Carballo Dixital obtén boa nota no seu propio exame interno
Así é. En CD, no noso esforzado traballo de mellora diaria, contratamos hai uns meses a unha empresa para que examinase o noso funcionamento interno. A elexida, que gañou a súa posición facendo a mellor oferta entre varias competidoras, tiña que avaliar a calidade do noso blog atendendo a diferentes parámetros. A cambio desa avaliación, por suposto, pagaríamoslle unha certa cantidade de cartos.
Pois ben, despois de moito traballo e moito control, revisando todas e cada unha das facetas da nosa redacción e da nosa organización, xa están aquí as conclusións. Por suposto poderíamos gardarlas para nós mesmos e aplicalas niso que os empresarios modernos chaman "mellora continua". Pero como aquí todo é transparencia, preferimos facelas públicas: Carballo Dixital é un dos mellores blogs da internet. Dende logo o mellor da comarca con diferencia, e envidiado polos principais xornalistas de España. O número de redactores é suficiente, a súa formación sobresaliente, e a calidade dos artigos moi destacada. O número de actualizacións considérase o idóneo para o seu ámbito de influencia. O "DAFO" (análise de debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades) destaca especialmente a orixinalidade dos contidos e o emprego do humor como as nosas grandes bazas. Resumindo, que obtemos un notable alto, por non dicir un sobresaínte.
Non obstante, como somos inconformistas e todo esforzo é pequeno para satisfacer á nosa audiencia, imos aplicarnos duramente en mellorar o que xa é un blog "ktkgas".
¿Cómo? ¿Qué isto é autobombo? ¿Que somos nós quen eleximos e pagamos á empresa que fala tan ben de nós? Pois sí, pero o mesmo fai o Concello de Carballo para avaliar a súa xestión deportiva, e nós non iamos ser menos.
Etiquetas: deporte
8 Comments:
Paréceme un comentario moi axeitado. Por iso todos os informes que encargan todas as empresas do mundo para autoavaliarse ou auditarse son falsos. As empresas, as consultoras, fan exactamente o que lles din que fagan os que lles pagan, e así sae todo ben sempre para elas. E mira que hai multinacionais de prestixio que se dedican a isto, pero é unha tapadeira: todo está organizado.
A solución é evidente: os informes de avaliación dunha empresa tenos que contratar outra que sexa competidora. Pero, claro, se lle paga a competidora, todo vai saír negativo.
Ai, que lío!
En fin, que unha vez máis non me queda máis remedio que felicitar a CD por unha opinión que nos abre os ollos ós carballeses e ás carballesas, e incluso ós bergantiñáns e ás bergantiñanas (ou será bergantiñás?).
10/11/08 10:31
Creo que se equivoca usted en su comparación. En primer lugar un Concello no es una empresa. Pero es que sobre todo lo que se ha hecho aquí es muy diferente.
En las empresas privadas, sus directivos contratan auditorías sí, y lo hacen para que les digan la verdad, que les digan lo que funciona y lo que no, para saber donde mejorar. Cierto. Por eso la auditoría se queda ahí. Lo que a ningún directivo en su sano juicio se le ocurre es pregonar los resultados de su auditoría, aunque sean magníficos. ¿Se imagina usted a Calvo, o Pascual, o Carrefour, haciendo anuncios diciendo "nuestra auditoría dice que somos fantásticos"? Serían el hazmerreir. Porque TODAS las empresas para afuera dicen que son fantásticas, faltaría más. ¿Qué van a decir, que sus productos son una porquería?
Y aquí qué va a decir el alcalde? Va a hacer público que la gestión deportiva es un desastre desde hace años? Y le van a volver a contratar otro estudio a la misma empresa?
Me puede usted contar que la auditoría es de verdad y que en aras a la información se hace pública una vez entregada. Pero casi que me lo creo poco, porque si es así ¿por qué no se hizo también pública la auditoría que se encargó para evaluar la RPT de los funcionarios? Einnn? Ah, porque esa la hizo la Universidad (no una empresa privada) y era demoledora.
10/11/08 18:52
ahí le duele!!!
la RPT es la "relación de puestos de trabajo" que va a ser la bomba de la próxima temporada
Evencio ¿qué dijo la Universidad? ¿por qué no lo pregonas tanto?
¡ay, ay, ay qué mala memoria y que tontitos te parecemos los carballeses!
11/11/08 14:46
Me temo que los dos pecais de ingenuos. La realidad, caigámonos todos de la burra, es que cuando se hace público un informe como este es para que diga lo que el paga quiere que diga, y justificar lo que se quiere que justifique.
Esto no es más que un paso previo para montar un nuevo sistema de gestión del deporte que el Concello tiene decidido hace tiempo, y que pasa por externalizar servicios (en otras circunstancias lo llamarían privatización, o liberalismo "salvaje"), pero como supongo que se tiene miedo a algunas reacciones pues hay que ir preparando el terreno poco a poco.
En mi opinión el gobierno tiene un marrón encima, y quiere solventarlo contentando y mentalizando un poquito a todos, pero eso no siempre es posible. Deberían decir claramente lo que hay y lo que piensan hacer, sin artificios intermedios.
11/11/08 17:26
Los que hemos leido el informe no vemos donde pone que la gestión es buena, al contrario hay un montón de puntos que mejorar y empieza por hablar de la formación del personal.
Otra cosa es que yo te diga que tu no tienes ni idea y eso lo entiendas como un piropo.
Será bueno que esta web tan independiente consiga leer el estudio y saque sus propias conclusiones.
12/11/08 11:12
sobre todo si los "artificios intermedios" de los que habla calaf no sirven más que para lavar la conciencia del gobierno "progresista-comunista-socialista-nacionalista-ventajista y oportunista", hacerse propaganda y gastar el dinero de todos los carballeses.
Estamos ante una nueva vuelta de tuerca en la consecución del objetivo final: que disfrutemos mientras nos la meten doblada.
12/11/08 12:31
Creo que xa vou entendendo.
Este informe fano público porque é favorable ó Concello.
O da RPT non o fan porque é desfavorable ós seus intereses.
Vaia! Que pillabáns son os do goberno municipal! Así calquera. Deberían facer público tamén o do RPT!
Claro que, agora que o penso, se iso é así, é que os dous son igualmente válidos, pero só dan a coñecer o que interesa. Ai, non, que torpe! O que fan público está feito á medida e o outro é absolutamente correcto. Claro, así xa o entendo.
Así e todo, non vexo claro iso de poñer ó mismo nivel un RPT un informe ad hoc sobre un tema: ¡¡O Concello o que debe de de facer é non facer público ese informe!! E privatizar directamente, sen máis. Porque iso é o que van a facer, non? Privatizar a xestión, igual que hai gobernos que privatizan a xestión da sanidade e cousas parecidas.
Evencio, non te atreverás a poñer en mans dunha empresa privada o deporte??? Mira que se ó final gana en contidos, eficiencia e eficacia, non cho perdoaría ninguén. E se non gana, tampouco.
Jo, que lío.
12/11/08 12:41
Quen fixo a lei... fixo a trampa.
Logo de moito tempo de "vacacións", a actualidade da miña terriña volve a me traer curiosas novas.
Menuda novidade!!! Non podo crer que un goberno coma este de tódolos carballeses encargue un estudo á súa medida, que poida conter falsidades ou meias verdades. O nunca visto!!!
Que mala memoria temos, eh??
A ver, por partes (coma sempre).
1- ¿alguén lembra un proxecto faraónico que dicía que era viable un mega-centro comercial con parking soterrado na praza municipal?¿e non dicía que era, precisamente o parkin o que o facía viable, que sen el non se podía nin pensar facelo?
Cando o tema deixou de interesar a este governo, resultou que outro estudo dixo que era viable, pero sen parkin. Casualidades da vida, en ambolosdous casos, os proxectos eran feitos ou encargados polo governo...
2- ¿alguén recorda que era viable unha circunvalación de Carballo, e que había compromisos políticos cos governos "amigos" para levala a cabo? o proxecto era "viable", pero non se soubo máis.
3- ¿alguén recorda a presentación dunha urbanización na Lagoa, unha fantástica obra faraónica, encargada polo governo? Non, non creo que ninguén a lembre xa...
Casualmente, esta obra ía nos solares que agora a Xunta quere para o novo Plano estrela de Mr. Quin.
4- ¿alguén recorda un proxecto faraónico sobre unha gardería mega-futurista, pagado cos cartos de todos, que ía ser o non vai máis das garderías en Galiza e en España? Sí, aquela onda o colexio Bergantiños, que logo non se podía facer porque era "super-fashion de la muerte" pero non cumplía a lei para meter neniños dentro...
5- ¿alguén recorda....? Coño!, ata eu mesmo xa me olvidei de todo o demáis, porque van unha tras doutra.
E agora o deporte. O gran faraón Evencio-Amenophis IV, que todo o quería facer e incluso algunha cousa empezaba, pero casi nada empezou e nunca nada rematou, precisa unha excusa para privatizar un servizo público.
Nunca entenderei os complexos da esquerda nacionalista (porque o PSOE non desimula dende hai anos) co tema da privatizazón dos servizos públicos.
D. Evencio, se non sabe cómo dirixir o deporte en Carballo, porque outra explicación non acae, dígao, e se elixe a privatización porque é a mellor fórmula, diga os motivos, fágao, e punto. Pero deixen de marear a perdiz, coma en case todo, e tiren adiante dunha vez, que non entraron onte no governo, e amose resultados. Xa é tempo, e a confianza esgótase.
E, por último, antes da derradeira, unha recomendación: xa que o Concello ten unha web, sería moi recomendable, e unha mostra de auténtico ánimo da transparencia propria do seu discurso, Sr. Alcalde, publique cantos proxectos e estudos se encarguen cos cartos de tódolos carballeses.
Grazas e desculpen as molestias, pero un está para esto. As críticas deben ser sempre ben recibidas, porque axudan a mellorar, fomentan a análise e permiten descobrir os posibles erros que se cometen...
Ata outra...
14/11/08 00:09
Publicar un comentario
<< Home