Máis vale estar alerta
Un par de notas negativas que lemos nas novas de carácter galego, e que aínda que non se refiren a Carballo poden chegar a ter implicacións directas para nós.
Por unha banda liamos onte que a Xunta de Galicia ven de abrir ó tráfico a autovía Santiago-Brión, a primeira construida por este goberno. Magnífica noticia se non fora porque resulta que a meirande parte do seu recorrido está limitado a 100 Km/h. Aquí, que estamos a agardar que se cumpran os prazos anunciados por Touriño para a vía Carballo-Berdoias, e que xa temos cachiños da A-55 con limitacións da misma velocidade, debemos estar alerta para que no nos dean gato por lebre. Que non é o mesmo ir dende Cee á Coruña a 100 que a 120. Nin moito menos.
E pola outra lemos no confidencial de www.galiciadiario.com que o grupo Voz está a pasar por momentos complicados. O certo é que a prensa escrita hai tempo que está en crise e que a aventura da TDT está a resultar ruinosa a todos os que a teñen iniciado, de aí que se especule coa posibilidade de reducir o seu número de edicións. Aínda que teñamos manifestado repetidamente o noso desacordo coa forma de traballar deste xornal, dende CD defendemos decididamente a pluralidade e a liberdade de expresión, e desexamos que en Carballo a Voz conte sempre cun amplio seguemento da actualidade local.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home