Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, noviembre 26, 2009

Derrubes e ceos despexados na autovía



Paradoxicamente, unha chuvia de millóns ven de despexar as nubes que cubrían o futuro da autovía Carballo-Berdoias, e xa podemos ver case tan claramente coma Jimmy Cliff. Concretamente 1.089 millóns de euros, unha cifra récord que a Xunta ven de comprometer para os próximos 20 anos, dos que 216 se adicarán a construcción do vial, e o resto ó seu mantemento ó longo do tempo.

Unha magnífica noticia que ademais se completa coa confirmación por parte do presidente Feijoo de que a autovía contará con 4 carrís dende o primeiro momento, que se licitará antes de rematar o ano, e que poderá entrar en servicio nesta mesma lexislatura. Un anuncio que felizamente despexa as dúbidas sementadas por Marisol Soneira e outros políticos da oposición, quenes afirmaban que o novo goberno da Xunta non estaba interesado en construir a autovía, ou que non contaría con dúas calzadas dende o principio.

Sen embargo, como xa se sabe que somos a mosca “cojonera” da actualidade, temos que destacar que Feijoo non se referiu na súa intervención de hoxe ó sistema de financiación da obra, esto é, se vai ser de peaxe “en sombra” coma tiña previsto o bipartito, se esa morea de cartos se vai empregar para que sexa completamente gratuíta, ou si, como queren ver o PSOE da comarca, vai ter peaxe directo. Claro que o PP ten repetido en varias ocasións que non haberá cabinas de pago, e hai que recoñecer que ata o de agora tanto o presidente da Xunta coma o seu conselleiro de infraestructuras están a cumprir puntualmente todos os seus compromisos coa Costa da Morte. Comportamento novidoso que os fai merecedores dun certo grao de confianza. Aínda así, seguiremos vixiantes.

Sen embargo, o que non está despexado é un dos sentidos de circulación da actual autovía AG-55, que viu coma este noite se desprendía unha importante cantidade de rochas no treito inmediato posterior á peaxe de Arteixo. Un tremendo susto para un conductor accidentado que afortunadamente saliu ileso, e a fortuna de que o desprendemento se producía en torno ás 22:30, unha hora con pouco tránsito. Os veciños bótanlle ás culpas ás explosións na canteira veciña, pero por agora non están confirmadas as causas do derrubo, e o que si temos son importante colas en hora punta porque o tráfico circula cun solo carril en cada sentido pola calzada que quedou libre. Iso sí, parece ser que Autoestradas do Atlántico está a cobrar a peaxe normalmente a todos os afectados, un comportamento que está a provocar a lóxica indignación dos conductores. (Foto: Anosacosta.es)




Etiquetas: ,

6 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Que salga ahora la lenguaraz Soneira a decir que es todo falso.

Y si no que siga discutiendo si Carballo es Costa Da Morte, que para esos temas 'fundamentales' es bien competente.

27/11/09 15:45

 
Anonymous Calaf said...

Justamente estaba yo hoy pendiente de las reacciones a la noticia, sobre todo la de la Soneira, que siempre que está dispuesta a opinar de todo vehementemente. Sin embargo me he encontrado con que esta vez la Voz no le ha preguntando por el asunto, o al menos yo no lo he visto. Vaya por Dios.

27/11/09 18:15

 
Anonymous Anónimo said...

A Soneira hai que disculpala. Pobriña, é ela así

28/11/09 13:11

 
Anonymous Anónimo said...

Que ledos estamos, eh?
Xa non lembramos que a AG-55 iba ser sen peaxe.
Pero claro, si o PP asegura, nos debemos crelos. Coma se nunca enganasen a ninguén.
Este é o periodismo imparcial.

29/11/09 13:04

 
Anonymous Anónimo said...

Pero para recordar eso, ya tendremos a Soneira, y su bolita de cristal, teniendo visiones de las cabinas de peaje, hasta en eso piensa el PP, y le deja algo en que entretenerse a nuestra gran animadora.

30/11/09 08:53

 
Anonymous Anónimo said...

Aquí é todo culpa do PP.

Se algo se fai mal, é culpa do PP, aínda que o faga un goberno que non é o PP.

Se algo non se fai, é culpa do PP, aínda que non sexa o PP quen goberne.

Se algo se fai mal por un goberno que non é do PP, a culpa é do PP por queixarse ¿ou non escoitastes a Montilla decindo que a culpa da posible (aínda non existe) inconstitucionalidade é do PP, por tela denunciado?

En resumen, ós do PP hai que matalos para que desaparezan (esto díxoo un político catalán hai só 3 días).

Así que Marisol é só a lorita que repita as consignas. Nada novo baixo o sol.

30/11/09 18:19

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner