Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, octubre 02, 2009

FIOT 2009


Un ano máis Carballo convérsese na capital galega do teatro. E ademais faino acadando a maioría de idade porque o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) chega á súa edición número 18. E faino con cartel de luxo. Non imos entrar en detalles porque na web do Concello tedes a información detallada da programación, pero sí facer un repaso polos puntos máis destacados.

Trala brillante presentación do festival por parte de Xosé Touriñán (a quen moitos coñecen como Nucha, das Cantareiras de Ardebullo), chegarán grupos xa coñecidos doutros anos coma os portugueses da Companhía do Chapitó ou os madrileños de Sexpeare, un vello anhelo da organización coma La Cuarta Pared, ou rostros tan coñecidos coma os de José Artero (Verano Azul e El Comisario) ou a dama da escea española Lola Herrera.

En paralelo ás representacións do Pazo da Cultura, os bares carballeses seguirán a albergar a Rúa dos Contos, cunha longa lista de monologuistas tan coñecidos coma David Amor, Mofa e Befa, ou Celso Fernández, mentres que ó aire libre teremos o Teatro da Rúa cos Sete Magníficos e Quico Cadaval.

Os prezos oscilan entre os 25 e 32 euros segundo as representacións escollidas, con bonos de 47 euros (43 para estudiantes e pensionistas) para todo o festival. Vémonos no teatro.



Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner