Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, mayo 24, 2011

Resultados electorais


O BNG de Evencio Ferrero foi o gañador das eleccións municipais celebradas este domingo 22 de maio. Os nacionalistas afianzan a súa primeira posición en Carballo, aínda que non suben tanto como agardaban. Cunhas 300 novas papeletas (aumentan os votos nun 4,4 %) quedan aínda lonxe da maioría absoluta, pero suben un concelleiro ata chegar a 10. Pola súa banda o PP experimenta unha suba significativa de 1.400 votos (un 30,5 % máis que hai catro anos) ata acadar os 8 concelleiros, pero quedando tamén lonxe das súas expectativas e da posibilidade de ser a forza máis votada e desbancar ó Bloque. De entre os dous partidos minoritarios, ámbolos dous cumpriron as expectativas e perderon en torno á terceira parte dos seus votos. Terra Galega perdeu uns 1.100 en comparación co ano 2007, pero só baixou un concelleiro, quedando con 3; mentres que o PSOE foi o gran perdedor da noite, e con 900 sufraxios menos quedou cun só representante no Concello. Aínda que ollo, este dato pode variar, xa que os socialistas quedaron moi preto de gañar o segundo edil en detrimento do PP. Os votos impugnados pendentes de resolución poden alterar a distribución.

Pero en todo caso o que non cambiará será a situación do goberno municipal. Un goberno que, salvo sorpresas de última hora, será do BNG en solitario e en minoría. Cando menos se temos en conta as declaracións de Viña en campaña que rexeitaba entrar nun novo bipartito se os seus resultados electorais eran negativos, cousa que sucedeu. Con todo, non semella que Evencio vaia ter dificultades para sacar adiante as súas políticas con pactos puntuais entre os distintos partidos da oposición.

Así pois todo apunta a que a saída de Viña do goberno “de facto” será a única novidade que vivamos nos próximos catro anos, porque case ninguén imaxina a Manuel Andrade xubilándose da política por moito que os anos pasen, e o PP de Sueiro previsiblemente tentará aproveitar a súa nova posición para un terceiro asalto dentro de catro anos. O que sí vai cambiar vai ser a tesitura na que queda o equipo do BNG para gobernar Carballo 4 anos máis: coa Xunta e a Deputación en mans alleas, co goberno central previsiblemente igual en menos dun ano, en plena crise económica, coas arcas do concello valeiras, e con conflictos laborais, todo apunta a que esta nova lexislatura vai ser moito máis dificultosa que a que vimos de deixar atrás. Claro que, como adoitamos facer todos os que opinamos de política, estamos a xogar a oráculos, e con frecuencia a realidade tira todas as previsións ó traste. Habémolo ver.


Etiquetas: ,

9 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Baleiras amigos, escríbese baleiras.

24/5/11 19:47

 
Anonymous Anónimo said...

Queda dito por Carballo Dixital:

A Xunta, a Deputación, o Governo Central, e os poderes fácticos, farán todo o posible para que a Evencio e o seu governo lles vaia mal, Carballo da igual, o que hai que facer é joder a este nacionalista-marxista-radical-batasuno

ainda que e catro anos non caia un euro en Carballo

a ver si así dentro de 4 anos, o Sueiro pode ser alcalde

ja ja ja eu creo que nin así

24/5/11 20:14

 
Anonymous Anónimo said...

Unha vez máis, a enquisa de Sondaxe publicada na Voz fallou. Si, é certo que lle daba 10 ó BNG e sacou 10, ou que lle daba 2 a Terra Galega e conseguiu 2. Pero o concelleiro que lle daba de máis ó PSOE (dous) foi realmente pro PP (poñíanlle sete e tivo oito). Acertaron de pleno os que desconfiaban desta enquisa, con razón.

24/5/11 23:45

 
Anonymous Anónimo said...

eu non sei de que fardades por fai 8 anos Evencio foi alcalde gracias a Andrade e Viña,fai 4 gracias a Viña e agora gracias a que todos van a respetar a lista mais votada por que antes Andrade e agora Viña quedaron tocados de vos apoiar.Evencio no seu dia non tuvo o valor de respetar a lista mais votada que foi alcalde con 6 concelleiros e o pp tiña 9,porque vos falades de tanto apoio dos cidadans pero non sabedes o que e gobernar con maioria,nada mais tedes que mirar os resultados en toda GALIZA..

24/5/11 23:47

 
Anonymous Anónimo said...

si por vos fora está claro que lle poriades as trabas cantas foran necesarias con tal de que Carballo non conte con apoios, para facer guerra sucia e sair gañando o PP. Cando o BNG perda pois seguro que saliran do concello ca cabeza alta e orgullosos do traballo que fixeron, sin botarlle a culpa ao PP como facedes vos culpando ao BNG de todo. En fin...

Un votante, mais non militante

25/5/11 20:25

 
Anonymous Anónimo said...

Ó comentarios das 23.47:
O que queda claro e que a gran maioría de carballeses non se fiaron das propostas do pp. Os pactos son tan legais coma a propia Constitución. Todos os partidos, en todas as eleccións, pactaron, pactan e pactarán sempre que lles interese. Chegouse a Presidente do Goberno de España pactando co pnv máis radical dende a Democracia, e o sistema segue funcionando. Non lle temos que dar máis voltas, e os cidadáns deciden cada catro anos, e tan normal será a derrota impresionante do psoe a nivel nacional, que será como resultado da súa propia xestión, coma normal será o resultado do bng en Carballo, que tamén será debido á súa xestión.
Un saudo.

26/5/11 11:05

 
Anonymous Anónimo said...

que vai ser pola sua xestion, estos son capaces de dicir que enganou ao pobo...atacando duramente a oposicion...

26/5/11 13:51

 
Anonymous xan das bolas said...

Lo que publica hoy la Voz no tiene desperdicio. Lean atentamente:

El PSOE impugnará una de las mesas de la escuela Alfredo Brañas, en la que ya el PP presentó una reclamación el día de las elecciones por la presencia de un candidato del BNG como presidente, algo que prohíbe expresamente la ley. De hecho, la junta electoral ordenó al miembro de la lista nacionalista que abandonase la mesa, y las votaciones continuaron con normalidad. No obstante, los socialistas consideran que esa circunstancia es motivo de impugnación, lo que obligaría a convocar elecciones de nuevo en esa mesa, siempre que el recurso sea aceptado.
Por otro lado, Pedro Luis Fernández, que acudió al recuento de ayer, denunció el gran número de votos nulos por la presencia de dos papeletas de distintos partidos en el mismo sobre, un hecho que considera «sospeitosísimo» y que perjudicó, según explicó, sobre todo al BNG, pero también al PSOE.

Solo dos cosas:

primera-Los del psoe buscando por las alcantarillas los votos que no sumaron en las urnas, vaia pola miseria!

segunda-al BNG le sobra caradura y le falta la verguenza que debería tener un partido y un candidato a alcalde que lleva desde los primeros tiempos de la democracia, que permite que un integrante de su lista presida una mesa electoral. Y si ese hombre-presidente-candidato, además trabaja como abogado en la cruña, ainda peor.

Esta es la democracia y la transparencia del BNG, ga,ga,ga

26/5/11 18:10

 
Anonymous Anónimo said...

van falar os que van buscar aos votantes a casa, tipificado como delito e coñecido por todos como carrexar. A quen queredes dar leccions de buenas practicas...por favor

26/5/11 23:41

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner