Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, abril 28, 2006

¿Qué é o normal?



O post titulado "Anormalizar" suscitou un comentario enviado por M. D. que publicamos íntegramente a continuación:

Encontrei accidentalmente un post no seu blog titulado "Anormalizar" que non entendo, nin comparto, nin podo compartir.

Non sei cales son as funcións que ten o normalizador de Carballo; tampouco sei se en Carballo existe un regulamento ou ordenanza do uso do galego como existe en concellos como Arteixo, Melide, Ribeira, Santiago, Pontevedra, Vigo, Muros, etc. O lóxico e habitual é que neste regulamento ou ordenanza aparezan reguladas as funcións do departamento de normalización.

Estes departamentos ou servizos de normalización existen en moitos concellos galegos desde que no ano 1991 a Xunta de Galicia, desde a Dirección Xeral de Adm. Local, comezase a convocar unha liña de subvencións para o seu mantemento. Estas axudas aínda siguen na actualidade.

Ademais, nos últimos anos, as deputacións manteñen tamén uns convenios con moitos concellos para contratar persoal e manter estes servizos de normalización.

Tanto nas axudas da Xunta de Galicia convocadas desde o ano 1991 como nos convenios da Deputación da Coruña fíxase da mesma maneira cal ten que ser o labor destes servizos. Tanto nunha convocatoria como noutra dise textualmente:

"Os gabinetes ou servizos municipais de normalización lingüística deberán cumprir a seguinte misión:
- Velar porque sexa aplicada a Lei 3/83, de normalización lingüística de Galicia, no ámbito de actuación do concello correspondente, así como a Lei 5/88, do uso do galego como lingua oficial polas entidades locais. As accións máis importantes serán: confección en galego de actas, edictos, convocatorias de sesións, ordes do día, dictames das comisións informativas, mocións e traduccións de tódolos impresos oficiais en lingua galega.
- Ofrecerlle ó público asesoramento lingüístico para a corrección de textos galegos.
- Impulsar a normalización do galego nos diferentes ámbitos da vida pública."

Ademais, o persoal contratado debe ser licenciado en filoloxía galega ou mestre especialista en galego.

Polo tanto, non sería lóxico que un normalizador traducise textos de galego para castelán,...pois non pode ser, en ningún caso, a súa función.

Ademais vin no seu blog comentarios anónimos a ese post que parece que intentan relacionar normalización lingüística coa política dun determinado partido, e isto non é así, nin pode ser así.
A defensa da lingua galega é de todos, e así quedou reflexado, por exemplo, coa aprobación por unanimidade e a instancias do Partido Popular do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega no ano 2004 no Parlamento de Galicia.

Ademais, por poñer máis exemplos, servizos de normalización lingüística hainos en moitos concellos (case sempre mantidos cos fondos da Xunta e das deputacións) e de todas as cores políticas. Algúns exemplos: Ames, Melide, Ponteceso, Arteixo, Vimianzo, Muros, Ribeira, Santiago, Betanzos, Culleredo, Vigo, Lugo, Moaña, Val do Dubra, etc., etc., etc. Tamén os hai nas tres universidades galegas e nas deputacións de Ourense e Pontevedra.

Nos seguintes enlaces pódese ver información sobre algúns deles:

http://www.concellodeames.org/
http://www.santiagodecompostela.org
http://www.arteixo.org
http://hoxe.vigo.org
http://www.usc.es
http://www.depourense.es
http://www.udc.es

Agardo que este correo electrónico sirva para contribuír coa idea de que a lingua galega é a maior riqueza que temos en Galicia e que ten que ser algo de todos, que todos temos que apoiar e que non podemos deixarlle esa tarefa a un determinado grupo político, a unhas determinadas asociacións ou a unhas determinadas entidades.

Agradecido pola atención,


M.D.



Coincidimos totalmente coa última frase. Pero, desgraciadamente, algúns grupos e persoas practican unhas políticas e teñen unhas actitudes que, lonxe de favorecer o galego, perxudícano moi gravemente.

Nós pensamos o seguinte:

1) Toda persoa ten dereito a ser atendida pola Administración no idioma que elixa, castelán ou galego.

2) Os documentos que o Concello envía a fóra de Galicia deben traducirse ó español, como é natural, posto que no resto de España fálase español (ademáis de catalán, euskera e varios dialectos).

3) Se algún funcionario do Concello está capacitado para traducir do castelán ao galego, e viceversa, ese é o normalizador. Deixando ao marxe as funcións que figuren na páxina web do Concello, resulta innegable que, pola súa preparación filolóxica, é o funcionario municipal que está máis cualificado, e esa debera ser unha das súas funcións.

Parece ser que o normalizador que se nega ("por unha cuestión de principios") e o goberno que llo permite, discrepan desta nosa opinión.


Enlaces relacionados:

Anormalizar

Seguir lendo...

Ya está aquíííííííí…



Por fin ha llegado el día. Tal y como hemos podido saber a través de los medios de comunicación, el tan traído y llevado informe de la Xunta para aprobar la modificación que desbloquee el concurso del parking-centro comercial ya está en Carballo:

"El único escollo que mantenía bloqueado el proyecto desapareció ayer, con la recepción en el Ayuntamiento de la orden de la Consellería de Política Territorial por la que se autoriza la modificación del Plan General de Ordenación Municipal (PGOM) en el ámbito afectado. [...]

El documento oficial pone fin, salvo que se presente un recurso contencioso-administrativo en los próximos dos meses, a un largo proceso administrativo iniciado hace más de un año."

Han pasado algo más de cinco meses y muchas suspicacias desde el día en que se debería de haber abierto la única oferta presentada, y sin que todavía se hayan explicado los motivos de semejante fenómeno paranormal.

Ahora toca continuar adelante con el proceso y abrir la oferta de la única empresa (y eso que llegaron a anunciar hasta siete) a la que parece que el proyecto le resulta atractivo. Nuevamente reiteramos nuestra propuesta de que la oferta se cuelgue en Internet y se remita a todos los medios.

¿Qué pasará ahora? ¿Seguirá adelante el proceso sin demora? ¿Recurrirá alguien el acuerdo de aprobación inicial? ¿Aparecerán nuevos obstáculos? ¿Se anulará el concurso? ¿Empezarán las obras? No se pierdan la próxima entrega, porque, como en la película que ilustra este post (Poltergeist), cuando ya creías que todos estaban a salvo y que los fantasmas se habían ido, los muertos pueden salir… ¡de debajo del suelo!


Enlaces relacionados:

Cinco y contando

Seguir lendo...

Déjà vu



(Logos de Galp e Blogoteca)



¿Será obra de Facal?


Enlaces relacionados:

Blogoteca

Diez consejos para crear logotipos


Seguir lendo...

jueves, abril 27, 2006

Anormalizar


Garganta Profunda (¿a qué me sona a min este nick?) infórmanos sobre o que está pasando entre bambalinas no Concello:


La pasada semana se produjo un amago de micro-seismo linguístico en este nuestro concello cuando a instancias de un alto cargo municipal que solicitaba la traducción de un documento escrito originalmente en gallego, para que pudiese ser enviado a un punto x de España, cuando ante el asombro del alto cargo y sus colaboradores, el especialista linguístico (léase el normalizador) se negó a traducir en "inverso" por una cuestión de principios. Salido de su asombro inicial, el alto cargo pidió amparo en el presidente de la corporación (léase alcalde) que tras poner buena cara y pasarle la mano por el hombro, le despachó. Minutos despues, el cabreo del alto cargo fué audible por toda la concurrencia, a continuación se encerró en su despacho. El alcalde en el suyo. En consecuencia el ayuntamiento de carballo tiene un normalizador de dirección única.

garganta profunda seguirá informando.

(Xa é casualidade que Garganta Profunda fale de "micro-seísmo". O correo foinos enviado o 19 abril, 4 días antes do terremoto. ¿Coñecería tamén o que iba a pasar o domingo?)

Non publicamos antes a noticia porque esperabamos a contrastar esta información. Despois de confirmala, a grandes rasgos, con outras fontes, publicámola agora.

O nick do/a informador/a vennos ó pelo para insertar a seguinte cita de Juan Varela (Periodistas21): "Seguimos necesitando fuentes anónimas si queremos controlar y denunciar los abusos del poder. No son incompatibles con un trabajo preciso y riguroso. Carl Bernstein decía ayer: ´Es una lección de por qué es tan importante tener fuentes confidenciales. No hubiera habido otra forma de investigar el Watergate ni hay otra manera de investigar apropiadamente en un montón de lugares si no es con fuentes anónimas´."


(a foto de arriba foi extraída do seguinte blog www.manuelgago.org/blog)



Seguir lendo...

En la cima del mundo


“La diputada Marisol Soneira estaba ayer exultante: «Isto é como cumplir un soño, esta data significará un antes e un despois para a historia económica e social da Costa da Morte», decía. Incluso aprovechaba la fecha de ayer, un 25 de abril, efeméride de la revolución de los claveles, para buscar semejanzas.”

Publicado en La Voz de Galicia, edición local, dentro de la ronda de reacciones al anuncio del “corredor” a Fisterra y la circunvalación a Carballo del presidente Touriño. Recogemos las opiniones de los políticos carballeses:

Alberto Sueiro: “Toca seguir esperando, porque o presidente ía a presentar un plan de reequilibrio e recuperación da Costa da Morte, anunciado fai un ano que ía para seis meses, e agora di que no verán. Veu a ofrecer un cacho de corredor, porque o outro xa estaba, e entre medias perdemos dous anos”

La visita de Touriño a la Costa da Morte obedece a la intención de «calmar o rebumbio mediático ocasionado polo anuncio de non sacar a peaxe». En cuanto a la circunvalación, recordó que se trata de un proyecto del PP, «e non hai máis que mirar os orzamentos do 2005 para velo», que sigue su curso administrativo. «O que se fai agora é perder e alongar prazos».


Evencio Ferrero: Evencio Ferrero, estaba... satisfecho porque «isto demostra a preocupación que o Goberno galego ten pola Costa da Morte», pero, como los demás. Echó en falta más cosas: «Espero que estes anuncios se complementen con outros investimentos en infraestructuras, por exemplo en solo industrial ou no hospital comarcal».

Manuel Andrade: Oído el anuncio, no quedó especialmente satisfecho. le pareció «escaso». Dijo: «Xa o propio PP deixara encargado este estudo, o único bo é que agora vese máis ou menos firme ese compromiso».

El edil centrista echó de menos más anuncios para Carballo y la comarca de Bergantiños: «Non se falou nada das alternativas á estrada da Coruña, só se falou do que xa estaba dito, con case ningún cambio. Vexo que poñen os prazos excesivos, que ralentizan os proxectos».

Andrade querría haber escuchado algo sobre el puerto de Razo, y así se lo preguntó después al presidente de Portos, Vicente Irisarri. Le contestó que es algo que está en estudio, y que la prioridad para este caso no es elevada, aunque tampoco concretó si estará a la cola de esa premura.

También lamentó la carencia de información sobre las alternativas a la AC-552, la agilización del polígono industrial o la eliminación del peaje.

Tras la presentación por Touriño, Andrade mantuvo una charla con el presidente de la Xunta sobre una de sus manifestaciones: había pedido un compromiso de los presentes para un desarrollo urbanístico sostenible. El concejal centrista quiso saber si eso significa limitar el desarrollo e impedir la construcción. El presidente le respondió que no, pero que tiene que ser armónica y racional.

José Antonio Viña: En esos contactos finales, el concejal socialista carballés, José Antonio Viña, compartió charla con el secretario de la consellería, quien reafirmó el compromiso de que esta semana, tal vez hoy, el documento con la modificación urbanística que desbloquee la obra del párking y la plaza, vea la luz. De inmediato será enviado al DOG para su publicación.


Nosotros nos quedamos con el sueño hecho realidad de la Sra. Soneira, y en esta ocasión no vamos a tirar de hemeroteca. Momentos así no deben estropearse.


Enlaces relacionados:

El corredor

Aclarado

Seguir lendo...

miércoles, abril 26, 2006

Blogoteca



Tal e como nos informou un lector anónimo, nos encontros “EnBlogs´06”, celebrados a semana pasada polo Consello da Cultura Galega, presentouse o primeiro sistema de creación de blogs desenvolvido en Galicia: http://www.blogoteca.com/

A motivo de que traiamos aquí esa nova é que o sistema é obra dunha empresa carballesa, Abertal Networks, S.L., que se sitúa así na vangarda en Galicia neste campo.

O servicio é gratuito e moi completo: admite personalizar o formato e as cores do blog, seleccionar posts destacados, ten arquivo, permite buscas dentro do blog, clasificar posts por categorías, etc.. Ademáis, pódese contactar co administrador (neste caso administradora) para resolver problemas técnicos.

Como únicas pegas, cabe salientar que Blogoteca.com se reserva o dereito a insertar publicidade nos blogs, así como que o dominio que proporcionan é de segundo nivel (dirección máis larga e difícil de recordar), do tipo http://www.blogoteca.com/títulodoblog.




Seguir lendo...

El corredor


Como veis, últimamente nos estamos poniendo muy cinéfilos. “The running man” o “Perseguido” era el título de una película de acción, basada en una obra de Stephen King, de los tiempos en que Schwarzenegger aún no se había metido a político. En ella un grupo de reclusos se convertían en las presas a dar caza dentro de un macabro reality show, titulado “El corredor”, cuyo premio era la libre absolución de cargos.

Pero también es el título del proyecto que ayer se presentó en Vimianzo por parte del presidente de la Xunta Emilio Pérez Touriño, y la titular de Política Territorial, María Xosé Caride, como podeis leer en esta noticia de Galicia Diario: Touriño se compromete a que todo el corredor entre Carballo y Cee esté licitado en dos años

En la película, el héroe Arnold acababa por desvelar que “El Corredor” (el programa de TV) no era más que una farsa destinada a engañar al gran público para conseguir audiencia. Esperemos que este corredor no tenga el mismo destino que otras “farsas” anteriores, como el peaje de la AG-55.

Nota: lo que no hemos podido averiguar es qué se entiende exactamente por corredor, y cuales son las diferencias con una vía de alta capacidad, una vía rápida, o una autovía. Esperamos poder aclararlo próximamente.





Seguir lendo...

martes, abril 25, 2006

Benvido Mr. Touriño


Así poderiamos titular o recibimento que se lle está a dar ó presidente da Xunta de Galicia por parte dalgúns medios de comunicación locais, na súa primeira visita á zona logo de case un ano de goberno. E iso que algúns pensabamos que medios comprometidos coa Costa, coma La Voz de Carballo, lle ían a tirar das orellas por incumprir a súa promesa sobre a peaxe da A-55. Pero todo o contrario, recibido en “olor” de multitudes, e aclamado polas novas promesas que nos trae, que a priori teñen o mesmo valor que a promesa que nos fixo de eliminación/reducción de canon na autovía.

Nen sequera un ápice de desconfianza como era habitual nos xornalistas. Todo entusiasmo ante o noso salvador. Pois aquí non imos augar a festa, que xa vale de tanto protestar e tanto cabrearse: benvido, Mr. Touriño.

americanooos, os recibí- mosconá-le grí-aaa…

Nota: se queren seguir vivindo no mundo feliz da Xunta de Galicia, non lean o artigo que ven embaixo.





Seguir lendo...

Aclarado


Soneira, cando era candidata do PSOE (1-4-2005, eran outros tempos):
La diputada socialista considera que la subida de las tarifas es un castigo a los vecinos de la zona, «un insulto e un exercicio de soberbia e chulería políticas que ofende aos habitantes da Costa da Morte e demostra que, na súa agonía política, Manuel Fraga acaba de elevar o cinismo á categoría de acción política».

Touriño, Presidente da Xunta, PSOE (20-4-2006): “desde a Xunta non renunciamos a conseguir a financiación para levantar no futuro a peaxe da AG-55 Coruña-Carballo”.

Caride, Conselleira de Política Territorial, PSOE (onte, 24-4-2006):

"María Xosé Caride dice ahora que la Xunta no se plantea liberar más peajes.
La Xunta de Galicia … no contempla políticas de liberalización de peajes, como los de la autopista A Coruña-Carballo. Así lo manifestó la conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride" (El Correo Gallego)

"Política Territorial descarta la supresión de más peajes por su alto coste.
La liberalización de peajes en Galicia tiene su punto final con la supresión de las tasas en Rande y en A Barcala. La conselleira de Política Territorial aseguró ayer que de esta forma el Gobierno gallego ya cumplió con sus compromisos electorales" (El Ideal Gallego)


Enlaces relacionados:


Mañán sube a peaxe (qué raro)



Seguir lendo...

lunes, abril 24, 2006

¿Una partida de póker?


Las declaraciones de Manuel Andrade la semana pasada ya han tenido respuesta. Según informaba ayer La Voz de Galicia, los líderes socialistas de Carballo aseguran que esta misma semana llegará por fin el dichoso informe necesario para la apertura de la única oferta presentada al concurso del parking-centro comercial.

José Antonio Viña, acompañado de otros responsables del PSOE local, afirmó que el retraso se había debido… a un “atasco administrativo”, que finalmente había quedado desbloqueado. Por lo tanto, en próximas fechas deberíamos de tener conocimiento del contenido concreto de la oferta, y de si va adelante o se declara desierto el concurso.

En Carballo Dixital ya hemos manifestado nuestra oposición al proyecto, y no somos los únicos, como puede comprobarse en la encuesta que realizamos en su día, o en la que más recientemente ha hecho La Voz, medio nada sospechoso de ir en contra de los intereses del gobierno local.

Aprovechamos la ocasión para volver a proponer algo que ya sugerimos en su día: que el contenido de la oferta se cuelgue en la web municipal y sea remitida a los medios locales (a todos), para que su difusión sea máxima.

Sin embargo, algunos, y no solo Andrade, se temen que este anuncio puede no ser más que otro movimiento en una partida de poker, en la que todavía quedan unas cuantas manos por jugar.

Enlaces relacionados:


Andrade returns


Seguir lendo...

domingo, abril 23, 2006

¿Alguén non sentiu o terremoto?



ÁS 7:31 horas de hoxe, poidemos sentir cómo se movían as nosas camas, e o asunto convertiuse no tema de conversación do día en Carballo e noutras localidades.

A causa foi o terremoto ocorrido exactamente ás 7:31:36 horas, localizado a 43.66º Norte, 9.03 Oeste, case enfronte a Malpica, como se pode ver no gráfico. Tivo intensidade 5 na escala de Richter, pero foi sentido con intensidade IV, segundo informa o Instituto Geográfico Nacional.

A escala Richter é unha escala logarítmica creada polo sismólogo Charles Richter na década de 1930. Richter calculou que a magnitude dun terremoto pode ser medida mediante a seguinte fórmula:

M = log10A(mm) + 3log10(8Δt(s)) − 2.92

onde "A" é a amplitude en mm e "t" o tempo en s, na que se asigna unha magnitude arbitraria pero constante a terremotos que liberan a mesma cantidade de enerxía.

A magnitude 5 equivale é enerxía que xenera unha explosión de 199 toneladas de TNT.

Non vos fiedes da "escala": un terremoto de escala 5 non é o doble que un de escala 2,5. O de escala 2,5 desprende a mesma enerxía que unha explosión de 29 kg. de TNT. E un de só un punto máis que o de hoxe (6 grados), equivalería á explosión de 1.270 Toneladas de TNT. O logaritmo incorporado á escala fai que os valores asignados a cada nivel aumenten de forma exponencial, é decir, con un multiplicador, e non de forma lineal. Así, un terremoto de magnitude 7 equivale a 1.000 veces o de hoxe (ou sexa, sería igual á enerxía liberada por unha explosión de 199.000 toneladas de TNT).

