¿Qué foi de… o PXOM?
¿Alguén se lembra? Era unhas das situacións de emerxencia de Carballo. A necesidade de aprobar a revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal canto antes era imperiosa, ante a posibilidade de que en calquera momento salise unha sentenza do TSXG que anulase o plan vixente. Unha revisión, lembremos, que se empezou hai sete anos, e da que nen sequera se ten realizado unha aprobación inicial nin unha primeira información pública.
Moitos teñen sido os anuncios feitos polo alcalde Evencio e o seu concelleiro Viña de que os traballos estaban moi avanzados e que en moito curto prazo ían ser aprobados. Durante un tempo o bipartito atopou non obstante a excusa da elaboración do Plan de Ordenación do Litoral por parte da Xunta. Pero o certo é que ese plan foi aprobado hai máis dun mes e seguimos sen saber nada do PXOM de Carballo. Coma se dun tema tabú se tratara, o goberno teno gardado baixo un caixón, e a oposición non se atreve a preguntar por el, se cadra sabedores das moitas espiñas que ten esta rosa. Pero sen embargo, para a cidadanía en xeral, contar cun plan de urbanismo seguro e de calidade é unha garantía inexcusable se queremos ser un concello serio e competitivo.
¿Qué foi por tanto do PXOM? Pois foi absorbido polo triángulo das Bermudas carballés, ese mesmo fenómeno que tragou e fixo esquecer o aparcamento soterrado, o metro lixeiro, o parque do Bosque, o hospital comarcal, as dúas garderías…
Etiquetas: PXOM Plano Xeral Ordenación PGOM General, que foi de...
1 Comments:
¿pero a vos parécevos que Evencio é tonto? A ninguén se lle ocurre aprobar un plan xeral estando as eleccións tan cerca. É a derrota asegurada, sobre todo cando a xente vexa que as expectativas de mellorar o anterior son unha quimeira inalcalzável, e moi posiblemente sexa aínda máis restritivo có actual.
26/8/10 21:19
Publicar un comentario
<< Home