Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, diciembre 05, 2008

¿Qué foi de ... o campo de golf?



Unha das vantaxes de ter xa máis de 3 anos de antigüidade na rede é a posibilidade de tirar de hemeroteca e repasar as cousas que escribiamos no noso blog hai varios anos. E facendo uso deste recurso queremos preguntarnos e recordar qué foi dun asunto que hai máis de 3 anos ocupou grandes titulares.

Isto escribiamos nós o 26 de decembro de 2005:

"A lebre saltou en Carballo en outubro de 2004, cando a seguinte noticia de La Voz de Galicia nos sorprendía a todos:

La Federación de Golf estudiará la viabilidad de un campo en Carballo

O Concello considerou o elevado coste como o principal escollo a salvar, xa que a Federación só estaba disposta a aportar 600.000 € dos máis de 2 millóns que se estimaban necesarios, de modo que sería necesaria a participación privada: La Federación de Golf está dispuesta a invertir 600.000 euros en Carballo " [...]

"O tema desapareceu da actualidade local tan rápido como aparacera, e tivo que pasar máis dun ano para que o campo de golf saltase de novo á palestra, logo de que o alcalde Evencio Ferrero e o concelleiro de obras e urbanismo Manuel Andrade viaxasen a Madrid para establecer contactos, e desen a seguinte noticia: El gobierno municipal asegura que Carballo tendrá un campo de golf "

Coa perspectiva que ofrece 3 anos máis tarde este mes de decembro de 2008, e sen que, por suposto, exista o menor atisbo de campo de golf, non podemos evitar esbozar un sorriso medio divertido medio decepcionado cando relemos este último titular. ¿Pasaralles igual ós seus autores, ou xa estarán cavilando no seguinte?



Etiquetas:

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

A la espera de un "disgusta" por parte de LAVOZDESUAMO...

5/12/08 23:51

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner