Novo goberno autonómico
Pouco a pouco van chegando as novidades do novo goberno da Xunta que vai presidir Núñez Feijóo. O hermetismo está a caracterizar o nomeamento de futuros conselleiros e altos cargos, e todo o máis que sabemos son as quinielas que se barallan nos medios e nas que non figura ninguén orixinario da nosa zona.
Sen embargo, no día de onte houbo novidades cando se deron a coñecer os nomes dos representantes nas comisións parlamentarias. O voceiro do PP carballés, Alberto Sueiro, será presidente da comisión de Industria e tamén vicepresidente da de Economía, comisión que por tradición se lle deixa presidir á oposición. E ata aquí sabemos e podemos ler, que diría Mayra.
Así pois, responsabilidades importantes para Sueiro, que será o representante do goberno nas dúas comisións a priori máis importantes habida conta do contexto económico. Agardemos que o carballés poña da súa parte para solventar o desastre absoluto na política de polígonos industriais do goberno saínte: despois da polémica polos prezos en Carballo, outro tanto está a suceder en Malpica, e en Vimianzo, co polígono rematado, o concurso para adxudicar parcelas ven de quedar deserto. Seguiremos atentos ós acontecementos e nomeamentos de vindeiras datas.
Etiquetas: Alberto Núñez Feijóo, goberno autonómico, Xunta
2 Comments:
Felicidades Alberto. Has demostrado tu valía política en innumerables ocasiones y no me cabe duda de que tienes por delante un reto que llevarás a cabo de forma brillante.
La pena es que en Carballo no hayamos sabido aprovechar en beneficio propio tu capaciadad y tu buen hacer. Ya se sabe, en casa del herrero...
Mucho ánimo y mucha suerte.
14/4/09 14:53
Enhorabuena. Pero no te olvides de que has prometido y ahora se te va a exigir. Tampoco te va a servir lo de culpar a los anteriores.
25/4/09 17:58
Publicar un comentario
<< Home