Killer Cats, rockabilly en estado puro, en directo
Hoxe mércores, ás 10:30 da noite, novo concerto dos carballeses Killer Cats, no Pub La Mina de Ponteceso.
O que en principio era unha reunión en homenaxe dos Stray Cats, converteuse nunha historia que intentará ir máis aló, (¡¡e vai ir!!), recuperando clásicos do Rock & Roll.
Os Killer cats reuníronse por primeira vez en maio de 2008, vinte anos despois de abandonar a aventura como Jesse James.
A banda carballesa está formada por Richie Calero (Batería e coros), José Alberto Fuentes - Fifo (Baixo e coros), Andrés Rey (guitarra e coros ) e Juanjo Vales (Guitarra e Voz).
O reperteorio: sons rockabillies, temas propios e versións de grandes do Rock como Elvis, Stray Cats, Los Rebeldes, Gatos Locos ou Robert Gordon.
(Enlace da banda en MySpace)
Etiquetas: música
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home