U-la participación cidadá?
Ao noso amigo Quen fixo... seica se lle sobe o mal sangue despois de cear. E o resultado é este post, enviado a CD ás 3:14 da mañá (Quen fixo: qué fas a esas horas escribindo?):
Quen fixo a Lei... fixo a trampa:
Aquí estou de novo, lonxe da miña terra pero sempre ó día da actualidade, así que, abundando na temática de CD (que foi de?), aí vai outra "hondonada" das de Manquiña:
U-los mecanismos de participación cidadá?
Hai cousa de 4 anos, bombardearon ós cidadáns deste concello cunha novidade marabillosa: por fin os carballeses poderían elixir, democraticamente, aos seus alcaldes de barrio, e poderían participar nos Plenos e presentar preguntas aos políticos, entre outras cousas (a hemeroteca de LVDG está a disposición para o efeto).
Entón, digo eu:
u-las elecións democráticas? O BNG afirmaba que co PP había alcaldes de barrio "dixitais" (elixidos a dedo), pero con eles, sinxelamente, non os hai, nin dixitais nin eletos.
u-las intervencións dos cidadáns nos Plenos? Non se volveu saber, nin parece que interese, non sexa que pregunten algunha inconvenienza.
u-los mecanismos de intervención da cidadanía nas decisións políticas? Os de sempre, cada 4 anos.
En resumo, que fácil é predicar, e que difícil parece ser dar trigo, Sr. Alcalde.
Ten vostede unha sorte inmensa, porque ten unha bula que non a dá nin o Papa de Roma: a D. Evencio perdóaselle todo, porque é tan boíño...
Eu perdoo tamén, pero non esquezo... E cada 4 anos non hai quen me quite a miña "participación cidadá".
Saúdos, e perdoade, pero logo de cear sóbeme o mal sangue...
Etiquetas: que foi de..., quen fixo a lei fixo a trampa
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home