Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, noviembre 20, 2009

Detrás das vallas: a nosa economía non tira


Outro ano máis chega ás nosas mans o Atlas Económico de Caixanova, o correspondente ó ano 2009 que pronto ha rematar. Un documento que recolle os principais indicadores económicos de todos os concellos de Galicia e que nos permite coñecer a posición e a evolución de Carballo dende diversos puntos de vista.

E un ano máis hai unha circunstancia que multiplica a nosa curiosidade: o feito de que, contrariamente ó habitual, nin o goberno local nin a súa prensa oficial teña adicado tempo algún a destacar o “grande crecemento” nin a “transformación” de Carballo. Imos partir da nosa análise do ano 2008, e comparar apartado por apartado:

Renta dispoñible: ocupamos un discreto posto número 49 en renta por habitante de entre os 94 concellos da provincia, moi por debaixo da nosa posición en canto a poboación.

Poboación: contamos con 30.653 habitantes, superados só polas 3 cidades da provincia, Narón e Oleiros. Séguennos de cerca Arteixo e Culleredo.

PIB: con 18.672 euros habitante, temos a 16 concellos por diante na provincia.

Emprego: un ano máis somos o segundo concello coa taxa de paro máis alta de toda a provincia, cun alarmante 11,6 %, só superado polo 12,6 de Camariñas. O ano pasado era do 9,1 %. É dicir, un aumento nada menos que de 2,5 puntos nun ano.

Índice de poboación: 110, vindo dunha evolución 107-107-108-109.

Índice de actividade comercial: 108, vindo dunha evolución 103-99-100-105.

Índice de actividade industrial: 62, vindo dunha evolución 84-81-85-66.

Índice de actividade turística: 74, vindo dunha evolución 87-77-71-69.

Índice de restauración e bares: 112, aquí non temos datos da evolución, pero está claro que somos unha potencia.

Índice de actividade económica: 77, repetimos o indicador global do ano pasado, logo de caer en anos anteriores 93-92-92-77.

En resumo, máis do mesmo con signos alarmantes de estancamento ou retroceso, se o miramos con perspectiva. Crecemos en poboación pero, ó contrario do que sucede en concellos do noso tamaño, iso non se reflicte para nada na actividade económica. O comercio recupérase timidamente, o turismo parece que esperta pero segue moi baixo, e a industria continúa en caída libre dentro dun conxunto que se estanca e non levanta cabeza logo de anos de caída. E por suposto, por riba de todo está o drama do paro. Pero non esperen que os gobernantes nos falen disto. Tamén está detrás das vallas.



Etiquetas:

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Hay un "detrás de las vallas" aún más misterioso:

¿Alguien recuerda que, hace ya un mes, la aprobación del proyecto del Mercado de Carballo se quedó "encima de la mesa" y el gobierno de Carballo no lo aprobó?
Esto sí ha sucedido.

¿Alguien recuerda que, días después, el Pleno acordó firmar el convenio con el Estado para exigir el dinero para hacer la obra?
Esto también ha sucedido.

¿Alguien recuerda que se haya aprobado el proyecto del Mercado después?
No puede recordarlo nadie, porque aún no ha sucedido.

¿Alguien recuerda que el alcalde señaló que el traslado de los placeros se haría después de Reyes?
Esto sí lo dijo.

¿Alguien recuerda a quién le han adjudicado la obra del Mercado?
No, porque no se la han dado a nadie. Ni siquiera han abierto el plazo para que las empresas presenten sus ofertas para hacerla.

¿Alguien sabe cuánto tiempo hace falta para elegir a qué empresa se le da una obra pública?
Pues resulta que unos dos meses, como mínimo.

¿Alguien sabe qué día es hoy?
Esta es muy fácil: 23 de noviembre.

¿Alguien sabe sumar? Espero que sí.

Resumen:
1º Aún no hay proyecto aprobado.
2º Cuando aprueben el proyecto, se tardará otros casi 3 meses en elegir la empresa.
3º Cuando se elija la empresa para obrar, se empezará la obra.

Resultado:
23 de noviembre + 3 meses = 23 de febrero.

Y eso si aprueban el proyecto mañana mismo. Así que echen cuentas. Parece que las prisas y la urgencia no van con quien nos gobierna.

Pasará Semana Santa y los placeros pedirán seguir aún para poder aprovechar las fechas.

Y es que la plaza está también detrás de las vallas, pero no de las de obra.

23/11/09 21:20

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner