Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, febrero 04, 2008

Crises, causas e máis excusas



Este titular en forma de trabalinguas sérvenos para introducir hoxe un dos temas máis importantes e preocupantes de cantos se aveciñan na actualidade de Carballo; porque nun mundo tan interconectado coma no que vivimos hai problemas de ámbito global que teñen no ámbito local a súa manifestación máis concreta e dolorosa. Estamos a falar da crise económica que está xa a afectar a todo o mundo occidental, e moi especialmente ó sector inmobiliario en España.

Sen pretender facer un estudio económico deste fenómeno, do que tampouco somos expertos (para qué mentirvos), hai unha cuestión que está moi clara para todos nós: Carballo é unha pequena cidade de pequenas e medianas empresas, onde o primeiro sector con diferencia é o da construcción e tódolos seus complementos, dende o ferro e o cemento, ata a carpintería e a fontanería, pasando polo transporte por estrada e a xestión administrativa. Son moitos os miles de carballeses que viven directa ou indirectamente dunha actividade que xa non se atopa en perigo, senón que está metida en pleno temporal. Hoxe, o ministro Caldera anunciaba un aumento do paro de máis de 130.000 persoas, que proceden especialmente do sector inmobiliario e relacionados.

E atendendo a todo esto non podemos evitar facer unha reflexión en voz alta cara a todos aqueles que nos consideran uns "tocapelotas". Nos últimos anos...

...e especialmente no último lustro, tense vivido en toda España un boom da construcción alimentado pola baixada dos tipos de interese. Carballo, como non, tampouco foi alleo a un fenómeno que no ano 2006 se viu acentuado pola entrada en vigor da nova Lei da edificación no ano seguinte. Sen embargo, a propaganda mediática do goberno carballés en alianza cos seus medios afíns, proclamou sen ningunha modestia que os records de licencias concedidas neses anos non correspondían a outro factor que á boa xestión do goberno tripartito, quen eran capaz de lograr que Carballo "medrara coma nunca". Agora que veñen as vacas fracas, os tipos de interese están a subir en todo o mundo, e o número de licencias se ten reducido en máis dun 50%, se seguimos o mesmo argumento de lóxica aplastante que nos ten proporcionado o BNG, non teriamos máis remedio que concluir que a crise inmobiliaria de Carballo non ten outro culpable que Evencio Ferrero Rodríguez.

Por sorte, nós consideramos os nosos lectores bastante máis intelixentes que outros medios, e non imos caer nesta clase de argumentos tramposos. Mais tampouco imos deixar de salientar o que consideramos unha mala posición política do alcalde carballés. Onte, o xornal amigo do goberno local ofrecíalle ó primeiro edil a oportunidade de facer unha valoración sobre este asunto. Pero no canto de advertir dos perigos que se aproximan para miles de familias carballesas e ofrecer medidas a tomar (¿que tal unha baixadiña de impostos?), o primeiro edil ofreceu o típico discurso de "aquí non pasa nada", "esto é normal", "somos os mellores". Argumentos coma "se prevé el mantenimiento de un buen nivel en la construcción, ya que se están desarrollando buena parte de los polígonos" (coma se os polígonos non puideran parar, ou as vivendas non levantarse), "Carballo -que no debería tener problemas" (¿como que non, se aquí hai máis xente na construcción que en ningún outro sitio?), ou con datos sobre a ocupación do actual polígono (¿que ten que ver eso coa actividade inmobiliaria?), medio e político, que tanto monta monta tanto, pechan os ollos á realidade. E isto, se cadra, é máis preocupante que a propia crise en si mesma. Porque non hai peor gobernante que o que non quere ver.

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner