O bo camiño
Non queremos pecar de soberbios. Sabemos da difusión que Carballo Dixital ten entre os carballeses. Sabemos que a algúns lles gustamos e que a outros non. Pero cremos que todos valoran esta nosa iniciativa coma unha alternativa ós medios convencionais, coma unha porta aberta á participación cidadá, e coma un "pepito grillo" que chega a denunciar cousas que outros non queren ou se cadra non poden.
A nosa última saga de noticias "El enchufado", sobre a montaxe organizada co gallo do desgraciado atropelo dunha anciá en Carballo e a campaña de seguridade vial do Concello, foi un deses episodios nos que sentimos que realmente o noso blog cumple un papel importante. Recoñecemos que posiblemente nalgunha ocasión temos sido algo inquisitivos de máis coa prensa local carballesa, pero tamén pensamos que alguén ten que facer esa función, e que a medio ou longo prazo redunda no ben de todos.
Dicimos todo o anterior porque logo do desafortunado episodio da chuvia ficticia inventada polo goberno local e fielmente reproducida polos xornalistas da nosa vila, algo semella ter cambiado. Na Voz de Galicia de Carballo de onte, no canto de conformarse cos datos oficiais da xestión excelente, decidiron saír e investigar a pé de calle canto habia de certo sobre o asunto das grúas de obra que tanto proliferan nos últimos anos. Resultou que a maioría destes artiluxios, moitos máis dos controlados polo Concello, carecían por completo de licencia municipal sen que se teña tomado medida algunha ó respecto. E hoxe o mesmo xornal volta a facer xornalismo de verdade analizando a caótica situación na que se atopan os cableados da nosa vila, por exemplo na zona da Milagrosa. A mesma zona onde se nos leva vendendo dende hai máis dun ano un proxecto supervangardista de tipo enerxético que aínda non chegou a concretarse en nada.
Non imos ser tan fachendosos de atribuirnos o mérito de que os informadores locais teñan tomado o bo camiño. Pero, aínda que unha mazá non fai un cesto, da mesma forma que outras veces damos unha de area, hoxe temos que darlle a LVDG unha de cal. Que cunda.
1 Comments:
Me gustaría que comentaran la situación en la que se encuentra el jardín de la plaza del concello, llena de niños y rodeada de antenas telefónicas.
Esta situación nadie la aceptaria como un hecho normal.
En todos los ayuntamientos los miembros del gobierno son los primeros en oponerse a esta situación.
¿Podemos llevar nuestros niños a la plaza del ayuntamiento con seguridad?
Muchas gracias
21/2/08 18:54
Publicar un comentario
<< Home