Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, mayo 30, 2008

Bola de cristal defectuosa


Non é que sexa noticia, pero na nosa esforazada labor de “mosca cojonera” da actualidade local temos unha vez que máis que advertir doutra promesa incumplida, ou doutra ilusión truncada.

Recordarán vostedes que o mes pasado o asunto dos aparcamentos protagonizou a actualidade local. Primeiro a desaparición do parking da zona da estación vella e logo a proposta do PP consistente en aparcamentos en altura deron moito que falar e propiciaron a apertura instantánea do xa famoso “aparcamentus interruptus” da Vila de Negreira, con capacidade para menos de 20 vehículos e saída marcha atrás.

Pouco antes saíra á palestra o alcalde carballés coa sempre inestimable colaboración dalgunha prensa local para informarnos de que “Carballao contaría con 4000 metros cadrados de novos aparcamentos”, que as negociacións estaban xa moi avanzadas e que antes de rematar o mes de maio poderían verse resultados. Maio rematou e todo o resultado se reduce ó aparcamento da marcha atrás.

Así que, sen perder a confianza nas labores negociadores dos Evencio boys, seguiremos atentos lembrándolles os seus anuncios e recomendando tamén ós medios locais que coiden a quen lle compran as bolas de cristal porque en ocasións veñen defectuosas. Esperamos que para o San Xoán poidamos ver eses 4000 metros cadrados, e que se poida entrar e saír en condicións.



 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner