Papa-Oom-Mow-Mow
Este é o meirande, aínda que se cabe único, éxito dos Trashmen, outro dos grupos que comporán o elenco rockeiro deste San Xoán.
Aínda que nacidos en Minneapolis (Minnesota) en 1962 , este grupo formou parte do movemento do surf rock que por estas terras popularizaron os Beach Boys, e de feito esta canción, titulada Surfin’ Bird, fíxose famosa polas versións dos Ramones, Pee-Wee Herman ou os propios Beach Boys, ademais de aparecer en películas como A Chaqueta Metálica. Separados nos 60 e reunidos nos 80, no 1989 falecía o batería Steve Wahrer e voltaba a truncarse a súa carreira, agora retomaba nunha xira europea e americana que os traerá ata a nosa vila. Aínda que só sexa por escoitar aos autores dun tema lendario coma este, paga a pena acercarse.
Etiquetas: San Xoán Juan
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home