Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, noviembre 10, 2012

Plan Xeral: un ano ¿perdido? despois

Botar a vista atrás e tirar de hemeroteca adoita ser un recurso interesante. Sobre todo cando se fala de asuntos que colean durante anos. Hoxe, cando o Catecismo da por inminente a aprobación inicial da revisión do PXOM, deunos por aí, e mira por onde, hai xusto un ano que estabamos a falar do asunto. E convén recordar o que daquela escribíamos, máis que nada porque o mesmo, punto por punto, podemos volver a dicilo hoxe, un ano despois. Un ano perdido, e van…

 “E así levamos sete anos redactando un documento que aínda non se ten sequera exposto ó público. O primeiro avance remitido á Xunta tivo como resultado no ano 2009 un demoledor informe contrario que poñía en dúbida moitas das liñas fundamentais do documento. E dende entón o goberno de Evencio leva xa dous anos adaptándoo ás novas condicións (ou eso di). Para iso precisamente ven de reunirse de novo a Comisión de Urbanismo, e así se recolle amplamente nos medios locais, que como ven sendo habitual neste asunto fan fincapé no consenso de todos os grupos políticos. Pero como é ben sabido que nós somos unha mosca molestadora de partes nobles, non podemos deixar de romper a tónica habitual para recordar o que moitos semellan esquecer. Primeiro, que por moito que o BOE se empeñe en colocar o punto de mira nos plazos e nos plans da Xunta e obvie por completo os plazos do goberno de Mr. Ferrero, o certo é que o 90% do retraso destes oito anos é exclusivamente atribuible ó equipo do nacionalista. Segundo, que o feito de que todos os grupos políticos fagan piña na revisión no PXOM, lonxe de ser un mérito, é unha mostra máis da incapacidade dun gobernó incapaz de sacar adiante un traballo que ninguén está a entorpecer. Terceiro, que a pesares dos titulares, aínda estamos moi lonxe de aprobar esta revisión, pois da longa serie de trámites que serán precisos estamos nos primeiros pasos e probablemente temos anos por diante. Cuarto, que temos perdido unha boa parte do tempo preparando un documento que pasaba polo arco do triunfo os cambios lexislativos e as recomendacións da administración autonómica. Quinto, que 6 meses despois das eleccións estamos exactamente no mesmo punto que 6 meses antes delas: malditos intereses partidistas. E sexto, que por incrible que poida parecer a estas alturas, os responsables do asunto explican que aínda quedan “muchos aspectos que concretar” ata simplemente remitirlle á Xunta o documento correxido, é dicir que non temos claro sequera o que queremos. Por iso decimos que a revisión do PXOM chegará (iso xa é seguro) moi, moi tarde, que as cousas se teñen feito rematadamente mal, e que resulta moi probable que rematemos arrastro, coa vergoña que significará que unha das vilas máis grandes de Galicia teña que retornar ás normas subsidiarias do planeamento.”

Actualizando o comentario, os anos xa non son sete, son oito, e a vergoña de retornar ás normas subsidiarias xa non é un futurible. Hai meses que é unha realidade.


Etiquetas:

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Disto non vos enterastes ou non convén comentalo?

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2012/11/22/inaugurado-carballo-albergue-transeuntes/0003_2012111353584974940759.htm

22/11/12 22:36

 
Anonymous Anónimo said...

Cierto. Gran noticia. Una pena que el Concello no haya puesto un puto duro para hacerlo. Sólo la Xunta y la Iglesia.
Eso sí, para hacer la foto, este hombre no falla nunca...

25/11/12 21:08

 

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner