Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, mayo 16, 2011

O PP acusa a Evencio Ferrero de contratar irregularmente a unha candidata do BNG



Esta é a nota que nos envía o PP de Carballo. Non poñemos nin quitamos nada:

De todos é sabido que Evencio Ferrero presume de transparencia e obxectividade na selección de personal. Sin embargo, como di o refrán, "dime de qué presumes y te diré de qué careces". Máis aló da propaganda e das frases rimbombantes, a realidade é ben distinta. Evencio Ferrero pode presumir de ser o primeiro alcalde de Carballo a quen o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia lle anulou unhas bases de selección de personal. E agora estamos ante un novo exemplo desta política clientelar que practica o BNG no Concello de Carballo.


Estes son os feitos comprobados, segundo acabamos de saber:


O 27 de maio de 2008 (BOP 6-6-2008), o alcalde Evencio Ferrero aprobou as bases para a contratación de 8 auxiliares de axuda a domicilio do Concello de Carballo. As bases prevían unha lista de sustitucións (base 7ª), establecendo:


1º.- Que só os/as aspirantes que superasen os exercicios da oposición e non obtiveran praza formarían parte dunha lista de sustitucións para cubrir futuras vacantes. E


2º.- Que a nova lista de sustitucións derogaría a anterior, do ano 2007.


A esta oposición do 2008 presentouse, xunto con outras 31 persoas, unha candidata do BNG nas últimas eleccións municipais celebradas en Carballo. Esta persoa tamén formaba parte da lista de interinidades do 2007 (lista que, segundo as citadas bases, quedaba derogada pola que se aprobase no 2008).


Feitos os exercicios da oposición aprobaron 11 personas para cubrir as 8 prazas ofertadas. A candidata do BNG foi calificada polo tribunal como “NON APTA”, xa que obtivo 27,80 puntos, cando o mínimo esixido eran 35. O 19 de setembro de 2008, o tribunal de selección aprobou a lista de sustitucións, integrada só polas 3 aspirantes que aprobaron a oposición sin obter praza. A candidata do BNG non podía formar parte da nova lista de sustitucións, porque as bases da convocatoria prohibían incluir na mesma ás persoas calificadas como “non aptas”.


Pois ben, o 4 de decembro de 2008, o alcalde dictou un Decreto ordenando incluir á candidata do BNG na nova lista de interinidades de 2008. O alcalde dictou esta orde infrinxindo as Bases, que establecían expresamente que a lista de interinidades de 2007 (da que formaba parte a candidata do BNG) quedaba derogada, e que na nova lista só poderían incluirse ás personas que superasen a oposición no 2008, cousa que a candidata do BNG non fixo.


Con esta decisión, Evencio Ferrero cometiu tres inxustizas:


1ª.- Perxudicou ás 3 personas incluidas na lista de sustitucións de 2008, xa que, ó ser máis personas a repartir as sustitucións, tocaría a menos traballo para cada unha: tería que pasar máis tempo para que poideran ser chamadas para traballar.


2ª.- Outras aspirantes que obtiveron maior nota que a candidata do BNG nas oposicións de 2008, sin embargo non foron incluidas na nova lista de sustitucións (por exemplo, unha aspirante con 32,70 puntos; outra con 33,50).


3ª.- O alcalde vulnerou flagrantemente as bases, que establecían expresamente as dúas condicións citadas: que a nova lista que salira do proceso selectivo de 2008 implicaría a derogación da anterior de 2007, polo que non se podían incluir personas da anterior lista na nova; e que para poder ser incluida na nova lista era requisito ter superado os exercicios da oposición de 2008.


Como consecuencia desta decisión ilegal do alcalde, a candidata do BNG empezou a traballar no Concello de Carballo como auxiliar de axuda a domicilio o 2 de marzo de 2009.


Para maior inxustiza, o propio Concello convocou en xaneiro de 2010 un novo proceso selectivo para cubrir unha praza de auxiliar de axuda a domicilio (BOP 26-1-2010), no que á candidata do BNG lle valoraron como mérito o ter feito esa sustitución (0,8 puntos por mes traballado no Concello de Carballo). Como consecuencia disto, dos 30 aspirantes que se presentaron, a candidata do BNG obtivo a maior nota na fase de concurso (que valoraba a experiencia laboral no Concello de Carballo). E, pese a que na fase de oposición (exame) sacou menor nota que outras 5 aspirantes, a candidata do BNG obtivo a nova praza, que sigue desempeñando na actualidade.

Etiquetas: ,

31 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Que curioso. E lembramos isto en época de eleccións.
Que patéticos sodes.

16/5/11 22:25

 
Anonymous Anónimo said...

¿Ahora el anónimo se indigna de que esto se "recuerde" en época de elecciones?
Pues a mí me indigna aún más su reacción que el propio hecho (si es cierto) que publica el PP.
De ser cierto, sé de un político que debe dejar ya de presumir de honradez.
Quizás ha errado el rumbo de su campaña, y cuando se empieza a insultar o a echar porquería, se arriesga uno a que le salpique la propia.

16/5/11 22:58

 
Anonymous Anónimo said...

Segundo informacións de última hora, ia navegando nun iate no momento de cometer tan despreciable actoo. Madre mía, sodes tan patéticos como desesperados estades!!

É esto todo o que se vos ocorre, a mentira e a difamación non funciona sempree...

16/5/11 22:59

 
Anonymous Anónimo said...

Lo que más puede doler es que sea verdad. Y lo es. Quien lo dude, que pregunte a la gente que se presentó a aquellas oposiciones.
Además, es tan simple como enseñar las pruebas, y las hay.

16/5/11 23:15

 
Anonymous Anónimo said...

Pero de que mentira falas,anónimo das 22.59, se a xustiza lle da a razón. E este non é 1 feito aillado, que se revisen as contratacións para impartir os cursos AFD. Curioso que para ser docente as bases non esixan ter como mínimo o graduado, xa non se pide mais por Dios!!!!Pero espero polo menos a Conselleria de Traballo que otorga a subvención lle poña polo menos algunha traba,porque sinon serán denunciadas estas bases tamén

16/5/11 23:34

 
Anonymous Anónimo said...

As enquisas son TERRIBLES, disque lle entrou o canguelo a máis de 4 no PP carballés.
"deixádevos de parvadas, mentide, amenazade, insultade, o que sexa pero esto non pode quedar así" outra vez ca cara de tontos de fai 4 anos NOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOONNNNNNNNNN

16/5/11 23:36

 
Anonymous Anónimo said...

Se é mentira Evencio debe negalo de inmediato, e terá moi fácil demostralo. ¿Ou non? ¿Ou ten probas o PP?
Quero ver esas probas, porque acusar de algo así sen probas pareceríame gravísimo.
PROBAS, PROBAS, PROBAS.

16/5/11 23:50

 
Anonymous Anónimo said...

Que probas queredes?

17/5/11 00:12

 
Anonymous Anónimo said...

O PP deu información suficiente para poder desmentilos. Din que o 4 de diciembre de 2008 hai un decreto do alcalde ca lista de interinidades 2008 no que inclue a esa persoa contra as bases. Con enseñar ese decreto do alcade, e o decreto ca lista de aprobados da oposición, todo arreglado.
E así verase quen di a verdade, que seguro que Evencio non puido facer algo así.

17/5/11 00:35

 
Anonymous Anónimo said...

fan o que feijoo lle manda, o mesmo que el fixo co bipartito da xunta, a ultima hora a difamar, sodes pateticos

17/5/11 00:36

 
Blogger Luzem said...

¿Os importaria publicar esas actas?, es que no las encuentro en google

la oposición ha pensado en tomar medidas legales??

17/5/11 01:08

 
Anonymous Anónimo said...

Oye pues si el BOE lo publica, como esta mañana algo habrá.

17/5/11 08:29

 
Anonymous Anónimo said...

esta noticia en la voz demuestra, que el La voz va viendo que va a haber cambio político, y hay que ir reculando no sea que se le pase factura ( o mejor dicho deje de pasarla) con la publicidad institucional, y se reparta legalmente entre toda la prensa local y no el aló presidente de los jueves, los panfletos de los domingos, etc...
No hay nada como ver lo que hacen las empresas para saber quien va a ganar los empresarios se sacan fotos con Sueiro y no con Evencio, Ni sacando encuestas cocinadas cambiais el voto, por más que lo intenteis la gente no se va a quedar en casa, irá a votar para acabar con este alcalde fracasado.

17/5/11 08:38

 
Anonymous Anónimo said...

A Anónimo das 8:38

La Voz de Galicia:
«a candidata do BNG foi calificada como non apta, xa que obtivo 27,8 puntos, cando o mínimo eran 25».

si si, xa se ve como vai La Voz en contra de Evencio...
obtivo 27,8 cando o mínimo era 25

JA JA JA si hasta superou o mínimo
que dis do cambio político JA JA JA
non vos sae unha a dereitas

17/5/11 11:34

 
Anonymous Anónimo said...

O da Voz xa é incalificable. Seguro que cambiar 35 por 25 foi unha errata, verdade?
O monaguillo é un director obxetivo e imparcial, claramente.
Nas novas que da Evencio nunca hai esas erratas.

17/5/11 11:44

 
Anonymous Anónimo said...

o que non sei é porque pon "non apta", si está claro que superou a nota
27,8 sempre é máis que 25 (polo menos na miña escola)
Estes da Voz, sempre con trapalladas pro PP

17/5/11 11:59

 
Anonymous Anónimo said...

Han denunciado los del PP? Han presentao pruebas? Que pasa, que ahora viene el Partido Popular a darnos lecciones anticorrupción? Estoy esperando a ver la que inventáis mañana.

17/5/11 13:15

 
Anonymous Anónimo said...

Claro, ahora nos vais a hacer tontos al resto. Varela en su época no había enchufado a nadie,¿ verdad ? ver aquello daba arcadas.

17/5/11 13:57

 
Anonymous Anónimo said...

Ya veo que tenéis buena relación con el PP. Podríais enseñar el sueldo de Sueiro y el que tuvo Varela en su día, pero igual no os conviene. Nos vemos el domingo. Ah, y no os desesperéis, tenéis cuatro años para recapacitar.

17/5/11 14:12

 
Anonymous Anónimo said...

si la Voz cometió un "error" poniendo 25 en vez de 35, le recomiendo que lea lo que pone en la nota del PP "sin erratas", y verá que las bases pedían 35 TREINTA Y CINCO puntos, no 25, y 27 son menos que 35. Por eso fue NON APTA. Se supone que los funcionarios del tribunal aún saben contar.
Y es que no hay peor ciego que el que no quiere ver, salvo el que no quiere que los demás se quiten su venda de los ojos.

17/5/11 14:24

 
Anonymous Anónimo said...

Menudos sectáreos que sodes... publicades o que vos sae do carallo. Sendo un blog de información política non estaba de máis publicar algunha enquisa.

17/5/11 14:25

 
Anonymous Anónimo said...

Eu teño unha enquisa que lle da 8-9 ó PP, 8-9 ó BNG, 2-3 a TEGA e 1-2 ó PSOE. E ten a mesma fiabilidade que a da Voz, porque a fixen preguntándolle a toda a xente que conozo, e son máis de 100 persoas. O que me quedou claro é que a cousa está moi igualada desta vez.

17/5/11 20:34

 
Anonymous Anónimo said...

A mostraxe da entrevista da Voi foi de 400 persoas elixidas ao chou, non foron preguntadas a colegas do PP.

17/5/11 21:28

 
Anonymous Anónimo said...

Espero que mañana la voz de galicia rectifique y, donde erróneamente escribieros 25, que aclaren que la puntuacion minima exigida para superaer la oposición eran 35. Para que estos exaltados del BNG, además de hacer trampas, no se salgan con la suya.
Y ya veo que hay polémica.
Creo que disteis donde les duele a los santos del BNG.
¡Y con la cantidad de descontentos que tienen entre sus filas por no conseguir un chollo! Está claro que se pueden hacer chapuzas pero no hay para todos, je,je

17/5/11 21:29

 
Anonymous Anónimo said...

Nervios en el PP! La encuesta ha dolido.

¿Donde ha quedado esa campaña limpia y de ideas prometida? ¿Qué hay de nuevo para que esto salga? ¿Se denunció, en su día, si era como dice el PP? ¿Algo, a parte de nervios?

18/5/11 10:38

 
Anonymous Anónimo said...

A desesperación fai milagres...algun vinculo con Al qaeda de paso?

18/5/11 13:54

 
Anonymous Anónimo said...

Hoy ya la Voz ha corregido su errata, ya pone 35 y pide disculpas. En fin ...

19/5/11 00:30

 
Anonymous Anónimo said...

Cuando ya nadie sabe ni de qué está hablando. Típico de La Voz: jode la noticia y nadie puede decir que no rectificó. Todo sea por "Evencito de mi vida".

19/5/11 00:38

 
Anonymous Anónimo said...

donde estan as disculpas da voz, non a lin
podedes pasarme o enlace?

19/5/11 23:17

 
Anonymous Anónimo said...

As campañas non están para denunciar, para iso están os Xulgados. Foron a eles por todo isto?. Por qué? Difamacións, e máis difamacións, igoal temos sorte e alguén pica. Seguide así. Xa sodes os que sodes, e seguiredes sendo. Cos que estaban e os que se sumaron todo sigue igoal. Nada cambia. Os novos prestixio aportan máis ben pouco, e os cambios parece que non chegan, sigue facendo falla a difamación. Mal futuro nos espera.
E agora temos o paoio dos dindicatos do concello, onde si que temos xente que sabe moito diso de entrar a traballar despois de "aprobar oposicións". É certo, eran outros tempos, daquela facíano outros, os que agora din estar escandalizados, e de aquela non pintaba nada a voz. Sindicaclistas municipales asegurando ós funcionarios que teñen a palabra do pp que si gañan teñen os seus problemas resoltos. Será verdade?. Algúns deles o dan por feito, porque no seu momento xa lle arreglaron os seus. Volveremos ó pasado. A difamación fai dano, pero só é difamación.

21/5/11 11:10

 
Anonymous Anónimo said...

¿Cómo que "as campañas non están para denunciar"? ¿Están para calar, logo? ¿Acaso a única vía que ten un político para denunciar algo é ir ó xulgado? E se fora ó xulgado, ¿non é certo que a primeira acusación que lle faría o BNG sería a de "xudicializar a política?

Os políticos actúan no ámbito que lles é propio (a política, a vida pública, os medios de comunicación, as institucións de representación...), sin perxuizo de que nalgún momento poidan ir ó xulgado. Pero ir ó xulgado é un dereito, non unha obriga.

Tamén se podería añadir: se dis que o que di o PP é falso, é ben fácil atacar ó PP: preséntalle unha querella, ou denunciao por difamación ou como se chame, e que o PP se defenda para ver se é falso ou non o que di. Pero claro, corres o risco de quedar co cu ó aire e de que lances a pedra e che caia encima.

O PP está dando datos moi concretos, pelos e señales. Se alguén di que minte (pois eso é difamar), podería demostralo moi fácilmente, aportando documentos, sendo transparente, dando outros datos que o desmintan. Pero non. O fácil é acusar de que "noutros tempos" se facía, etc. etc. A difamación non existe cando o que se di é verdade. Os datos están ahí, e Evencio Ferrero ainda non saiu a desmentilos (e moito menos a refutalos).

O que difama é o que acusa de algo a sabendas de que é falso, e por encima non aporta ningún dato que permita comprobar se o que di é certo ou non. O que difama é, por exemplo, o que deixou o comentario das 11:10. Pero claro, en época electoral hai que protexer ó lider-impoluto-Evencio ainda que sexa poñendo a cara para que cha partan en vez da del cando non hai defensa posible.

21/5/11 11:23

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner