Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, marzo 28, 2009

Novo partido para Andrade?



Outra nova sorprendente e non menos surrealista cás anteriores asoma hoxe ás páxinas da actualidade galega. Resulta que no seno de Terra Galega existía dende hai meses un pleito interno polo liderazgo entre o que foi candidato nestas pasadas eleccións, Xoán Gato, e outro sector comandado por Pablo Padín e Roberto González. Resulta tamén que o alcalde de Narón puido presentarse porque no medio do conflicto a Xunta Electoral lle deu temporalmente a razón. Pero agora resulta que o Xulgado de Primeira Instancia nº 3 de Santiago ven de desestimar o recurso de Gato contra a nova directiva, e que isto supón a súa expulsión e tamén a de "outros" integrantes do seu grupo. Circunstancias estas que se coñecen coincidindo coa comparecencia ante os tribunais do propio Gato coma imputado por un delito urbanístico relacionado co centro comercial Odeón de Narón.

Xustamente hoxe nun restaurante de Arteixo o xa ex-líder de Tega reúnese cos seus colaboradores para decidir o seu futuro, aínda que xa adiantou a súa intención de crear un novo partido que "non teña detrás esa lastra de ataques internos". Descoñecemos a postura que adoptarán os "centristas" carballes de Manuel Andrade, pero a súa intensa implicación nesta campaña electoral fai pensar que moi posiblemente seguirán os camiños de Gato, ou en todo caso trazarán un propio, pero en ningún caso parece probable que continúen a formar parte dunha Terra Galega dividida, derrotada, e que veu truncado o seu moi ambicioso proxecto en Galicia.

Polo tanto todo apunta a que pronto habemos ver a Andrade tras un novas siglas políticas, e xa van unha cuantas. Así que polo simple interese de pasar o rato, dígannos vostedes, por favor, partidos políticos nos que teña estado (ou pactado) Manuel Andrade Cristóbal, coma por exemplo, Terra Galega. Un, dous, tres, responda outra vez...



Etiquetas:

8 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Empiezo yo: Terra Galega.

29/3/09 13:29

 
Anonymous Anónimo said...

CDI

30/3/09 09:34

 
Anonymous Anónimo said...

UCD

30/3/09 14:41

 
Anonymous Anónimo said...

benegé

30/3/09 15:23

 
Anonymous Anónimo said...

En la OJE

30/3/09 15:24

 
Anonymous Anónimo said...

Partido de los Cazadores

30/3/09 15:45

 
Anonymous Anónimo said...

Partido Popular, en el año 1990, con Sanchez Vila a la cabeza.

30/3/09 22:15

 
Anonymous Anónimo said...

CPG, en el gobierno durante los 80, el último mandato en coalición con PSOE (Puga) y BNG (Evencio, oh yeah).

31/3/09 09:24

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner