Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, noviembre 05, 2009

Biblioteca sorpresa


Hoxe na prensa local (ó paso que vamos se cadra máis axeitado sería falar do departamento de prensa do BNG) descubrimos con sorpresa que o goberno central ven de adxudicar 1,5 millóns de euros nos ornamentos do 2010 para facer unha obra en Carballo. ¿De qué obra se tratará? ¿Será a ampliación do mercado? ¿O tan desexado aparcamento subterráneo? ¿Aquel parque do Bosque do que xa ninguén se acorda? Non, se cadra será o hospital comarcal. ¿Ou o proxecto Temunde? ¿Ou rematarase por fin o sempiterno carril-bici? Se cadra tamén pode ser que tras 6 anos de promesas poidamos ter unha nova gardería pública. ¿Ou aportaranse cartos á circunvalación? Non, xa está, han ser cartos para o porto deportivo. Bueno, ou para o campo de golf, ou… A lista de proxectos inclusos e incomezados de Carballo é tan longa que podería ser para calquera de todas estas cousas das que tanto se ten falado e pouco ou nada se ten feito. Mais resulta que non. Imos botar unha ollada á nosa hemeroteca. Fai algo máis de ano e medio escribiamos así en CD:

“Nunha entrevista concedida a RadioVoz Bergantiños co gallo do día do libro, o escritor e historiador carballés Xan Fraga lanzaba una reivindicación en positivo, a de construir unha grande biblioteca en Carballo. […].

Sen embargo e tristemente, esta idea non ten sido recollida pola prensa local nin polos grupos políticos nin do goberno nin da oposición, e córrese o risco de que caia no esquecemento.[…]”

En efecto, trátase dunha aportación económica para facer unha nova biblioteca comarcal en Carballo, que amplíe e mellore o servizo do local actual, superado nas súas dimensións. O BNG de Bergantiños insiste en que se trata dun éxito dos seus deputados na carreira de San Jerónimo, mentres La Voz de los Ricos y Poderosos destaca que se trata de cumprir unha promesa electoral de case todos os grupos. E dende logo nós non imos botarlle auga ó viño do entusiasmo, cando precisamente fomos os únicos que no seu día destacamos e apoiamos a iniciativa de Xan Fraga. Era hora de ter noticias coma esta no medio da mediocridade xeral.

Pero precisamente por iso hai algo que non cadra en toda esta historia e que nos inquieta: que nunha vila onde os proxectos se anuncian a bombo e platillo (e con redobres de tambor) e danse por feitos ós 5 minutos de ocorrérselle a alguén, dun día para outro aparezan 1,5 millóns de euros saídos da nada para un proxecto do que, por moito que nos conten, ninguén dixera nin media palabra e, sexamos sinceros, non existía unha gran demanda na cidadanía, ou cando menos non maior que para outros problemas. E sobre todo nos inquieta cando nos enteramos de que o Concello nin sequera sabe onde construir o edificio, e por suposto non haberá proxecto nin se estará en trámites de contratalo. Máis ben da a sensación de que se trataba de primeiro conseguir cartos, e despois atopar un fin ó que destinalos. É dicir, unha vez máis improvisación antes que planificación. Oxalá sexamos mal pensados de máis, e que despois de tantos engaños, o noso goberno teña aprendido a traballar con discreción e previsión en proxectos reais e sólidos.



Etiquetas:

9 Comments:

Anonymous O manco de Nétoma said...

¿Sorpréndevos o da Voz de Galicia? Pois douvos unha pista. A primeira e a última páxina do xornal, non do cuadernillo de Bergantiños senón o xornal completo, leva semanas con anuncios do Concello de Carballo a todo color para toda clase de asuntos, algúns tan urxentes e tan útiles coma o banco de tempo. Investigade canto valen eses anuncios e saberedes cántos cartos lle está dando Evencio directamente á Voz. E sen contar os que van na sección de Bergantiños. Non me extraña que logo falen a toda páxina da "gran transformación de Carballo". E o PP, que espabile dunha vez e pregunte canto leva gastado o bipartito en publicidade e máis en qué medios, que están máis parados que unha estatua. Tómannos o pelo.

6/11/09 09:32

 
Anonymous Anónimo said...

como se nota que solo andades a encender mecha cando cousas se fan regular ou mal(que nalgunha e posible).¿por que nin palabra da espectacular praza Eduardo Pondal?Seguro que si saira mal xa tiñades comentado pa poñela a parir.Deberiades ainda que fose de tarde en tarde recoñecer algo.

9/11/09 20:24

 
Anonymous Anónimo said...

La cosa es decir algo, sobre lo que sea. Pero bueno, no son raras las críticas desde la derecha al fomento de la educación, les va más el fomento de la ignorancia. Seguid así cracks ;)

11/11/09 09:36

 
Anonymous Anónimo said...

Buf, una plaza de 2100 m2, espectacular. ¿Entonces el parque do Anllóns qué es? ¿La calificasteis entonces de "espectacular"?

11/11/09 10:15

 
Anonymous Anónimo said...

Estou sorprendido de comprobar que ainda quedamos parvos que entramos neste "blog".
O bo é saber que cada vez somos menos.
Aínda que pereza tolo, case que prefiro A Voz de Galicia.
Por certo, o Parque do Anllóns non me parece que poida server de tarxeta de visita para ningún governo, nin o Pazo da Cultura, nin a gardería municipal ...

11/11/09 16:29

 
Anonymous Anónimo said...

A mi es que me encantan sus críticas, es más todas las mañanas con mi café me leo El Mundo, para echarme unas risas con sus columnistas (dios es que con Losantos te partes, como dijeron una vez, uno de los mejores cómicos de España)y empezar el día de una manera divertida. Y bueno tampoco viene mal echarse unas risas de sus opiniones a nivel local.

12/11/09 08:32

 
Anonymous Anónimo said...

Joder los naciatas ya hablan ESPAÑOL!!

... Ah ! No debe ser que los Sociatas salen en defensa del Alcalde.

12/11/09 08:46

 
Anonymous Anónimo said...

Naciatas... Sociatas ...
Con estes argumentos síntome indefenso. ¡Que vocabulario!¡Que capacidade de expresión!
Que magoa.

12/11/09 21:39

 
Anonymous Anónimo said...

No hay nada como tocarles los "sentimientos" para que vuelvan al redil, si es que son como niños, jajajaja

13/11/09 08:16

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner