Estudos a medida
Quen fixo a lei... fixo a trampa, volve a deixarnos unha irónica reflexión, esta vez con motivo do estudo encargado polo goberno municipal sobre a situación do deporte en Carballo. Lede:
Logo de moito tempo de "vacacións", a actualidade da miña terriña volve a me traer curiosas novas.
Menuda novidade!!! Non podo crer que un goberno coma este de tódolos carballeses encargue un estudo á súa medida, que poida conter falsidades ou meias verdades. O nunca visto!!!
Que mala memoria temos, eh??
A ver, por partes (coma sempre):
1- ¿alguén lembra un proxecto faraónico que dicía que era viable un mega-centro comercial con parking soterrado na praza municipal?¿e non dicía que era, precisamente o parkin o que o facía viable, que sen el non se podía nin pensar facelo?
Cando o tema deixou de interesar a este governo, resultou que outro estudo dixo que era viable, pero sen parkin. Casualidades da vida, en ambolosdous casos, os proxectos eran feitos ou encargados polo governo...
2- ¿alguén recorda que era viable unha circunvalación de Carballo, e que había compromisos políticos cos governos "amigos" para levala a cabo? o proxecto era "viable", pero non se soubo máis.
3- ¿alguén recorda a presentación dunha urbanización na Lagoa, unha fantástica obra faraónica, encargada polo governo? Non, non creo que ninguén a lembre xa...
Casualmente, esta obra ía nos solares que agora a Xunta quere para o novo Plano estrela de Mr. Quin.
4- ¿alguén recorda un proxecto faraónico sobre unha gardería mega-futurista, pagado cos cartos de todos, que ía ser o non vai máis das garderías en Galiza e en España? Sí, aquela onda o colexio Bergantiños, que logo non se podía facer porque era "super-fashion de la muerte" pero non cumplía a lei para meter neniños dentro...
5- ¿alguén recorda....? Coño!, ata eu mesmo xa me olvidei de todo o demáis, porque van unha tras doutra.
E agora o deporte. O gran faraón Evencio-Amenophis IV, que todo o quería facer e incluso algunha cousa empezaba, pero casi nada empezou e nunca nada rematou, precisa unha excusa para privatizar un servizo público.
Nunca entenderei os complexos da esquerda nacionalista (porque o PSOE non desimula dende hai anos) co tema da privatizazón dos servizos públicos.
D. Evencio, se non sabe cómo dirixir o deporte en Carballo, porque outra explicación non acae, dígao, e se elixe a privatización porque é a mellor fórmula, diga os motivos, fágao, e punto. Pero deixen de marear a perdiz, coma en case todo, e tiren adiante dunha vez, que non entraron onte no governo, e amose resultados. Xa é tempo, e a confianza esgótase.
E, por último, antes da derradeira, unha recomendación: xa que o Concello ten unha web, sería moi recomendable, e unha mostra de auténtico ánimo da transparencia propria do seu discurso, Sr. Alcalde, publique cantos proxectos e estudos se encarguen cos cartos de tódolos carballeses.
Grazas e desculpen as molestias, pero un está para esto. As críticas deben ser sempre ben recibidas, porque axudan a mellorar, fomentan a análise e permiten descobrir os posibles erros que se cometen...
Ata outra...
Quen fixo a lei... fixo a trampa
Etiquetas: deporte, quen fixo a lei fixo a trampa
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home