O conto do lobo
Tantas veces chegou correndo Pedro a avisar de que viña o lobo que xa ninguén o cre. Algo sí estalle a pasar ó goberno municipal de Carballo co tan traído e levado proxecto de reforma do mercado municipal. Non imos resumir todos os antecedentes desta historia porque coidamos que todos a coñecedes e porque mesmo un resumo ocuparíamos varios párrafos. Pero o caso é que tras unhas eleccións que están a mudar o panorama político galego e influir no local, o equipo dos Evencio & Viña boys decidiron dar un paso ó frente e reunir, por enésima vez, ós concesionarios do mercado para explicarlles qué pretende facer coas instalacións.
Agora sabemos que se vai sacar a concurso a redacción dun proxecto por valor de 95.000 euros, e que as condicións que o Concello marcará ós arquitectos que o preparen consistirán nun presuposto de 2,5 millóns de euros dos que os concesionarios non terán que poñer cartos, e na premisa de non modificar a estructura do edificio existente. É dicir, que non se derrubará nin se aumentarán as súas dimensións, aínda que sí se pretende facer unha reforma integral. O realoxo dos placeiros noutras ubicacións podería non ser preciso tendo en conta o espazo dispoñible no propio mercado. Polo tanto trátase dunha rebaixa do listón máis que notable dende un proxecto de preto de 15 millóns de euros que incluía un edificio completamente novo, unha reforma do entorno da praza, e tamén un aparcamento soterrado (motivo inicial da operación, co túnel da rúa Coruña incluido) do que xa ninguén semella lembrarse.
Así que se cadra esta humilde reforma do mercado de abastos fai agora máis factible e máis creíble o proxecto do Concello de Carballo, que aínda está por redactar e aprobar. Pero tendo en conta os antecedentes e as moitas veces que Pedro nos ten avisado, nós non imos crer o conto do lobo ata que o vexamos levantado. Chamádenos desconfiados. Nós chamariámolo experiencia.
Etiquetas: mercasa mercado aparcamiento parking aparcamento praza plaza detrás vallas
2 Comments:
Unha suxerencia, non poñades titulares que aportan tan pouco ó corpo da noticia; sei que me podedes comentar "se non che gusta non nos leas"
Pero é que eu léovos dende o GoogleReader e a verdade é que se me fai moi cansino unha e outra vez terme que ler o corpo da noticia para saber de que estades falando, que na maioría dos casos non é máis que un culebrón, que se suma ó titular sensancionalista da noticia, queda cando menos un regusto na boca un pouco amargo.
Pois iso, que levedes o blog como queirades, pero se se pretende ter informados aos carballeses non me acaba de convencer ese punto do método.
Saúdos!
4/4/09 11:48
Gracias pola crítica
4/4/09 15:38
Publicar un comentario
<< Home