedi cuando se les necesita. El asunto que más posts ha generado en CD sigue trayendo cola. Esta semana el gobierno bipartito presidido por Evencio Ferrero ha vuelto a salir a la palestra para manifestar su confianza en que el proyecto del nuevo mercado y el aparcamiento subterráneo pueda llegar a ser una realidad, y lo ha hecho comunicando que la Xunta ha dado una subvención para redactar el proyecto del mercado provisional. Una subvención de 66.000 euros para un proyecto de 15 millones. El equipo BNG-PSOE se ha instalado en su argumento habitual del "estamos trabajando en ello" y "seguiremos intentándolo" para suavizar el creciente pesimismo de los placeros y vecinos. Y es que la cosa no es para menos; por si la situación económica del mercado de abastos no fuese lo bastante ajustada, la crisis (perdón, frenazo o desaceleración) económica en que se ha sumido el país está causando estragos en el pequeño comercio, y son varios los negocios que se han visto obligados a cerrar, y otros muchos los que a duras penas sobreviven con el agua al cuello.
Quizá por eso, porque de lo que estamos hablando es de la economía y el futuro de un buen número de familias, haría bien el gobierno en dejar de poner excusas y coger el toro por los cuernos de una vez por todas. Porque todos tenemos la sensación de que tanto anuncio vacío de contenido obedece más a una forma de quedar bien, e "intentarlo por intentarlo" como Luke Skywalker, sin fé en poder sacar adelante algo "demasiado grande", más que a un verdadero proyecto bien pensado y gestionado, cargado de la "fuerza" del maestro Yoda.

Si el gobierno ha concluido que el aparcamiento no es rentable, o que los modelos seguidos hasta ahora no funcionan, mejor haría en decir la verdad, por desagradable que sea, y buscar otras soluciones. Y si cree que ese el realmente el camino tiene que demostrar su fuerza con los hechos. Que lo hagan o que no lo hagan. Pero basta de vender falsos intentos que parece que ni siquiera el gobierno puede creer. Porque por eso han fallado.


Etiquetas:


Seguir lendo...

martes, agosto 12, 2008

Todo Bodegas

Así é. Se sodes fans incondicionais de Róber e por circunstancias perdestes algunha das súas intervencións en "Sé lo que hicisteis la última semana", hai un esforzado seguidor en youtube que vos ten aforrado o traballo. "Strigoyu" é o nick do internauta que ten grabados e colgados case que todos os vídeos do rei da comedia carballés no programa que presenta Patricia Conde, clasificados por data (http://es.youtube.com/user/strigoyu). Xa non tedes excusa para non seguir o éxito do noso veciño na televisión nacional.










Seguir lendo...

domingo, agosto 10, 2008

Yo soy yo, sin mi circunstancia


Está claro que Evencio Ferrero no es fan de Ortega y Gasset. Por lo menos en lo que a sueldos se refiere. Porque este fin de semana por fin el primer edil carballés ha ido más allá del amago y ha dado el paso de hacer públicos sus ingresos de la declaración de la renta del año 2007 en la web del Concello: 37.793,97 € del ayuntamiento, 122,67 € de dietas y 3.413,41 € pagados por otros organismos como Xestur o la Fegamp. Ferrero anima desde las páginas de la prensa local a otros miembros de la corporación a hacer lo mismo.

Una inciativa que desde CD aplaudimos, pero que como siempre tiene sus claroscuros que asoman "detrás de las vallas". Por ejemplo que por primera vez el propio Evencio reconoce que cobra más de lo que cobraba como maestro, pues sus ingresos "extra" aumentan su sueldo en un 10%. Pero sobre todo que Ferrero olvida su circunstancia, y es el único miembro de su gobierno que publica su declaración, como si el nacionalista no fuese además el jefe de un grupo de otros 8 concejales, y dejando en evidencia tanto al socialista Viña como a sus propios compañeros. Como también forma parte de la circunstancia el antes y el después. Por eso desde CD solicitábamos hace poco que la medida correcta debería de ser la publicación de las declaraciones de todos los concejales con dedicación exclusiva, y a poder ser previa y posteriormente a dedicarse a la política.

Quizá por estas carencias "circunstancianles" el anuncio de la publicación de la declaración de Ferrero se ha hecho de forma llamativamente discreta con una breve nota poco destacada por la prensa local. Como en este tema vamos avanzando poco a poco, no dudamos de que en breve tendremos más novedades.



Seguir lendo...

jueves, agosto 07, 2008

El enemigo en casa


Ya hemos tratado muchas veces el tema, al igual que los carballeses hemos hecho en multitud de tertulias. Los delincuentes con domicilio u origen en Carballo son los únicos de Galicia que tienen gentilicio y que como tal aparece en todos los medios de comunicación. Lo que en otros casos se relata como "detienen a un hombre...", "tres jóvenes acusados de..." o "condenada la mujer que...", se convierte automáticamente en "detienen a un carballés...", "tres carballeses acusados de..." o "condenada la carballesa que...".

Y sorprendentemente, en esta época de corrección política donde las noticias negativas protagonizadas por inmigrantes tienden a ocultar la nacionalidad de los mismos, parece que Carballo no goza del mismo beneplácito que Colombia, Rumanía o Marruecos. Lo más triste en el caso que hoy nos ocupa es que no lo podemos leer en las páginas de nacional ni de Galicia. Son las páginas de información local de La Voz de Carballo las que titulan "Una carballesa, arrestada por robar en la catedral de Santiago".

Obviando el pequeño detalle del anglicismo incorrectamente utilizado (arrestar no es lo mismo que detener, ni el sheriff John Wayne anda por la ciudad del apostol), es ciertamente triste comprobar hasta que punto los prejuicios contra nuestra villa han sido interiorizado incluso por muchos de nuestros propios ciudadanos.



Seguir lendo...

martes, agosto 05, 2008

Radiocontrol en acción

Xa temos publicado varios posts facéndonos eco da afición ó radiocontrol na nosa vila e hoxe deixámosvos un exemplo animado de cómo se vive a velocidade no magnífico circuito que un grupo de afeccionados montou no polígono de Bértoa.






Seguir lendo...

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner