Machadas
Destacamos hoxe dous xeitos de saír á palestra. Un de xeito políticamente ultracorrecto (moito máis aló da corrección política), e outro de xeito políticamente pouco correcto, ou se o prefiren así, de levarlle a contraria á corrente oficialmente establecida.
Para comezar polo xeito que consideramos negativo, traemos unhas declaracións que Rubén Lois, curiosamente director xeral de Turismo, fai a LVDGE. Lean e non caian para atrás:
"Se eu tivese cartos e quixese investir en turismo nun bo lugar, investiría na Costa da Morte. Non hai que esquecer que, ademais do que ten, tras o efecto do voluntariado polo Prestige , agora ten a 10.000 persoas por aí ou máis que son como axentes turísticos. Dende o Prestige , hai un 50% máis de visitantes que antes."
" Xa dixo o vicepresidente Quintana que neste (A Costa da Morte) e noutros casos (Rías Baixas e Ourense) é unha proba do dinamismo turístico de Galicia."
Sobre do parador de turismo: " Agora ten que facerse o concurso de ideas. A miña idea é que unha parte do que custa a paguemos nós, Turismo, e a outra parte, Urbanismo. Facémolo na Xunta porque, se o fixese Turespaña, como é o habitual, os prazos de tramitación demoraríanse moito máis, e así, se todo vai ben, poderiamos poñer a primeira pedra neste mesmo ano."
Pois xa ven, a política do BNG é tan beneficiosa, que mesmo o que ía ser unha maldición eterna se convertiu nunha vantaxe incomparable, o noso turismo está a piques de desbancar a Ibiza, e menos mal que a Xunta nos vai salvar o parador de turismo, que só leva máis de 5 anos de retraso.
E pasando ó xeito positivo,...
...unha vez máis deixamos un enlace ós comentarios de Santiago Pazos en A Nosa Costa, onde relata un Vía Crucis moi particular sobre da actualidade das nosas comarcas, cos seus sempre sabrosos, frescos e independentes comentarios nos que se inclúen varias referencias a Carballo:
"Después de mucho entubar y desentubar, abrir y cerrar zanjas para volver a abrir y cerrar, asfaltar y parchear la rotonda de la calle del Sol de Carballo, después de construir una peana de hormigón para una escultura que su autor había diseñado sobre un parterre de verde hierba, nos encontramos soportando nuevas obras para retocar lo que mal se hizo o se olvidó de hacer. Ya sea por la ineficacia de la empresa, o por la impericia de los responsables políticos para controlar la obra, parece el cuento de nunca acabar. "
"Las urgencias para crear expectativas suelen convertirse en dilaciones a la hora de realizar proyectos. Está pasando con el mercado municipal y el aparcamiento subterráneo de Carballo. Ni con Mercasa ni sin Mercasa tienen nuestras necesidades remedio. Quizás para 2013. "
Máis en http://www.anosacosta.es/opinion/santiago_pazos/el_via_crucis_de_santiago_pazos.htm.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home