Polémico cartel
En primeiro lugar temos que comezar disculpando o erro dun nos nosos últimos posts. Enganados polos rumores da rúa dabamos por feito que Pignoise ía formar parte do elenco de artitas do San Xoán carballés. Tamén nalgúns mentideiros de Internet se facían eco do run-run (http://www.fotolog.com/albaber/44710200), máis finalmente ogrupo madrileño visitará as nosas comarcas pero para actuar en Cee.
De modo que este 2008 só teremos un concerto estelar na persoa de Merche, ademais de, por suposto, as verbenas e o concerto de rock que este ano ocupará o espazo da praza do Concello. Mais este post non vai sobre música. Vai sobre outro asunto que pode parecer secundario pero que está a provocar un auténtico debate nas rúas.
Trátase do debuxo que a comisión de festas elexiu para representar o San Xoán 2008 e que dende xa vai ocupar non só a portada da revista oficial senón tamén os carteis pegados nas nosas rúas. Nun claro exemplo de minimalismo levado ó extremo, podemos ver un típico monicreque dos que adornan calquera sinal de saída de incendios resaltando un símbolo de lume. Sen máis. Tanto é así, que de non ser polo texto de embaixo poderíase confundir o cartel coa información de emerxencias de calquera establecemento.
Doutra volta estamos ante un debate que xa tivemos coa ocasións das diversas “estatuas” que adornan as nosas rotondas, e novamente haberá quen nos acuse de ignorantes e de carecer da necesaria sensibilidade artística. Pero non podemos evitar voltar a sinalar que a arte, cando se paga con cartos públicos ou representa algo de todos como son as nosas festas, debería atender en maior medida ós gustos e opinións maioritarios, e que tanto deseño conceptual e tanto minimalismo non encaixan co que os carballeses agardamos do noso San Xoán.
(Podedes descargar o programa completo en pdf desde este enlace, na web de Anosacosta)
Etiquetas: San Xoán Juan
1 Comments:
O que me faltaba por ler!!!! Por favor!
Como supoño, que me parece que é moito supoñer, saberedes que a empresa que diseñou ese cartel leva deseñados unhs cantos máis do noso ben querido San Xoán dende fai bastantes anos.
E non só do San Xoán obviamente, senon moitos máis traballos dunha calidade impresionante.
Paréceme que na publicidade o máis importante é a mensaxe que se quere dar, e sobre todo, que a xente se quede con ela, e aquí conseguiuse de sobra.
Decir que me gusta moito o voso blog, porque lle dades caña a -case- todo o mundo, pero ás veces xa parece prensa rosa; porque de constructiva non ten un pelo.
Saúdos!
Pdt: non, non son nin familiar, nin coñecido, nin amigo do deseñador.
18/6/08 18:22
Publicar un comentario
<< Home