Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, junio 30, 2008

Os da parte de atrás


www.Tu.tv


É un costume tristemente moi extendido. Moita xente adoita poñer ben bonita a fachada da súa casa, a parte que a maioría dos veciños poden ver. Límpana e gastan cartos en embelecer as fiestras, a pintura, o cierre… Namentres, a parte de atrás, a que menos se ve, acumula o lixo, a suciedade, e sufre o descuido dos propietarios.

Pois ben, nesta casa que se chama Galicia hai algúns que están na parte de diante e outros que semella que temos que conformarnos con estar na parte de atrás. Ben isto a colación de dúas noticias moi preocupantes que nos deixou esta fin de semana. En primeiro lugar, a Xunta de Galicia ben de facer públicos os seus criterios para a ordenación do noso territorio, criterio que no referente á nosa zona establece a prioridade de crear un grande eixo urbano entre A Coruña e Ferrol con toda clase de intervencións viarias (mesmo bulevares con carril-bici) e urbanísticas para crear unha grande metrópoli do noroeste, da que Carballo queda completamente excluido. Ante as queixas de Evencio Ferrero, o alcalde coruñés Losada xustificaba onte que a capital de Bergantiños e a súa zona contan para eles soamente coma zona de expansión industrial cara o oeste grazas ó empuxe do futuro porto exterior. Pero a área metropolitana, esa da que tanto se fala e que tanta inversión vai recibir, esa vai cara a Ferrol.

E en segundo lugar, moito máis grave aínda, o PP de Carballo facíase eco de varias noticias aparecidas no diario “Que!” a propósito do polémico desaloxo das familias chabolistas de Penamoa, nas que se afirma, literalmente:

20-06-08: “El Concello comprará un terreno en Carballo para realojar a varias familias. Algunas de las familias afectadas por los primeros derribos podrían ser realojadas en un terreno que el Ayuntamiento compraría a los chabolistas quienes recibirían una ayuda para construir unas nuevas viviendas”.

24-06-08: “En menos de un mes se derribarán las chabolas más cercanas a las obras de la Tercera Ronda pero antes el Ayuntamiento tendrá que acondicionar un terreno en Carballo para realojar a los propietarios de las mismas”.

Falando claro, repetición do pasado co envío de población marxinal, conflictiva e vinculada ó narcotráfico, dende A Coruña a Carballo. Por suposto que os responsables municipais da city herculina teñen negado calquera relación, pero o río leva tempo sonando logo de que tamén algúns veciños alertaran ó alcalde da Laracha, e coñecendo o percal e os antecedentes, moito nos tememos que algo de auga leve.

Así que xa ven, á hora de invertir e ordear o territorio, a uns tócanlles os bulevares, e a outros as industrias que os uns xa non queren. A uns tócanlles ós poblados marxinais e ós outros abrir rondas e librarse deles. A uns tócalles o lado bonito da vida, e a outros o menos bonito. Pese a tanta campaña de imaxe, este é o que Carballo significa para os que mandan en Galicia. Seguimos sendo os da parte de atrás.


Etiquetas: ,

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

É que por moitas historias que nos conten e moi importante que se crea Evencio, para a xente da Coruña e máis de Santiago, os de Carballo seguimos sendo os pailáns, os asilvestrados que estamos para eso para recoller as sobras que eles non queren. ¿Alguén pensou de verdade que a xente guai de La Coru ía mirar cara a Costa da Morte con bos ollos coma un sitio para invertir ou para vivir? Jajajajajaja. Espertade, neniños. Agora mesmo estou lembrándome do alcalde e dalgúns ilustres tertulianos da radio falando do peso político de Carballo, que disque antes non tiña e agora sí. Jajajajajaja. É que por aquí nós tamén temos a nosa beautiful people, coidao.

1/7/08 10:42

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner