Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, noviembre 21, 2008

Indeciso



5 anos non son un espazo breve de tempo. Normalmente, cada un de nós temos que tomar decisiones fundamentais nas nosas vidas en períodos moito máis breves. E cando erramos despois de varios intentos solemos ter máis claro por onde tirar. Mais estes razonamentos, evidentes para a maioría dos cidadáns, non lles son aplicables ós políticos, ou cando menos non ó noso benquerido alcalde.

Referímonos, cómo non, ó enésimo-máis-infinito-de-grado-un capítulo do proxecto do mercado e do centro comercial. Levamos 5 anos dando voltas con distintas propostas sobre o mesmo asunto, uns estudios e uns proxectos dos que algo deberiamos ter aprendido. E ademais agora semella que existen 3,3 millóns de euros listos para ser invertidos (moitísimo menos do valor dos proxectos anteriores, como xa explicamos anteriormente). Pois ben, cando todo apunta a que desta si, cando menos deberiamos poder cambiarlle a fachada ó mercado de abastos, Evencio Ferrero déixanos estas memorables declaracións:

"Temos que valorar ben os pasos a dar. As circunstancias do momento económico obrigan a extremar a prudencia"

" Queremos acertar nas decisións, e por iso temos que sopesar moito unha obra transformadora de todo o centro de Carballo"

É dicir, que a estas alturas, logo de 5 anos de intentos, o noso goberno non ten nin a menor idea de qué facer con 3,3 millóns de euros que, recordemos, corresponden ós orzamentos do 2009, ano que comeza dentro de pouco máis dun mes. Alentador. Esta indecisión, lóxicamente criticada por Alberto Sueiro, está a chegar a tales límites que moitos placeiros teñen a sensacion de estar sendo vacilados. Agardemos que as cousas se aclaren dentro de pouco e que ninguén se poña coma o noso amigo da cámara oculta da televisión arxentina.

P.D. : Esqueciámonos. Sí que hay unha cousa que semella segura. O aparcamento soterrado queda definitivamente aparcado.



Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner