Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, junio 20, 2008

The Neanderthals


Esto estase a converter nun blog de rock and roll, pero a festa manda e hai que falar da actualidade. ¿Qué pasaría se Pedro Picapiedra e Pablo Mármol formasen unha banda de rock? Pois que serían The Neanderthals, un banda de garaxe “primitivo” e sesentero que ataviada con disfraces prehistóricos cantan, coma eles mismos din na súa web, ás rapazas, os coches rápidos e os monstruos que veñen en naves espaciais. Tamén advirten de que, se o alcohol lles permite estar en condicións, poden chegar a espirse das súas peles no escenario.

Casualmente os Neanderthals teñen entre as súas fontes de inspiración ós Trashmen, cos que teñen compartido concerto en numerosas ocasións. Nós deixámosvos unha mostra do seu directo homenaxeando a Elvis. Como veredes, máis rock tirando a alternativo nesta aposta da comisión por un tipo de música cuxa aceptación polos carballeses é aínda unha incognita.

P.D.: non nos esquecemos do gran tema de debate destes días en Carballo, as espectaculares facturas de ata 600 € que lles (nos) están a chegar a moitos cidadáns. Por iso agardamos adicarlle un especial coma se merece.



Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner