Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, mayo 26, 2008

O día que Galicia se parou


Foi esta fin de semana. Houbo un acontecemento que sobresaliu por riba de todos os demais artigos das axencias de prensa. ¿A crise do PP? ¿A paga dos 400 €? ¿O fillo da Chacón? ¿O terremoto de China? ¿O parón inmobiliario? ¿O desastre de Birmania? ¿A política de inmigración de Berlusconi? ¿A carreira de Alonso? ¿O chiki-chiki? Non, nada de eso. Para La Voz Defensora de la Gestión Excelente unha noticia superou en importancia a todas as anteriores, de tal modo que ocupou o lugar máis destacado da primeira plana do primeiro xornal de Galicia: Evencio Ferrero fixo balance do primeiro ano de lexislatura.

Así é, seguindo a serie que LVDGE ven realizando do primeiro aniversario de xestión das corporacións municipais tocoulle o turno ó alcalde nacionalista de Carballo. Mais lonxe de ocupar unha discreta páxina interior da sección local coma todos os demais políticos e alcaldes das nosas comarcas, o "azar" reservoulle ocupar o noticia central da primeira plana da edición dominical do xornal. E todo iso para ofrecer unha apaixonante e novidosa entrevista, quen se sabe se candidata ó Pullitzer, na que resumidamente Ferrero afirma que ten un modelo para Carballo, que está a traballar na interminable lista de promesas realizadas históricamente polo seu partido, e que "agarda" ver resultados pronto.

I é que coma xa dixeramos en ocasións anteriores, hai enchufados que se bautizan porque teñen padriño, e aquí en Carballo o mundo párase para engrosar a millonaria audiencia do Show de Truman.


 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner