Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, junio 17, 2008

21% de éxito


Que non se diga que non somos xustos. Dende CD criticamos a aventurada viaxe a Bruxelas de Evencio Ferrero e sobre todo a falta de información das xestións realizadas. Pensabamos nós que esta clase de lides tiñan máis de publicitarias que de realistas, e dubidábamos de que a xesta europea servise de moito á hora de acadar as subvencións que o alcalde carballés solicitaba para a nosa vila.

Mais onte decatámonos na prensa local que a UE ven de conceder a Carballo unha axunda de 3,2 millóns de euros, que servirá para rematar dunha vez por todas a faraónica e escorialesca obra da Casa dos Oficios. Unha boa noticia que, como non podía ser doutro xeito, acollemos do xeito positivo que se merece.

Con todo, no noso afán por mirar “detrás das vallas” e compensar o bombo e platillo dos xornalistas amigos do BNG carballés, non podemos evitar recordar certos datos que os medios afíns esquecen incluir no relato dos feitos. Coma é o caso de que, contrariamente á sensación que da a noticia, o éxito non é total nin maioritario. Porque a cantidade que Ferrero foi defender á capital europea era de nada menos que 22 millóns de euros, e incluía a financiación do proxecto Temunde para converter o barrio da Milagrosa nun “parque temático” das enerxías renovables. Tendo que en conta que neses 22 millóns ían incluidos 1,4 que o Concello tería que poñer do seu bolsillo (extraña subvención, polo tanto), o éxito europeo acadado ata o de agora anda polo 21%, sen saber se a visita ó extranxeiro pesou moito ou pouco na decisión.

De modo que agardamos a que o organismo europeo se pronuncie acerca da subvención sobre do segundo proxecto para saber ata onde nos podemos sentir de todo felices, ou en parte frustrados. Sexa como fora, agora a pelota está no tellado do goberno local, que por fin despois de anos de retraso dispón dos fondos necesarios para a Casa dos Oficios e terá agora que demostrar a súa capacidade de xestión para rematar e poñer a funcionar a obra de xeito satisfactorio. Tamén haberá quen opine que todos estes cartos deberían gastarse noutros problemas máis urxentes, coma as garderías, os aparcamentos, ou mesmo o mercado municipal, pero evidentemente ese sería outro debate.



Etiquetas:

6 Comments:

Anonymous Anónimo said...

xa vos fastidia eh?, jajajajaja

e co Temunde a Milagrosa Avante, mentras os do PP falando das aceriñas e as carallas que so un par de veciños demandan polo seu interese,

Esto si é ter miras. Ben Evencio, moi ben.

17/6/08 10:48

 
Anonymous Anónimo said...

Me parece que no se ha enterado usted bien de la noticia. Lo que se dice es que del tema del Temunde no hay nada.

"As aceriñas e as carallas que so un par de veciños demandan polo seu interese"

Claro, estos vecinos egoistas e interesados, que en lugar de tener visión de futuro y pedir parques temáticos se dedican a reclamar algo tan básico como aceras. Pero quiénes se creerán que son.

Un comentario que creo importante: una cosa es disponer de dinero y otra muy distinta saber gestionarlo. El buen gobernante no es que el que más inversión consigue, sino el que invierte correctamente para sacar mucho de poco. Si trata de gastar, también se ha gastado dinero en el túnel de la calle Coruña o en las aceras de la Gran Vía o en la avenida de Bergantiños, y vaya fiascos.
La verdad, yo siempre he tenido serias dudas sobre si la Casa dos Oficios era la inversión que Carballo necesitaba, por no decir que me parece un error, y que estamos gastando muchísimo en el tejado y descuidando los cimientos.

17/6/08 12:34

 
Anonymous Anónimo said...

En anosacosta, Evencio saca peito efala de proxetos, proxetos, proxetos, e poucas realidades. É unha boa noticia a da subvencion europea pero supoño que un goberno con tantos cargos cobrando terán que facer estas cousas. Agora ben se nos conformamos con isto despois de todo un ano, pois estupendo, a ser felices

17/6/08 14:45

 
Anonymous Anónimo said...

Non sei se a Casa dos Oficios era o que Carballo precisaba ou non, o certo é que, en tempos de crise, o goberno carballés vai xestionar preto de corenta millóns de euros no principal problema da mocidade, como é o emprego, entre a importantísima ampliación do polígono industrial de Carballo e a creación deste foro que vai ser a Casa dos Oficios.

É unha mágoa que nin nun momento coma este sexades quen de apoiar ao goberno local, nin sequera cando o fan todos os partidos políticos (incluído o voso, cando menos de "boquilla") porque é obvio que é bo para Carballo.

Claro, éxito relativo... ou non. Si, o 21% do inicialmente solicitado porque o outro aínda está pendente de resolución... pero en calquera caso o maior investimento europeo en Carballo. Por que custa tanto recoñecer que é positivo? Aínda que non haxa apoio ao T-Munde, este goberno xa terá conseguido máis da UE do que fixo Varela en doce anos, e tamén ten conseguido máis da Xunta xa do que fixo o propio Varela nestes doce anos cos seus gobernos amigos.

Xa que logo, amigos de Carballo Dixital, un pouco de humildade. Ás veces hai que saber dar os parabéns aos demais, porque non son para eles, son para o pobo de Carballo, que ao final somos todos.

18/6/08 07:41

 
Anonymous Anónimo said...

Home, cos atracos que están metendo en impostos só faltaba que por enriba non fixeran nada.
Recetas de 500 e 600 euros lles están metendo a xubilados que viven na aldea. UNA VERGÜENZA.
E logo presumen de que manexan cartos, hai que botarlle.
Eso si, non nos preguntan en que os van gastar, e tampouco nos mandan cartas á casa para dicirnos canto cobran eles. Cartos hai, ho, cartos hai. No Concello claro, que nós cada vez máis tesos.

18/6/08 12:06

 
Anonymous Anónimo said...

Vale, amigo Héctor, o comentario é lucido. A falta de argumentos, imos polo de sempre: os salarios dos políticos.

Pois unha cousiña de nada: unha porcentaxe moi mínima de calquera dos grandes investimentos conseguidos polo traballo do actual goberno (polígono, circunvalación, casa dos oficios) paga máis que de sobre todos os salarios do actual mandato, e aínda acabamos de comezar.

Se non hai outro argumento, grande favor lle facedes ao goberno. Os seus salarios xustificaranse ou non máis que pola contía hanse valorar polos feitos, a moito que vos doia, e polo de agora os datos cantan.

18/6/08 16:27

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner