Problemas de solvencia económica
Cun mes de atraso pásannos un enlace dunha interesante nova aparecida na Voz de Galicia. Este artigo trata da sustentabilidade financieira dos principais concellos de Galicia. Noutras palabras, a capacidade das corporacións locais para autofinanciar os seus gastos básicos e de persoal sen ter que precisar cartos doutras administracións.
Polo visto existe un índice chamado de cobertura dos gastos de funcionamento dun concello, que se obtén dividindo os recursos propios (descontadas as transferencias e os créditos), entre o que gasta en persoal, en administración e en servicios prestados ós cidadáns. E así, Santiago resulta ser a cidade máis solvente cun índice do 94,9%, A Coruña ten un índice do 90%, e máis abaixo atopamos as cidades de Vigo e Lugo, por riba do 85%. En números xa máis preocupantes no tocante á súa viabilidade económica aparecen os demais concellos importantes coma Arteixo, Narón, Redondela, Vilagarcía, Pontevedra, Ourense e Oleiros. ¿E Carballo? Pois é fácil de atopar, porque ocupamos o último lugar, con só un 63,7% como índice de cobertura. E ademais de forma destacada, porque os demais concellos que non son cidades están holgadamente por riba do 70%.
Unha nova polo tanto que nos deixa dous datos preocupantes. Por unha parte que a situación económica real de Carballo está moi lonxe do que nos contan Evencio, Viña e os medios locais. E pola outra, que estas cousas temos que buscalas fóra porque, se vos estabades preguntando por que non falamos disto antes… efectivamente, esta nova corresponde á edición da Voz de Santiago. En Carballo non se publicou nada. As vallas que pretende ocultar a realidade seguen en pé, e máis aínda en tempo electoral.
Etiquetas: BOE (Boletin Oficial de Evencio), economía, medios, política local
1 Comments:
pois si lle sumas a eso que moitos contratistas do concello están desesperados porque non lles dan pagado as súas facturas, que hai uns días os funcionarios denunciaban no periódico que lles debían nóminas desde o 2009, e que levan dous anos pechando as contas con déficit, creo que a cousa está moi clara.
Algún día saberemos o pufo que deixan Evencio e Viña ahi adentro, e que teremos que pagar entre todos os carballeses.
7/5/11 23:15
Publicar un comentario
<< Home