1º campionato de Radiocontrol
Ven de celebrarse no circuito de Bértoa o primeira “Carreira de Campións de Radiocontrol”. Nada menos que 39 pilotos e centos de afeccionados asistentes confirmaron o éxito dunha iniciativa que xa hai meses destacabamos en CD e que ven a cumprir os soños de todos os que dende rapaces gustamos deste hobby.
Todo na xornada foi perfecto. Acompañou o tempo e a organización do Club Radio Control Carballo non deixou nada ó azar, nunha competición na que maiores e nenos mostraron a súa pericia e a súa paixón. Tal e como reflexa hoxe A Nosa Costa, o podio quedou ocupado por:
1- David Fernández Costas
2- José Antonio Casás García
3- Roberto Valcárcel Vuelta
4- José Porto Andión.
Noraboa ós organizadores e que sigan así.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home