Dez minutos despois do primeiro, tivo lugar unha réplica de 3,4 graos na magnitude Richter, que tamén se sentiu, segundo o IGN.

Tedes máis información sobre os terremotos e réplicas desta mañán na páxina do IGN, aquí.

(Por certo, este é o post número 200 publicado en Carballo Dixital, e quixo a casualidade que fora sobre un terremoto. ¿Significará algo?)



Seguir lendo...

viernes, abril 21, 2006

Coa mosca trala orella


Na prensa de hoxe, Andrade culpa á Xunta e pregúntase «se hai consignas» polo retraso do aparcamento:

Manuel Andrade se plantea «si es que no interesa, si hay que atrasar el proyecto, si existen consignas, ¿por qué ocurre esto?».

Un consello: o mellor é que llo pregunte ós seus socios de goberno (non sei..., un fax, un telegrama, un email, outra nota de prensa,...).

O medo é libre.


Enlaces relacionados:


Cinco y contando

Seguir lendo...

Ser ou non ser


Venres de luxo teatral en Carballo. Hoxe chega unha das produccións máis agardadas e de maior éxito en Galicia nos últimos anos.

O Hamlet de Shakespeare, dende o punto de vista dos galegos, e situado na Dinamarca inmediatamente anterior á invasión nazi. Adaptación de Manolo Rivas de Lino Braxe, e Luis Tosar, Manuel Manquiña e Víctor Mosqueira, entre outros, no escenario.

Na páxina do Concello tedes a información que precisades. A cita é no Pazo da Cultura, ás 21 horas. Apurade se queredes ter entrada.




Seguir lendo...

Entrega dos premios do Padroado Fogar de Bergantiños



Hoxe terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Carballo (20:00 horas) a entrega dos galardóns ós elexidos como carballés, bergantiñán e galego do ano 2005.

Presidirán o acto a Conselleira de Cultura, o Presidente da Diputación, o Alcalde de Carballo e o Director da Obra Social de Caixa Galicia, ademáis do Presidente e do Secretario do Padroado organizador. Tamén están invitados o diputado no parlamento galego Alberto Sueiro e a Delegada Provincial de Cultura.

Os galardoados son:

Carballés: Juan Fernández Puga, Fran Gómez Pallas e Centro Social San Xoán Bautista (este último foi proposto por Carballo Dixital).
Bergantiñán: Pandereteiras de Raigañas
Galego: Carmen Avendaño e X. Neira Vilas.

Á entrada ó acto é libre. Ó final servirase un viño.

Este é o currículum dos galardoados que nos enviou o Padroado:…

CURRICULUM GALARDOADOS 2005


JUAN CARLOS FERNANDEZ PUGA (Carballés do Ano 2005)
Do carballés Juan Carlos Fernández Puga podemos empezar dicindo que leva a maior parte dos 36 anos que ten na actualidade, montado nunha moto, e sempre como un auténtico gañador, como o demostran a multitude de títulos acadados en distintas modalidades do motociclismo ao longo da súa carreira deportiva.
Así, en 1989, con tan só 18 anos, foi campión galego de motocross na categoría de 125 c.c., título que repetiría en 1990 en 250 c.c. Nesta mesma categoría logrou tamén os campionatos de 1992 e 1998, sendo subcampión en 1993 e 1999; en 1994 e 1995 quedou clasificado no 3º posto. E o pasado ano 2005 foi o campión galego sénior da motocross.
Juan Puga tamén foi laureado na modalidade de supercross, pois conseguiu o subcampionato galego no ano 2004, e quedou como 3º clasificado en tres tempadas: 1997, 2002 e 2005.
Pero se tódolos títulos anteriores xa demostran a valía e nivel deste piloto carballés, se cadra onde máis ten destacado Juan Fernández Puga é na especialidade de enduro. Foi campión de España en distintas categorías desta especialidade nos anos 2000, 2002 e 2003; campión galego en 1996, 1999, 2001e 2002; subcampión de España por autonomías en 1997 e 1998; subcampión galego en 1995 e 2000; 3º clasificado no campionato galego en 1992, 1994, 2000, 2003 e 2004. En 1996 participou nunha proba do campionato do mundo, quedando nun meritorio duodécimo lugar.
Na modalidade de tramos cronometrados de enduro, esta figura carballesa do motociclismo foi campión galego nas tempadas 1990, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, nesta última tanto ata 125 c.c. como en superior a 125 c.c.
En resume, pois tantos premios fanlle a un perder a conta, Juan Carlos Fernández Puga ten: 20 títulos de campión galego en varias modalidades; 3 títulos de campión de España de enduro; 5 subcampionatos galegos en varias modalidades; 2 subcampionatos de España de enduro; e 8 terceiros postos en varias modalidades de campionatos galegos.
Cun palmarés así, ao que lle hai que engadir as dificultades para conseguir exponsors (unha batalla ás veces máis difícil que a propia competición), non cabe dúbida de que se está concedendo o galardón de Carballés do Ano 2005 a un dos pilotos máis grandes do motociclismo galego, e, por suposto, de Carballo.

FRANCISCO GOMEZ PALLAS (Carballés do ano 2005)
Francisco Gómez Pallas aínda que naceu en Venezuela hai 37 anos froito da emigración, é fillo de carballeses, e reside desde pequeno na sosa Vila, polo que é un carballés máis.
Sempre foi un gran afeccionado aos deportes con certo risco e, sobre todo, aos de motor sobre dúas rodas.
Foi campión galego de motocross en 1985 con tan só 16 anos, e subcampión en varias edicións. Correu durante anos o campionato de España, clasificándose sempre entre os vinte primeiros. Formou parte do equipo galego nesta modalidade do motociclismo no trofeo das autonomías.
Co nome de Carballo ás costas, cruzou fronteiras máis aló dos Pirineos correndo o Enduro de L´touquet, na rexión francesa de Normandía en tres ocasións, a primeira en 1999. Esta proba está considerada como a máis dura do mundo do motocross sobre area, e na que compiten máis de mil pilotos de multitude de países. Fran Gómez acadaría o décimo sétimo posto entre máis de trescentas motos da súa categoría.
A carreira deportiva de Fran non está reducida só á motocross, senón que tamén ten practicado paracaidismo, dirt-track, ou submarinismo.Na actualidade vén competindo no campionato galego de motos acuáticas, acadando un subcampionato na modalidade de Jetsky.
Ademais de todo o xa mencionado, se cadra o que máis relevancia lle dou a esta figura do motociclismo carballés é a participación en catro edicións da proba deportiva máis dura do mundo, que non é outra que o Rally París-Dakar, concluíndo o seu percorrido na edición do ano 2000 e na pasada de 2006. Nesta última correu como piloto oficial do equipo Rabia Sport.
Os París-Dakar, non só constitúen un reto no deporte do motor, senón que tamén serviron para deixar unha pegada do espírito de superación, afabilidade e compañeirismo de Fran Gómez, sen esquecer que ao longo de miles de quilómetros levou sempre consigo o bo nome de Carballo. Hai que salientar tamén que nos seus percorridos polo continente Africano dedicou parte do seu tempo a labores humanitarias, deixando en diversos poboados roupas e outros materiais doados por veciños de Carballo.
Francisco Gómez Pallas e Juan Fernández Puga, que comparten galardón, son un positivo e claro expoñente do deporte do motociclismo en Carballo, que non pode caer no esquecemento.

CENTRO SOCIAL “SAN XOAN BAUTISTA” (Carballés do ano 2005)
O Centro Social San Xoán Bautista foi fundado no ano 1996 como unha Obra Social da Parroquia de Carballo. Pero ten as súas orixes na Asociación Xuvenil Fogar da Xuventude, constituída en 1965, pola que pasaron una boa parte da mocidade da Vila carballesa. Foron os mesmos mozos que, daquela eran directivos do Fogar, os que xa adultos deron forma os Estatutos para converter o Fogar no Centro Social.
Coa creación do Centro Social cumpríase o obxectivo de ser un espacio aberto e interxeneracional, onde nenos, mozos, adultos e xubilados puidesen participar nas súas actividades. Ao mesmo tempo os seus locais son utilizados por todos aqueles colectivos carballeses que o precisan para o desenvolvemento das súas actividades.
Ademáis da intensa e variada laboura socio-cultural que de forma permanente oferta os carballeses, o Centro Social San Xoán Bautista é unha entidade con personalidade xurídica propia, integrado por 25 colectivos de Carballo, a maioría vinculados á Parroquia, é entidade colaboradora da Consellería de Sanidade e de Vicepresidencia, así como da Obra Social de Caixa Galicia.
Desde a súa fundación vén realizando de xeito continuo un intenso e variado programa de actividades:
1.- Como CENTRO DE DIA PARA A TERCEIRA IDADE e XUVENTUDE: Lugar de lecer, tempo libre, entretemento e convivencia. Cafetería “Punto de encontro”.
2.- Como PROMOTOR DE CULTURA E ANIMADOR DE ACTIVIDADES CULTURAIS e MUSICAIS: Aquí naceu o Instituto de Estudios Bergantiñáns.
Ten a EDITORIAL C.S.S.X.B., que sen dúbida é unha das tarefas máis importantes no eido cultural. Entre o catálogo de publicacións cabe salientar:
*Calendario-Axenda: 5000 exemplares cada ano para distribuír gratuitamente a tódolos fogares da Vila .
*”25 anos xuntos construindo Igrexa”. Libro conmemorativo da Parroquia de San Xoán Bautista de Carballo.
*”A Comarca de Bergantiños. Estudio demográfico entre os anos 1.887-1.996. Autor: Gelasio Nogueira Esmorís. Contou coa colaboración da Deputación Provincial de A Coruña.
*”Catecismo y oraciones”. Editáronse 5000 exemplares deste libriño que se entrega gratuitamente como material da catequese parroquial.
*.” Viaxe polo corazón de Bergantiños” Autor: D.- Xosé Pumar Gándara. Está preparado para levar a imprenta.
*A XANELA”. Boletín Informativo do Centro Social.
Outra iniciativa do Centro Social, xuntamente co Fogar da Xuventude é a entrega anual do título de “Avó de Carballo” aos que cumpren os 85 anos.
Tamén merece unha mención especial o CLUBE DE EXCURSIONS, que durante todo o ano axuda a coñecer Galicia con excursións guiadas aos Mosteiros, Santuarios e lugares importantes da nosa terra, con viaxes puntuais ao resto da Península e ao estranxeiro.
Pero nos últimos anos o Centro Social, sen abandonar os aspectos de lecer e cultura, está apostando firmemente pola formación para a inserción laboral, especialmente das persoas en risco de exclusión social e do numeroso colectivo de inmigrantes chegados á nosa bisbarra. Así os máis de 40 cursos realizados o ano pasado, financiados polo I Plan Galego de Inclusión Social, e coa colaboración do Concello e de Cáritas Interparroquial.
Preténdese constituír de xeito estable e permanente un CENTRO FORMATIVO PARA INSERCIÓN LABORAL, con destino a inmigrantes e a cantos están en risco de exclusión social.

CANTAREIRAS RAIGAÑAS (Bergantiñán do ano 2005)
O grupo de pandeireteiras Raigañas formouse 1994, no seo da escola de música e danza da Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda (Malpica de Bergantiños). Está formado por once pandeireteiras: Cristina Álvarez, Rosario Álvarez, Beatriz Caravel, Begoña Gómez, Sofía Vila, Noelia Novo, Mar Suárez, Susana Suárez, Susana Gómez, Laura Gómez e Anxos Verdes.
Dentro da música tradicional, Raigañas ten como obxectivo principal a recolleita e a conservación da música popular, máis en concreto do legado musical bergantiñán. Na súa xeografía de recolleita encóntranse os lugares de Brantuas e Limiñoa no concello de Ponteceso, Barizo, Cambre e Cerqueda do concello de Malpica de Bergantiños, Baldaio, Cances e Sísamo, en Carballo, Neaño de Cabana de Bergantiños e, por último, Erbecedo en Coristanco ou nas terras de Santa Comba.
Acturon en diversos festivais folclóricos e festas tradicionais, entre os que cabe subliñar:
Festa da Carballeira de Zas
Festa do Pan de Carballo
Festa das Letras Galegas do Couto, en Ponteceso
Festa da Braña de Soesto, en Laxe
Festival Folk A Tilla de Leiloio, Malpica
Festival Folk de Cerceda, Malpica
Festival Folk Rairiz da Veiga, en Ourense
Festival Folk de Vila de Cruces, Pontevedra
Festival Folk do Asalto ó Castelo de Vimianzo A Coruña
Mostra da Olería de Buño, Malpica
XIII Festival Folclórico «Águas do Neiva» (Barcelos. Portugal)
I Festival Internacional do Algarve (O Algarve. Portugal)
Participaron en programas da Televisión, como Galicia Enteira ou Luar, en numerosas ocasións.
Teñen acadado os seguintes premios:
1995. 1º Premio no Concurso Xacarandaina da Coruña
1996. 2º Premio no Concurso Xalgarete de Vigo.
1997. 2º Premio no Concurso Xacarandaina da Coruña.
1998. 1º Premio no Concurso Xalgarete de Vigo.
En 2004 publicaron o seu primeiro CD, con cancións recollidas nas comarcas de Bergantiños e Xallas, baixo o título de Baila que podes bailar, verso dunha cantiga tradicional da parroquia de orixe do grupo.
As últimas achegas á cultura galega do grupo de cantareiras Raigañas veñen marcadas pola súa participación na banda sonora da película Heroína, na que se retrata a vida da “nai coraxe”, Carmen Avendaño, fundadora da Asociación Antidroga Érguete. Así como, a intervención no último disco do grupo folc coruñés Luar na Lubre.

CARMEN AVENDAÑO (Galega do ano 2005)
Carmen Avendaño Otero naceu no barrio vigués de Lavadores o 21 de novembro de 1945. Muller emprendedora e activa, participou nas Asociacións de Pais de Alumnos da súa cidade e creou en 1975 a asociación de veciños de Lavadores, onde comezou a traballar na área de servicios sociais.
En 1984 creou e impulsou o movemento de axuda ao toxicómano e loita contra o narcotráfico, fundando a Asociación de axuda ao toxicómano “ERGUETE”, pioneira en Galicia, da que é hoxe en día tesoureira e portavoz.
A partir de 1995, desempeña o cargo de concelleira no Concello de Vigo e de deputada provincial polo PSOE en Pontevedra.
A súa loita contra a droga levouna a escribir artigos na prensa, intervir en programas de radio e televisión tanto nacionais coma estranxeiros (Portugal, Alemaña, Reino Unido), dar conferencias, colaborar en seminarios e en teses universitarias, e a berrar xunto con outras nais feridas ás portas do Pazo de Baión, propiedade do narcotraficante Laureano Oubiña.
Desde 1999 ocupa a presidencia da “Fundación Érguete Integración”, dedicada á inserción sociolaboral das persoas con dificultades de integración, en especial, dos toxicómanos, e na que se imparten cursos, tanto para profesionais dedicados ao ámbito das drogodependencias como a persoas en risco de exclusión social, promovéndose ata agora dous talleres de emprego.
Desde o ano 2.000 preside tamén a “Federación Galega de Asociacións de Axuda ó Drogodependente”.
Carmen Avendaño ten sido distinguida con innumerables recoñecementos e premios. Así, entre outros:
“Laurel” de Diario 16.
Perxonaxe do ano polo Correo Gallego (1990).
Premio de CCOO “Ó Traballo Social Realizado”.
Premio Reconquista “Cidade de Vigo” (Dúas veces).
Premio “XUSTIZA E SOCIEDADE” de Galicia, 1993.
Premio Nacional “Rosa Manzano”, ó traballo realizado como muller.
Premio de Mulleres Progresistas do PSOE de Galicia.
Proposta polos Gobernos Central e Autonómico para o premio “Principe de
Asturias” (Comunicación e Humanidades), 1993.
Premio á Solidariedade (Murcia), 1996
Proposta pola Universidade de Santiago de Compostela para o Premio “Príncipe
de Asturias (2001).
Premio “Muller Destacada” polo Servicio de Igualdade da Consellería de
Familia, Muller e Xuventude (2002).
Premio “Vieira de Plata 2004”. Madrid (2004)
Premio Érguete-Solidariedade 2004 á Solidariedade Persoal.
Premio “Mujer Más Vital” 2006 polos laboratorios Pfizer.
Toda esta vida de dedicación á loita contra a droga levou ao director Gerardo Herrero á realización da película “Heroína”, inspirada na súa vida, que foi estreada o ano pasado.

XOSE NEIRA VILAS (Galego do ano 2005)
Xoxé Neira Vilas naceu en Gres, no concello pontevedrés de Vila de Cruces en 1928.
Emigrou á Arxentina con 20 anos. En Buenos Aires tomou contacto cos exiliados da Guerra Civil, Luís Seoane, Lorenzo Varela, Rafael Dieste, Ramón Suárez Pícallo, e outros.
En 1.953 cofundou as “Mocedades Galeguistas”, das que foi secretario xeral e redactor do periódico “Adiante”. Colaborou na prensa galega da Arxentina, Uruguai e México. Foi secretario da Comisión Organizadora do Primeiro Congreso da Emigración Galega en América.
En 1.957 casou coa escritora cubana de ascendencia galega Anisia Miranda e xuntos fundaron, ese mesmo ano, “Follas Novas”, editorial galega e distribuidora do libro galego en América. En Buenos Aires publica o poemario “Dende lonxe” e a novela “Memorias dun neno labrego”, que se segue reeditando en Galicia, e é o libro máis vendido e traducido a outros idiomas da literatura galega de tódolos tempos.
En 1.961 Neira Vila e a súa muller marchan a Cuba, onde residen e traballan ata 1.992. Funda e dirixe a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística en 1969, fai xornalismo literario, traballa no Ministerio de Industria, e a finais dos anos oitenta traballa como redactor xefe da revista infantil “Zunzún”, cofundada por Anisia.
Desde que regresan a Galicia, residen na parroquia natal de Gres, e presiden a fundación “Xosé Neira Vilas”, que conta cunha biblioteca pública, un museo etnográfico, unha sala de exposicións e concertos, e convoca en anos alternos os concursos “Arume” e “Estornela”, de poesía e teatro para nenos.
Neira Vilas é membro numerario da Real Academia Galega, e Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana. Está en posesión, entre moitos outros galardóns, da Medalla Castelao, o Premio Trasalba, a Medalla Celanova Casa dos Poetas, o Pedrón de Honra, e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces.
Gran parte da súa obra, escrita toda en galego, é resultado das investigacións sobre a presencia da emigración galega no continente americano.
Dentro da súa profusa obra, tanto nos campos da narrativa para adultos e para nenos, a poesía, a investigación,..., ademais dos dous libros xa citados, pódense sinalar:
En narrativa: “Xente no Rodicio”, “Camiño bretemoso”, “Historias de Emigrantes”, “A muller de ferro”, “Querido Tomás”, “O home de pau”.
Para nenos: “Cartas a Lelo”, “O cabaliño de buxo”, “A marela taravela”, “Chegan forasteiros”.
Poesía: “Inquedo latexar”, “Poesía recadada”, “Cantarolas”, “Dende Gres”.
Libros de lembranzas como “Nai”, “Lar”, “Pan”.
“Guerrilleiros”, “Eduardo Blanco Amor dende Buenos Aires”, “Galegos que loitaron pola independencia de Cuba”.
No campo da investigación: “Castelao en Cuba”, “Rosalía de Castro e Cuba”, “A lingua galega en Cuba”, “Memoria da emigración I, II e III”, “Crónicas galegas de América”, “A cultura galega en Buenos Aires”.
Actualmente colabora na prensa galega, dicta conferencias, participa en congresos, e mantén unha columna semanal en El Correo Gallego, titulada “Arredor do mundo”.


Enlaces relacionados:

Fallados os premios do Padroado Fogar de Bergantiños


Seguir lendo...

jueves, abril 20, 2006

A peaxe da AG-55 no Parlamento de Galicia


Tal e como recolle Galicia Diario nun amplo artigo, onte celebrouse no Parlamento de Galicia unha sesión onde a peaxe da autovía Coruña-Carballo foi un dos asuntos principais. E a tenor do que lemos, semella que as posturas dos distintos partidos políticos a nivel galego no tocante ás peaxes quedan perfectamente definidas:

O PP censura que a liberación dos tramos de Rande e A Barcala pagámola entre todos os galegos, e que supón unha hipoteca para 10 lexislaturas:...

El líder de la oposición, Alberto Núñez Feijoo, se mostró crítico con la política de peajes del Gobierno bipartito y recriminó a Touriño que la solución para Rande y A Barcala, en la AP-9, "a pagamos todos". En este sentido, señaló al presidente que "cando vostede cumpra cen anos, Galicia seguirá pagando a peaxe" que hay que abonar a la concesionaria hasta 2048.

El líder de la oposición replicó que por lo menos "nós aos nosos netos non lle deixamos a obriga de seguir pagando a peaxe". Calificó el liberalización de Rande y A Barcala como un "negocio ruinoso" que supondrá "estar pagando todos durante dez lexislaturas" y culmina las supuestas "decisións estratéxicas" de Touriño desde su etapa como secretario de Estado de Infraestructuras. Feijoo cuestionó "onde están os cartos" procedentes de la concesión de la AP-9, 1.586 millones de euros que recibió el Gobierno central con esta venta, mientras que ahora la Xunta paga parte de la liberalización que "tiña que costear o Estado".


O PSOE afirma que non renuncia a liberar a peaxe da A-55, pero que costa demasiados cartos (400 millóns de euros), polo que opta por outras melloras na zona (o mismiño o mismiño que dixo o PSOE na última campaña electoral):

El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, garantizó que el actual Gobierno gallego "non construirá un só kilómetro máis de peaxe" y llenará la comunidad de autovías para vertebrar el territorio

Además, aseguró que desde la Xunta "non renunciamos" a conseguir la financiación para levantar en el futuro el peaje de la AG-55 Coruña-Carballo, que cuando esté terminada supondrá la conexión de A Coruña con la Costa da Morte. Sin embargo, señaló las dificultades de esta liberalización, que tendría un coste de 400 millones de euros, a mayores de la inversión para llevar la vía de alta capacidad de Carballo a Cee.

El tono del debate se elevó cuando el presidente gallego acusó al Gobierno del PP de pasar los últimos años de mandato "pintando o Plan Galicia e enchendo a Costa da Morte de chapapote", ante lo que la oposición reaccionó con fuertes abucheos.

Touriño recordó que existe un compromiso de la Xunta con la dinamización de esta zona para la que se presentará un Plan de Desenvolvemento antes del verano en el Parlamento. Además, de manera inmediata se invertirán 70 millones de euros en la "mellora profunda da súa accesibilidade" con obras en la C-552, la C-400 y el acceso a los puertos de Bens y Malpica, entre otras.

O BNG, como xa sabemos, opta pola típica opción nacionalista de botarlle a culpa ó Estado español:

En la reclamación de financiación al Estado, también coincidió el portavoz parlamentario del BNG, Carlos Aymerich, quien dijo que debe ser el Gobierno central quien "faga o esforzo financeiro para resolver o problema da AG-55" a la Costa da Morte y empezar a pagar "a débeda histórica" con los vecinos de estas localidades para que puedan disfrutar de la misma medida que los de Rande y A Barcala.

Alégranos que se fale de nós en Santiago, pero entristécenos comprobar cómo se nos toma o pelo incumprindo descaradamente o que nos prometeron. Case tanto coma escoitar a algúns xornalistas locais, que presumen de traballar pola Costa da Morte, dándolle cuartelillo ás excusas e ás novas promesas do bipartito xunteiro.


Enlaces relacionados:

Por oito millóns de euros

Seguir lendo...

Tal como somos


Interesante noticia publicada na web do Consello da Cultura Galega, con motivo de “EnBlogs´06: Encontro de blogs de Galicia e Portugal”.

Reseña as investigacións de Silvia Canabal, da Universidade de Santiago, e Fernando Garrido, do Observatorio da Cibersociedade, sobre o perfil dos blogs en galego (un dos seleccionados para o estudio elaborado por Fernando Garrido foi Carballo Dixital).

O estudio de Silvia Canabal danos esta foto do blog-galego-tipo:

• 69% dos blogs en galego creáronse no 2005 (entre os que se atopa Carballo Dixital)

• 80% son blogs monolingües en galego (no caso de CD, somos bilingües)

• Existe pouca especialización temática (só o 10% dos blogs) (neste caso, estamos na minoría)

• A autoría é individual no 85 % dos casos (novamente nos apartamos da maioría)

• Utilizan pseudónimo o 78% dos autores (igual que CD, o que demostra que esa é a tónica xeral, malia que haxa quen o critique)

• En prácticamente tódalas bitácoras se permiten comentarios (como en CD)

Blogger é o software predominante e Blogspot é o servizo maioritario (son os que utilizamos nós)

• Só o 20% renova o seu blog case tódolos días (CD está nese 20%)

O sociólogo Fernando Garrido e Carlos Neira ofreceron pola súa banda os resultados dunha enquisa feita aos blogueiros galegos que apunta... que a idade deste colectivo está entre os 15 e os 29 anos, case en igualdade homes e mulleres, que levan máis de cinco anos na rede nun 60% dos casos, que escriben por motivos como expresarse libremente ou compartir coñecementos, que nun 90% dos casos teñen a maior parte da súa bitácora en galego e que empregan numerosos dispositivos tecnolóxicos.

Para Fernando Garrido, “a explosión dos blogs en Galicia aínda non se produciu e será a un ano vista”. Un fenómeno que da conta, para este investigador, da madurez dunha sociedade.

Podedes acceder á noticia completa neste enlace: http://www.consellodacultura.org/noticias/2006/19_04_06_blogs.htm






Seguir lendo...

miércoles, abril 19, 2006

Andrade returns


Vémonos na obriga de ampliar a información recollida no post anterior, porque esta mañá o propio Manuel Andrade ofreceu novamente unha desas inesquecibles entrevistas en Radio Voz (desas que botabamos un pouco de menos), afondando nas súas críticas ós seus socios e á Xunta de Galicia.

Como cabía esperar, a pregunta máis importante foi se esta nova pataleta poría en perigo o goberno tripartito de Carballo: “non, non, quero tranquilizar á poboación”. Menos mal, xa se estaban a ver ataques de pánico e histeria colectiva polas rúas ante a súa posible marcha.

Por suposto, houbo momento para falar... do retraso do tema do mercado de abastos, no que suliñou que o informe favorable da Xunta aínda non chegou por vía oficial (nós tiñamos entendido que si), pese á promesa nunha visita á vila de hai máis dun par meses. Tamén lembrou o retraso da 3ª fase da travesía, e aproveitou para lanzar a súa nova proposta estelar, unha nova estrada que conecte o porto exterior cos polígonos de Carballo e Laracha, “sen renunciar á supresión da peaxe”.

Entre as declaracións máis salientables de Andrade, destacou que o PSOE “estase a durmir”, que veía un exceso de “tecnócratas” e “universitarios” na Xunta, e que non veían os problemas reais de Carballo e de Galicia. Como exemplo citou que a Consellería de Medio Ambiente acaba de paralizar as obras de recuperación dos taludes en Razo (non o sabiamos). E sobre todo Andrade amosouse visiblemente molesto coa política da Xunta contra a “marbellización” da costa, porque “non ten nada que ver o norte co sur”, e engadiu que, vendo cómo se estaban a parar algunhas modificacións urbanísticas, o futuro de Carballo non se vía nada claro.

En resumen, que amenazo un pouco, pero non de todo. Que non me gusta a Xunta nin os meus socios, pero non estou disposto a renunciar ó meu posto. Eso si, non olviden que con Manuel Andrade de por medio, todo é posible.


Enlaces relacionados:

¿Crisis? ¿Qué crisis?



Seguir lendo...

¿Crisis? ¿Qué crisis?


Andrade se reúne esta noche con su Comité General (es decir, consigo mismo), para “valorar la situación política local y tomar una postura al respecto”. El motivo de esta reunión es que Andrade está descontento por la paralización de las obras prometidas por la Xunta: «Non nos chegan as respostas directamente, ás veces vén por unha vía, ás veces por outra, pero nada claro e todo indirecto».

Este paso de Andrade nos recuerda la anterior crisis de septiembre del año pasado. En aquel momento, Andrade también reunió a los suyos para oficializar una ruptura aparente. Finalmente, todo quedó en nada, hasta el punto de que Andrade incluso aseguró la gobernabilidad para todo el mandato (La Voz, 23-9-05):

“Manuel Andrade dijo ayer que quedan descartadas mociones de censura en lo que queda de mandato.”

Conociendo el valor que tiene la palabra de Andrade (véase, si no, su promesa pública en cuanto a su sueldo), es de suponer que Ferrero esté otra vez temblando por su sillón. Tranqui, Evencio, tranqui.

Tenemos entendido que, legalmente, durante el último año de mandato de una Corporación no se puede presentar una moción de censura. El último año de mandato comienza a finales del mes de mayo (mes en que se celebraron las elecciones municipales), o aproximadamente un mes después, si la fecha a considerar fuera la de toma de posesión de los concejales. En cualquiera de ambas hipótesis, se estaría acabando el plazo para presentar la moción de censura, lo que podría explicar este movimiento de Andrade en este preciso momento.

¿Estará detrás de esta maniobra el Partido Popular? ¿Habrá moción de censura a la vista? ¿Será todo otro montaje de Andrade para apretarle las tuercas a sus socios de gobierno? ¿O estará preparándose la coartada para las próximas municipales? Nosotros (como Supertramp en la portada del disco que ilustra este post) apostamos por que todo seguirá igual.


Enlaces relacionados:

Andrade empeza a soltar amarras

Otra vuelta de tuerca



Seguir lendo...

Lugares


Seguimos falando de fotografía, porque “Lugares” é o nome dunha exposición que nestas datas acolle o Pazo da Cultura de Carballo.

Trátase da obra de Adriana Suárez, unha rapaza carballesa que mostra a súa arte por primeira vez na nosa vila. Se na páxina de Xanela Galiza o obxectivo era o de mostrar imaxes da nosa terra dende a nosa terra, no caso de “Lugares” trátase de mostrar puntos de distintas cidades europeas, vistos polos ollos dunha galega.

As fotografías atópanse na sala de exposicións do Pazo da Cultura, e permanecerán a disposición dos visitantes ata o día 2 de maio. A hora de apertura son as 18:00.

(Por certo, na edición de hoxe de La Voz de Galicia aparece unha carta firmada por “unha carballesa” queixándose de que non é fácil acceder á exposición, de xeito que a pretendida difusión dos artistas locais se convirte “nunha quimera”)





Seguir lendo...

Continúa a polémica polo escándalo das taxas do Campo da Feira



Nun comunicado, o PP considera "escandaloso que o alcalde recoñeza e ampare unha ilegalidade manifesta despois de negalo."

O texto di o seguinte:

O Partido Popular de Carballo considera escandaloso que sexa o propio alcalde o que, en lugar de rectificar, recoñeza e ampare a ilegalidade manifesta que se produce, de xeito sistemático, en relación co cobro das taxas pola ubicación dos postos na feira da Milagrosa.

É insólito e inadmisible que uns governantes recoñezan, despóis de negalo, que estàn cometendo unha ilegalidade e a manteñan.

A postura do alcalde só pode calificarse de covardía política xa que, non só non da a cara, senón que escúdase no concelleiro de Facenda para tentar explica-lo que é inxustificable.

Tanto o alcalde como o concelleiro de Facenda terían que asumi-lo descrédito que supón para eles como xestores o feito de acepta-la incompetencia para organiza-lo cobro dunha taxa, poñendo en dúbida a súa capacidade para xestiona-lo conxunto dos ingresos do concello.

Ademáis, hai que chama-la atención sobre o feito de que se están cobrando tasas municipais por un particular que non se ingresan nas arcas municipais.

A ineficacia e o desastre que supón a xestión do governo municipal queda en evidencia cando, lonxe de asumir responsabilidades, trata de eludilas culpando de obstruccionismo ó Partido Popular. O certo é que nin o alcalde nin o concelleiro de Facenda deron nengún tipo de explicación convincente sobre unha situación que resulta inadmisible.

Antonte, un comentario que firmaba "o nunca visto" alertábanos sobre "as declaracións do Concelleiro Viña Patiño asumindo que é unha ilegalidade pero sin mala intención...¡inaudito!!!"

Sentimos correxirte, "o nunca visto", non é "inaudito" (= nunca oído). Lamentablemente, xa lles temos oído antes ese tipo de "explicacións". O inaudito sería oírlles que a partir de agora van cumplir a lei.


Enlaces relacionados:

Novo capítulo sobre as taxas da feira da Milagrosa


Máis sobre o cobro de taxas no mercado do Campo da Feira


Seguir lendo...

martes, abril 18, 2006

Cinco y contando


El peaje de la autovía A-55 ha sido el tema estelar de las última semanas, pero nosotros seguimos puntuales con nuestro seguimiento al otro asunto estrella de las tertulias locales, el proyecto de parking subterráneo y centro comercial para la plaza del Concello.

Y es que algunos silencios también pueden ser noticia. Hoy día 18, se cumplen 5 meses desde que se debería haber abierto el sobre que contenía la única oferta presentada al concurso, y van ya más de dos meses desde que el informe de la Xunta, cuya falta se esgrimió en su día (como se puede leer en este enlace y en este) como justificante del retraso, fue recibido por el gobierno local. Sin embargo, el mutismo es absoluto y nada se sabe acerca de cuándo se va a hacer pública la oferta, ni de cuándo proseguirán los trámites. Más extraño aún resulta que el impulsor de la idea, Manuel Andrade, parezca haberse olvidado también del tema.

En Carballo Dixital esperamos que el retraso venga motivado por una renuncia a la idea, probablemente derivada de los resultados de las encuestas que se han hecho entre los carballeses. Pero ante la duda, el gobierno debería evitar suspicacias y explicar claramente cuáles son sus intenciones.

Enlaces relacionados:

Y ya van… cuatro

Seguir lendo...

lunes, abril 17, 2006

Por oito millóns de euros


Esa é a cantidade que, segundo a deputada socialista Marisol Soneira, costaría cada ano liberar a peaxe da A-55.

Os datos saen dunha entrevista realizada por Radio Voz e que onte recollía en lugar destacado La Voz de Galicia, edición Carballo. Recomendamos que lean o artigo de principio a fin, porque non ten desperdicio por ningún lado, e que saquen vostedes as súas propias conclusións, sobre todo comparando coas anteriores declaración de Soneira, que xa rescatabamos da hemeroteca en post anteriores.

As nosas reflexións son as seguintes: a Administración dispón de 6 millóns de euros anuais para liberar as peaxes de Rande e A Barcala, pero non de 8 para liberar a A-55. Se para o BNG, os culpables son o PPdeG e o goberno de Madrid, para o PSdeG o culpable é o PPdeG. O PSOE acaba de descubrir que liberar unha peaxe costa cartos, e non é solamente unha cuestión de porque si. Marisol Soneira acaba de descubrir que hai outras prioridades antes que liberar a peaxe, por suposto porque llas deixou o PP. Todas estas cousas permaneceron misteriosamente ocultas durante os anos de oposición do PSOE, e ningúen reparou nelas á hora de facer promesas electorais.

Ó final vai resultar que facer gratuita a autovía non era cuestión dun simple puñado de euros, ¿ou si?



Enlaces anteriores:


Mañán sube a peaxe (qué raro)


A Xunta suprime as peaxes de Rande e A Barcala mentres sube a de Carballo

Case todos

Acordos e desacordos polas peaxes



Seguir lendo...

sábado, abril 15, 2006

Fotos


Unha web moi interesante: xanelagaliza.

O webmaster é Nico Gutiérrez, e naceu coa idea de “retratar o máis amplamente tódolos recunchos da nosa terra; vilas, aldeas, praias e penedos. Cidades e montes, augas, ceos, e por riba de todo galegas e galegos.”

As imaxes son do fotógrafo afincado na Laracha Pablo Guardón. Ten unha morea de fotos de Galicia, clasificadas por provincias, por comarcas, por temática,…

Tamén leva un blog de Pablo (que non actualiza moi a miúdo) ó que se accede cun enlace incluido dentro da mesma web.




Seguir lendo...

viernes, abril 14, 2006

Pongamos que hablo... de Madrid


Atención á noticia aparecida onte na Voz de Galicia, páxina 9, porque hai novidades sobre o tema da peaxe. ¿Que a quitan? Non oh, non sexan inxenuos, pero polo menos parece que xa sabemos quén o culpable, e xa non é a Xunta bipartita PP-PSOE. Destacamos estas frases:

El BNG exige a sus socios de Gobierno la gratuidad de la autovía de Carballo.

El portavoz nacionalista opina que Madrid debe devolver el dinero de la privatización.

El portavoz nacionalista criticó la postura del PP en este asunto: “os que provocaron este problema e provocaron que o Goberno actual o herdase, queren aparecer agora como os salvadores…”.

El BNG no pretende “poñelle deberes” a su socio en el bipartito, sino...

...“alentar ao conxunto do Goberno galego para que esixa ao Goberno do Estado o pagamento da débeda histórica”.

Unha curiosidade: a redacción de La Voz toma a molestia de recordar as palabras do ex conselleiro Cuiña prometendo a gratuidade da peaxe, mentres que se olvida das palabras de Anxo Quintana ou do propio Aymerich en campaña electoral prometendo que coa derrota do PP (é dicir, votándolles a eles), a autovía sería gratuíta.

Pois xa ben, o BNG perdoa agora ós seus socios de goberno, Touriño e Caride, e descubre, 15 anos máis tarde, ó malo da película. Porque, á fin e ó cabo, semella que esto é coma as novelas de Agatha Christie, onde, despois de moitas voltas, o asasino sempre era o mordomo. ¿Que se trata dunha autopista 100% autonómica? ¿Que só ten 30 Km? ¿Que ata agora ninguén falara do goberno central? ¿Que fora unha promesa de BNG e PSOE na campaña autonómica? Tanto ten, se algo vai mal, sempre nos quedará España e os "malvados" madrileños para botarlles as culpas. Eles son os que nos cobran a peaxe e os que “mexan por nós”. E punto.


Seguir lendo...

Novo capítulo sobre as taxas da feira da Milagrosa


O PP de Carballo remítenos outra nota de prensa sobre este polémico asunto. Desta volta ven motivada pola resposta que os servicios técnicos do Concello deron por escrito ás preguntas dos populares.

O PP volve a destacar que o cobro de taxas na feira da Milagrosa “faise de xeito irregular e sen ningún tipo de control municipal”, e que “co coñecemento, e a autorizacion do Alcalde, estánse a cobrar tasas municipais por un particular sen nengunha vinculación legal co Concello, e sen que os cartos recadados se ingresen nas arcas municipais”.

Segundo a información que se lle facilitou ó PP polos servizos municipais...

confírmase que “dende o mes de xunio de 2005 non existe ningunha vinculación entre o Concello e o “cobrador”. Que non se ingresaron no concello as tasas recadadas polo cobrador dende que non é concesionario municipal. E que non se presentaron nin pagaron, ata o dia de onte , ningun tipo de facturas para retribuir ese “presunto” servicio.”

Engaden que a situación é todavía máis grave ó comprobar que “é a mesma persoa a que agora cobra as tasas a quén o goberno municipal rescatoulle a concesión municipal porque non cumplia coas suas obrigas de pago do canón correspondente”. Ademais afirman a esta persoa se lle permite realiza ese cobro, mesmo con “colaboración da forza pública”.

Os populares acusan ó alcalde de volver a mentir ós carballeses ó verse “sorprendido en outra irregularidade”, e tentar ocultar o “desastre de xestión de este goberno e o absoluto descontrol na administración dos impostos de todos”. Por este motivo esíxenlle ó alcalde que dea explicacions sobre “onde van a parar todas as tasas cobradas dende o rescate da concesión, cales son e onde están as facturas que dixo que se lle pagan o “cobrador” e que medidas vai a tomar para controlar esta situación”.

Seguir lendo...

miércoles, abril 12, 2006

Destino para Semana Santa


Excepcionalmente saímonos da actualidade da nosa vila para recomendar un destino especial nesta Semana Santa, moi preto de nós.

Tal e como informa “A Nosa Costa”, do 12 ó 16 de abril celébrase en Camariñas a XVI Mostra do Encaixe de bolillos, unha feira sobradamente consolidada que cada ano vai a máis.

Unha superficie de 6000 metros cadrados, 90 stands, unha pasarela para 400 persoas con 2 desfiles de modelos diarios, famosos deseñadores, ou visitas do estranxeiro, son algúns dos datos que a bo seguro farán da mostra do encaixe un novo éxito. Nos enlaces que se vos indican podedes obter toda a información que precisedes.




Seguir lendo...

Derrogado o programa Labora


Programa Labora: miles de mozos se beneficiaron del, así como moitas adminsitracións locais e empresas que puxeron en marcha programas de servizos sociais, culturais, administrativos, ambientais...

En empresas da comarca, e tamén no administración municipal de Carballo, aínda hoxe hai traballadores en cultura, servizos sociais, oficinas, etc... Este programa serviu de iniciación profesional a moitos xoves que hoxe continúan a traballar -no mesmo ou noutros postos de traballo-.

Debe ser que, por iso, o Sr. Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela (PSOE) derrogou por Decreto este programa posto en marcha polo anterior goberno autonómico. No DOG de 31 de marzo de 2006, publicouse o Decreto.

¿Xustificacións do Sr. Conselleiro para a derrogación?: “A realidade amósanos a ineficacia desta iniciativa para atallar o problema do desemprego xuvenil.”

Non sabemos qué pensarán os/as mozos/as que se beneficiaron do Programa Labora en Carballo. ¿Foi negativo para eles?

O que botamos en falta son as “mellores” alternativas que sen dúbida terá o Conselleiro. Veremos (se as ten) se consiguen mellores resultados.





Seguir lendo...

martes, abril 11, 2006

Presentación en primicia do novo Peugeot 207


Automóviles Dimolk, concesionario Peugeot para Bergantiños, Soneira, Fisterra e Xallas, invítanos á presentación do novo Peugeot 207, en primicia, na Mostra do Encaixe de Camariñas.

A presentación a nivel mundial do novo modelo, fabricado en Francia, República Checa e Madrid, será o 4 de maio. Se queredes ser os primeiros do mundo en coñecelo, xa o sabedes, estará en Camariñas do 12 ó 16 de abril.

Máis información en:

http://www.207.peugeot.es

http://www.km77.com/marcas/peugeot/2006/207/gama/t01.asp




Seguir lendo...

A Xunta do bipartito PSOE-PP




Non se asusten polo titular. Sae da nova que puidemos ler onte en www.galiciadiario.com e que reproducimos a continuación: “El BNG exige a la Xunta que no se construyan nuevos tramos de peaje y pide la gratuidad de A Coruña-Carballo”

“El coordinador ejecutivo del BNG, Francisco Jonquera, exigió al Gobierno gallego…” Case todos aseguraríamos que a Xunta está gobernada por un bipartito no que PSOE e BNG se reparten a presidencia, a vicepresidencia e as consellerías. Pero resulta que non, que o BNG polo visto non forma parte da Xunta. Tanto é así, que lle esixe e lle pide cousas á Xunta. ¿Cómo se vai esixir e pedir cousas a si mesmo? Tendo en conta que o Sr. Jorquera dispara por igual a PSOE que a PP, o que sacamos en limpo é que Galicia está gobernada por un bipartito PSOE-PP, mentres que o BNG é a oposición. ¿Ou todo é pura fachada e lavado de cara?

Cosas veredes, amigo Sancho.



Enlaces relacionados:

Descartados
Sueiro reclama para Bergantiños o mesmo trato que se lle dispensa ó Morrazo

Seguir lendo...

lunes, abril 10, 2006

Replantexamento?

"Os do pp teñen un filón con esta morea de ilegalidades que se están a cometer no noso Concello.

Certificacións falsas, contratacións irregulares de personal, estatutos ilegais, oscura recaudación de tasas, en fin, que fan traxes á medida sin ter en conta que se moven nun terreo público que ten que estar, por seguridade de todos, sometido estrictamente á lei.

É posible que tamén saian de chirona os implicados no asunto de Marbella. Han ter bos abogados. Nun país onde nin van ó cárcere moitos asasinos, non está mal visto que solten ós corruptos e defraudadores. En Carballo teño a impresión de que o goberno está buscando sempre o recuncho da lei que ampara a súas ilegalidades, e claro, ó lado de todo o citado anteriormente é polvo de estrelas...

Os do pp din que son un grupo político e non se adican a levar as cousas ó xulgado. Ben, ó mellor teñen que replantearse o seu xeito de facer oposición. As súas acusacións e denuncias vanse co vento, os do goberno calan esperando que amaine, o secretario do concello asubiando, os técnico comendo o marrón de que son eles os que certifican cousas falsas, os policías municipais recaudando cartos e os carballeses tragando o que nos metan.

Non se trata de que o pp lle teña que meter os dedos nos ollos a ninguén, pero non poden consentir tantas trapalladas.

Tristemente eu non consigo velo doutro xeito ¿vos sí?"


(Comentario anónimo publicado hoxe no post titulado "¿Desapareceu a oposición en Carballo?")







Seguir lendo...

Descartados



La portada de ayer de La Voz de Galicia es de esas que se deben guardar largo tiempo entre los papeles importantes.

El titular es elocuente: La Xunta planea fomentar el uso de las autopistas en Galicia abarantando los peajes. ¿En toda Galicia? ¿Toda? ¡No! (¡Chas! Una gran lupa cae sobre el noroeste de un mapa). En una pequeña zona llamada Costa da Morte, un grupo de irreductibles ciudadanos pagan ahora y siempre el canon invasor.

No, no es Astérix, es ni más ni menos lo que ayer anunciaba la Xunta. Que en toda Galicia se pretendían aplicar reducciones de los peajes… excepto en la autovía Coruña-Carballo, donde “descarta” no ya eliminar, sino simplemente reducir el peaje a corto plazo.

Conclusión: los carballeses y todos los ciudadanos de esta esquina de las Galias gallegas vamos a pagar, no solo el tradicional peaje directo de la AG-55, sino toda la parte que nos toque vía impuestos de las demás autopistas de Galicia que no usamos. ¿Dónde estará Panorámix con la poción mágica cuando se le necesita?


Enlaces relacionados:

Sueiro reclama para Bergantiños o mesmo trato que se lle dispensa ó Morrazo

Acordos e desacordos polas peaxes




Seguir lendo...

domingo, abril 09, 2006

PP y NNXX acusan al gobierno de incumplir su propia campaña de limpieza de solares


Dicen que no se están tramitando los expedientes abiertos y lo acusan de mentir cuando habla de “éxito” de la campaña

En nota de prensa conjunta, el Partido Popular y Novas Xeracións denuncian la gran cantidad de solares “que non reúnen as mínimas condicións de seguridade, limpeza e ornato esixibles”, acusando al propio concello de Carballo, quien, según los populares, “amonton[a] o escombro e toda clase de lixo nun céntrico solar situado en fronte do instituto Alfredo Brañas”, en lugar de utilizar el Punto Limpo ubicado en el polígono de Bértoa.

Al tiempo que reclaman la paternidad de la ordenanza de limpieza de solares y del Punto Limpo, los conservadores expresan... su preocupación por el hecho de que “antes de deixa-lo governo, quedaron moitos expedientes abertos sobre esta materia. A día de hoxe, eses expedientes seguen exactamente igual porque o concello non aplicou as medidas necesarias”.

“Os propios responsables municipais chegaron a falar dun éxito “do 70 %” na aplicación da ordenanza. Sen embargo, o realmente certo é que a realidade dos feitos desminte, de xeito sistemático, as súas declaracións”, sigue diciendo el PP local.

Como prueba del estado en que se encuentra muchos soclares ubicados en el centro de Carballo, acompañan un amplio anexo fotográfico que “evidencia que as manifestacións [do governo] son puramente propagandísticas.”

Citan como ejemplo, además del solar que según el PP el Concello utiliza como “escombreira municipal”, otros solares en Doctor Fleming, en el parque de San Martiño, frente al Pazo da Cultura y en la calle Perú.




Seguir lendo...

viernes, abril 07, 2006

Sueiro reclama para Bergantiños o mesmo trato que se lle dispensa ó Morrazo


O deputado autonómico do PP lembra as promesas do BNG e do PSOE en relación ca supresión da peaxe na AG-55

O deputado autonómico do PP Alberto Sueiro, nunhas declaracions feitas esta mañá, considera que, posto que o actual Governo da Xunta modificou o modelo de financiación das autopistas ó libera-la peaxe, deben ser tódolos usuarios, sen excepción, os beneficiarios desa iniciativa, en referencia á posibilidade de suprimi-la peaxe da AG-55.

Para Bergantiños e, en concreto, para Arteixo, Laracha e Carballo –engadíu o deputado popular- danse as mesmas circunstancias que para o Morrazo, é dicir, nós tampouco temos vía alternativa e para nós a AG-55 supón a vía principal de acceso a toda a área metropolitana da Coruña. Polo tanto, é necesario e xusto que se aplique para nós o mesmo criterio que no caso da península do Morrazo.

Alberto Sueiro lembrou que hai unha promesa electoral, feita polo BNG e polo PSOE, de elimina-la peaxe da AG-55. E, nese senso, puntualizou que ambas formacións políticas non deben modifica-las súas esixencias reivindicativas en función de se se atopan no poder ou na oposición.

Finalmente, o parlamentario autonómico do PP lamentou que o alcalde de Carballo non teña contado con tóda-las forzas políticas do municipio para fortalecer calquer reinvindicación que se formule ante o Governo da Xunta.


Enlaces relacionados:

Acordos e desacordos polas peaxes

A Xunta suprime as peaxes de Rande e A Barcala mentres sube a de Carballo


Seguir lendo...

Acordos e desacordos polas peaxes


É que non sempre chove a gusto de todos. Semella que eliminar a peaxe dun tramo de autopista pode provocar malestares e recelos, incluso entre membros dos mesmos partidos que gobernan e que prometeran esa medida. Vexan se non as declaracións que Radio Líder e www.galiciadiario.com recollían onte de boca do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, do BNG: Lores dice que no “tiene nada que celebrar” por el acuerdo del peaje y advierte del coste económico que la gratuidad tendrá para Pontevedra. Touriño le pide "altura de miras" y "visión de país".

E xusto o mesmo día, lemos a nova de que o alcalde de Carballo espertou do seu letargo e ven de remitirlle á conselleira de Política Territorial unha carta na que solicita a retirada da peaxe. Nunca es tarde si la dicha es buena. Mais algúns pensamos que, se cadra, a mellor forma de acadar o obxectivo, no canto de anunciarlles ós medios que se mandou unha carta (que só diso se trata), será que don Evencio e don José Antonio se reúnan en privado con quen se teñen que reunir (don Emilio e don Anxo) e lles digan claramente o que lles teñen que dicir. Ou ben, directamente, que os dous partidos cumpran co que prometeron (tampouco é tanto pedir, ¿non?). Porque se para solucionar o problema da peaxe Quintana amosa o mesmo interese que demostrou para solucionarlle ó seu amigo Evencio a última crise do goberno carballés, seguro que temos vía libre en menos dunha semana.

Claro que, oíndo ó alcalde de Pontevedra, é difícil saber a qué carta quedarse.


Enlaces relacionados:

A Xunta suprime as peaxes de Rande e A Barcala mentres sube a de Carballo



Seguir lendo...

jueves, abril 06, 2006

Eliminará La Voz edicións locais?


Lendo o confidencial de Galicia Diario, enterámonos dun rumor que di que La Voz de Galicia eliminará case a metade das súas edicións locais, que poderían quedar en 7, desde as 12 actuais (sen contar Vigo e Madrid). O motivo sería que, segundo o presidente e editor da La Voz, Santiago Rey, “las ediciones no están funcionando”.

O certo é que non lle damos moita credibilidade ó rumor. Non cremos que La Voz se desfaga dunha das fontes principais do seu negocio: publicidade local (empresarial e institucional), gran número de lectores, etc.. O que si cremos posible é que se reduzan plantillas, posto que algunhas edicións teñen ata 10 redactores, e as contas non saen.

Esperemos que esto non afecte á edición de Carballo, porque cantos máis medios de comunicación haxa, mellor.




Seguir lendo...

Continúa a campaña pola televisión dixital terrestre na Costa da Morte


Os nosos amigos de TDTnaCostadaMorte envíannos a seguinte nova:

Despois de 127 días de TDT en toda España, esta aínda non da sinais de vida na Costa da Morte e varias áreas de Galicia.

A web adicada a recolida de firmas para a implantación da TDT na comarca, www.TDTnaCostadaMorte.co.nr, sobrepasou xa as 1.000 sinaturas e continúa coa campaña.

Mario Rodríguez, cabecilla desta iniciativa ten xa marcada na axenda fecha para ser recibido pola Xunta de Galicia na que lle entregará as sinaturas recollidas ata o día de hoxe e plantearalle os motivos pola que a TDT é necesaria na nosa costa.

Na sua visita a Santiago... acompañarao o alcalde de Dumbría e presidente da asociación Neria, Xosé Manuel Pequeño, que se comprometeu a aportar axuda economica por parte do Concello de Dumbría para facilitar a implantación da TDT na zona.

Entre tanto, www.TDTnaCostadaMorte.co.nr continuará recollendo sinaturas.

Na web, podese visualizar, ademáis, unha reportaxe de 5 minutos de duración sobre a TDT na nosa zona que a Televisión de Galicia emitiu o dia 1 de Abril do 2006.

Seguir lendo...

Máis información sobre os estatutos do Padroado Deportivo


Como sabedes, hai uns días fixémonos eco dunha noticia publicada en La Voz de Galicia, segundo a cal foron aprobados uns Estatutos do Padroado Deportivo Municipal que vulneran a Lei.

Segundo decía La Voz de Galicia, "la legislación vigente establece que la persona que ocupe un cargo como el de director técnico gerente -que es el que figura al frente del Padroado- debe tener titulación superior, lo cual, como se puso de manifiesto en la sesión, no sucede en este caso."

Como tampouco se daban moitas explicacións, e algúns pedíades nos vosos comentarios que ampliaramos a información, pedímoslle ó PP que nos aclarase un pouco o asunto.

Onte, o PP remitiunos un comunicado (que hoxe publica tamén La Voz de Galicia), co compromiso de que non o publicaramos ata que saíra na Voz, o que respetamos. Di o PP:

En canto á situación do xerente do Patronato Deportivo Municipal, queremos aclarar o seguinte:...


A Lei 57/2003, de 16 de decembro, modificou o artigo 85 da Lei 7/85, de Bases de Réxime Local (LBRL), establecendo como requisito que o titular de organismos autónomos locais (como é o Patronato Deportivo Municipal) deberá ser titulado superior. A indicada Lei entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2004, dando un plazo de 6 meses ós Concellos para adaptar os estatutos ó novo réxime xurídico establecido no artigo 85 da LBRL.

O actual xerente do Patronato Deportivo Municipal foi nomeado en 1984, e non é titulado superior, porque naquel momento non se esixía esa titulación.

A situación legal do actual xerente do Patronato foi válida, por tanto, ata o 1 de xullo de 2004, momento en que deixou de estar amparada pola legalidade ó esixirse a titulación superior para desempeñar tal cargo. Xa que logo, o PP non ten responsabilidade algunha na situación actual do xerente. Era legal cando gobernaba o PP, porque a lei o permitía. Non é axustada á lei desde o 1 de xullo de 2004, cando a responsabilidade de goberno lle competía a outros.

A Lei 57/2003 non contén ningún tipo de Disposición Transitoria que contemple as situacións anteriores á súa entrada en vigor. Xa que logo, esa Lei é aplicable a tódalas situacións, tanto anteriores como posteriores.

O goberno municipal pretendiu adaptar os Estatutos do Patronato Deportivo á Lei establecendo unha Disposición Transitoria que entendemos ilegal, xa que, a noso xuizo con un descaro pasmoso, di: "Os requisitos esixidos no artigo 85 bis.1.b da Lei 7/1985, non serán esixibles a quen viñese desempeñando funcións directivas con anterioridade á entrada en vigor da Lei 57/2003". É decir: os Estatutos do Patronato veñen a decir que non se aplicará en Carballo o artigo 85 bis.1.b da LBRL. O que resulta patentemente ilegal, xa que os Estatutos non poden conter disposicións contrarias a normas legais imperativas como son a Lei 57/2003 e a Lei 7/85.

O PP non pretende que se despida a ninguén. É máis, foi o alcalde o que fixo referencias a persoas no último pleno da corporación municipal, non o PP. Caben solucións amparadas na Lei para que o ente profesional, que merece todos os nosos respetos, e máis aquelas que durante doce anos se lle deu a confianza. Pero, como xa se dixo, é a Lei a que reserva certos postos a persoas con titulación superior.

Pódese argumentar que o Secretario Municipal avalou a "solución" do goberno municipal. Non é certo. Non existe informe do Secretario Municipal ó respecto. O informe do Secretario non era preceptivo neste asunto, e o alcalde, quen legalmente está capacitado para pedirllo, non quixo pedirllo. Por algo será.

Consideramos que non hai outra solución que cumplir a Lei. Non se pode arreglar unha ilegalidade con outra ilegalidade maior. Eso, ó noso xuizo, é o que fixo o goberno municipal.

Aínda que non descartamos acudir a outras vías, o PP é un grupo político que actúa na vía política, non na vía xudicial. Se actuaramos na vía xudicial ante todas as ilegalidades que ven cometendo este goberno, non sairíamos dos xulgados.



Enlaces relacionados:

Por el arco de triunfo


Seguir lendo...

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner