Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, junio 23, 2008

¡Se callen, coño!


“Berro Seco” de LVDGE do sábado 23-06-08:
“Si la gestión es correcta, la oposición debe callarse”.

E punto. Xa avisaramos que o asunto do que máis se está falar nos bares e nas rúas de Carballo estes días non é curiosamente das festas do San Xoán. E todo porque moitos carballeses recibiron e siguen recibindo nestas datas unhas saborosas cartas remitidas polo Concello de Carballo nas que se comunica que deben pagar uns recibos do imposto de bens inmobles (IBI) que nalgúns casos acadan os 600 €. Sí, leron ben. Seiscentos euros, ou que é o mesmo, cen mil pesetas.

En teoría estas desorbitadas cifras corresponden co incremento de valor que experimentaron as vivendas de moitos cidadáns co gallo de distintas reformas realizadas nas mesmas, e ademais incluindo os atrasos de anos anteriores que non lles foran comunicados no seu día. O grave do asunto é que, en palabras dos afectados, a maioría dos casos non corresponden a ampliacións nin a grandes reformas, senón a traballos coma arranxos de tellados e pequenas obras que case cabería calificar coma de mantemento. A lebre saltou por unha denuncia do PP, que ademais advirte de que o procedemento non é correcto, que as liquidacións son nulas porque non lles foron notificadas no seu momento, e que os afectados poden recorrer e conseguir que a factura quede sen efecto.

Non estamos a falar dunha simple pataleta de quen ve como se lle aumentan os impostos, senón dun verdadeiro problema social de primerísima orde. Hai moitas familias compostas por persoas xubiladas ou en paro que non son capaces nun só mes de facer fronte a semellante navallazo, e ás que só o pago a prazos poderá paliar en parte un terrible golpe que chega xusto en plena crise económica.

Pero o que a nós máis nos ten cabreado, e non temos por costume empregar estas verbas, é o xeito en que o binomio goberno-medios afíns -tanto monta monta tanto- ten enfocado o asunto. En primeiro lugar, segundo os Evencio boys and girls, o Concello non ten nada que ver con este imposto. Tanto é así, que o logotipo que poden vostedes ver nas notificacións non é o do Concello de Carballo, senón un espexismo provocado polo bochorno destes días. E en segundo lugar, o goberno ten entablado un debate coa oposición acerca dos pormenores máis ou menos legais do procedemento que leva á sempre crítica Voz Defensora de la Gestión Excelente a concluir que “si la gestión es correcta, la oposición debe callarse”. Cun par. Este tema non gusta, é desagradable, mellor que non se saiba. Non vaia ser que alguén se enfade coa xestion excelente.

De maneira que unha suba de impostos extemporánea e espectacular que pon contra as cordas a moitos de nós redúcese a unha simple polémica xurídica, e que a oposición non ten dereito nin sequera a falar do asunto. Tendo en conta que os cidadáns non temos espazo nin voz no salón de plenos, ¿qué se supón que temos que facer nós? ¿Darlle as grazas ó alcalde por non cobrarnos 1000 €? E sobre todo, ¿qué máis nos ten a nós que o cobro sexa legal, se supón un atraco a man armada ás nosas economías familiares?

Por sorte, hoxe existen espazos coma este blog. Dende aquí invitamos a todos os afectados a enviarnos e explicarnos o seu caso. Miren por onde, a nós non nos gusta calar.


Etiquetas:

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Eu defendo que dende os medios de comunicacion se poida facer opinión, e creo acertado que un periodico non sexa imparcial e poida manifestar as suas opcions politicas.
Agora ben, creo que La Voz erra gravemente cando dí "si la gestión es correcta..."por canto probar eso é a sua obriga informativa frente os lectores, porque esa é a verdadeira cuestión. Claro que si é correcta a oposición debe calar¡¡¡¡¡ Pero pola mesma, deberá calar o goberno si non é.E a obriga do medio e poñer os lectores frenfeo feitos e a sua interpretación. Se non se fai así o asinante é un mero "correveidile" e o medio de comunicación un mero transmisor de consignas que responde os seur intereses. Tal coma está plantexado La Voz publica consignas politicas propias do partidos e de mitins. Para gañar credibilidade deben decirnos porqué a xestión e correcta.

24/6/08 14:49

 
Anonymous Anónimo said...

Pois mirade se terá razón o alcalde, que eu cando lin a noticia a semana pasada fun ao Concello para pedir información, porque me mandaron un recibo de case 480 € dos anos 2004, 2005, 2006 e 2007.

Cando preguntei no mostrador se podía pagar en plazos, exigíanme un aval bancario, pero cando lles dixen que eso custaba cartos, dixéronme que era a única maneira de pagar en varias veces.

Cando me queixei e preguntei se era legal que me cobrasen eses atrasos, os funcionarios recomendáronme que recurrira o meu recibo, que se tiña razón íbanma dar, e que a cousa non era tan simple como se decía na prensa, nin polo PP nin polo Alcalde.

Así que recomendo a todos que recurran, e así xa veremos quen tiña razón.

24/6/08 21:21

 
Anonymous Anónimo said...

Pero vamos a ver, ¿qué car... importará quén ten a razón? Que máis me dará a min se é complicado ou simple. O caso é que me están quitando unha pila de cartos.

O que di o alcalde é coma si a min que cobran 6000 € en impostos, pero é legal, eh, que sepas que é legal, estamoste deixando na ruina pero é legal. Pois vaia leis e vaia impostos señores.

25/6/08 00:16

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner