Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, junio 18, 2008

The Dirtbombs


Non teremos “Ruido de cochos” pero teremos “Bombas de lixo” (ou de merda, en tradución máis libre). É que iso da limpeza nunca foi moito co mundo do rock and roll. Estamos a falar dun dos grupos que comporán o elenco do tradicional concerto de rock que todos os anos se ubicaba a zona dos Baños Vellos e que desta volta ocupará o escenario central da praza do Concello.

Os Dirtbombs son un grupo de Detroit que leva dando caña dende 1996 pero que tan só publicou 4 discos ata a o de hoxe, toda vez que sobre todo se centrou en sacar singles. O seu son caracterízase por contar con dobre base rítmica (dúas baterías e baixos), e para mostra o botón da actuación en directo que vos amosamos.

Opinións aparte, está claro que non estamos a falar de música para o grande público, senón reservada ós moi afeccionados a iniciados neste mundillo. Pola nosa parte aplaudimos toda novidade cultural que se precie, pero coidamos que esta clase de concertos probablemente estarían mellor dentro dun festival creado ó efecto que como atracción na praza das festas do San Xoán. A ver qué tal sae o experimento.

http://www.thedirtbombs.net/
http://www.myspace.com/thedirtbombs



Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner