Carvin Jones
Unha vez máis, da man da sala A Reserva, chega a Carballo unha actuación de fama mundial. Se cadra o nome de Carvin Jones non lle dirá moito ós non inciados no mundo do rock e do blues. Pero se vos decimos que ten traballado con xente coma Gary Moore, Carlos Santana ou B.B. King, todos entenderedes que non estamos a falar dun calquera.
Nacido en Lufkin (Texas) en 1966, e trasladado a Phoenix (Arizona) en 1989, Carvin tivo unha infancia nun ambiente complicado, no que a guitarra conseguiu evadilo da realidade que o rodeaba e convertirse no seu modo de vida. O seu virtuosismo e a súa espectacularidade sobre o escenario teñen provocado que se lle considere mesmo "o novo Jimi Hendrix". No vídeo tedes unha boa mostra do por que.
O concerto será esta mesma noite na Reserva. Para non perdelo.
Etiquetas: Carvin Jones
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home