Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, mayo 07, 2011

Problemas de solvencia económica


Cun mes de atraso pásannos un enlace dunha interesante nova aparecida na Voz de Galicia. Este artigo trata da sustentabilidade financieira dos principais concellos de Galicia. Noutras palabras, a capacidade das corporacións locais para autofinanciar os seus gastos básicos e de persoal sen ter que precisar cartos doutras administracións.

Polo visto existe un índice chamado de cobertura dos gastos de funcionamento dun concello, que se obtén dividindo os recursos propios (descontadas as transferencias e os créditos), entre o que gasta en persoal, en administración e en servicios prestados ós cidadáns. E así, Santiago resulta ser a cidade máis solvente cun índice do 94,9%, A Coruña ten un índice do 90%, e máis abaixo atopamos as cidades de Vigo e Lugo, por riba do 85%. En números xa máis preocupantes no tocante á súa viabilidade económica aparecen os demais concellos importantes coma Arteixo, Narón, Redondela, Vilagarcía, Pontevedra, Ourense e Oleiros. ¿E Carballo? Pois é fácil de atopar, porque ocupamos o último lugar, con só un 63,7% como índice de cobertura. E ademais de forma destacada, porque os demais concellos que non son cidades están holgadamente por riba do 70%.

Unha nova polo tanto que nos deixa dous datos preocupantes. Por unha parte que a situación económica real de Carballo está moi lonxe do que nos contan Evencio, Viña e os medios locais. E pola outra, que estas cousas temos que buscalas fóra porque, se vos estabades preguntando por que non falamos disto antes… efectivamente, esta nova corresponde á edición da Voz de Santiago. En Carballo non se publicou nada. As vallas que pretende ocultar a realidade seguen en pé, e máis aínda en tempo electoral.


Etiquetas: , , ,


Seguir lendo...

miércoles, abril 13, 2011

Posible diálogo



A conversación debeu ser máis o menos así:

- Sargento Evencio: Fiiiiiiirmes! ….Vente paquí, Ameixeiras!

- Recluta Ameixeiras: …Su... Sus órdenes, mi sargento!

- S. E.: [Collendo das patillas a Ameixeiras e mostrándolle o BOE de onte, martes 12 de abril, co seguinte titular: “Los lectores apuestan por el cambio de gobierno en varios concellos de la zona”] Con que [con retintín] “los lectores apuestan por el cambio en varios concellos…” eh? E non contento con este titular, ATRÉVESTE a poñer debaixo un comentario dunha señora desconocida que di que “es hora de que Sueiro tome el relevo”, eh? PARÉCECHE BONITO, TRAIDOR!!?? XUDAS, QUE ERES UN XUDAS!! A TI EITE ARREGLAR EU!!!!

- R. A.: [azorado] M.. Mi… Mi sargento,… eu non fun….non sei como pudo pasar… fo.. foi un becario que é novo no periódico, e ainda non sabe como funcionan aquí as cousas… cando o vin xa era tarde... Pe... pero non se preocupe, xa o despedín. Síntoo de verdade, mi sargento …. Prométolle que non vai volver pasar… PROMÉTOLLE COMPENSALO, MI SARGENTO…

- S. E.: Que non me preocupe? Que non me preocupe? Pero ti qué pensas, que as eleccións se ganan solas? Ti es parvo ou qué?... Veña, xa o estás arreglando!… Por esta vez non te arresto, pero mañán SIN FALTA quero ver como mo compensas! E como volva a pasar, pola UPG que vas estar limpando letrinas toda a mili!

- R. A.: Non se preocupe, mi sargento, que mañán está arreglado! Xúrollo por mis anuncios [bica os dedos en cruz]

- S. E.: Polo teu ben, máis che vale!


Epílogo:

Titular do BOE de hoxe, mércores 13 de abril: “Muchos lectores confían en que los alcaldes actuales repitan tras el 22-M”. Debaixo, dous comentarios dunha tal María Vila e un tal Luis Rojo que veñen a decir que “Evencio merece seguir moitos anos.” (Amén, polo ben do recluta Ameixeiras)


Etiquetas: , ,


Seguir lendo...

viernes, marzo 18, 2011

Charla con Santiago Pazos


Non nos perderemos o programa "Xente de aquí, de alá e de acolá", que BERTV emitirá hoxe ás 9 da noite e repetirá mañá sábado (12:00 h. e 16:30 h), no que Xosé María Arán entrevista a Santiago Pazos. Seguro que oiremos cousas interesantes.

Etiquetas: ,


Seguir lendo...

martes, diciembre 28, 2010

Nova etapa en Carballo Dixital



Hai pouco cumpliamos 5 anos na rede, e coma todo aniversario de números redondos, foi o momento de replantexarnos o noso futuro. Teñen sido 5 anos de moito esforzo en silencio para ofrecer o que considerabamos un servizo esencial: un espazo para novas e opinións en liberdade sobre a actualidade de Carballo, un espazo libre de presións externas, onde os ricos e poderosos non puidesen exercer a súa influencia condicionando a información, un espazo onde dar a nosa opinión, particular, pero nin máis nin menos válida ca outras, e recoller as vosas a través dos vosos comentarios e colaboracións, un espazo no que as premuras económicas non se traducisen en chantaxes manipuladoras. E coidamos que, dentro do que cabe, témolo conseguido. Grazas a nós e grazas a vós.

Pero a vida é cambio, e tras moitas reflexións e moito diálogo con diversos axentes coidamos que chegou a nosa hora de cambiar. Tras 5 anos de traballo independente na sombra, chegou o momento de saír a luz. Carballo Dixital vai pasar de ser un blog afeccionado, anónimo e “outsider” a converterse nun medio profesional, aberto e convencional. Na nosa decisión teñen influido notablemente os moitos correos electrónicos cos que o goberno local de Carballo nos ten bombardeado, ó igual que a Deputación, Xunta, e diversas organizacións e personaxes destacadas da nosa comarca. A financiación do novo CD correrá a cargo da publicidade que algunhas empresas senlleiras, e sobre todo as administracións públicas, farán na nova web. E coma con eso é difícil sobrevivir, xa temos comprometida a asignación de varias subvencións, razón pola que, por certo, pasaremos a expresarnos exclusivamente en galego. Asumimos que este paso ha supoñer un cambio na nosa liña de actuación, e que inevitablemente a crítica ós nosos políticos terá que ser debidamente suavizada, e se cadra eliminada. Tamén asumimos que a maior parte dos nosos contidos deixarán de ser opinión e mesmo información, para converterse en publirreportaxes institucionais e bombo ó alcalde de turno. Pero todo sexa polo ben da información.

Entendemos que se cadra algún de vós prefería o vello estilo. Pero se é así, sempre vos quedará a opción de crear pola vosa conta un blog coma nós fixemos hai 5 anos. Sorte.

Etiquetas:


Seguir lendo...

sábado, febrero 13, 2010

Pagar para ¿informar?


O Xornal de Galicia informou días atrás de que a Xunta firmara un convenio con La Voz de Galicia para que este medio “informase” (as comiñas son nosas) dos Orzamentos de 2010 a cambio de 149.000 euros “co obxecto de fomentar o coñecemento na sociedade galega dos conceptos, obxectivos e fins aos que van estar destinados os recursos económicos da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a importancia dos Orzamentos como instrumento das administracións para incidir no desenvolvemento da actividade económica”.

É decir: A Xunta de Galicia non debe ter outro sitio mellor onde investir os cartos públicos que en facer convenios con La Voz de Galicia para “informar” dos Orzamentos de 2010. Da mesma forma que se gastan cartos en informar de cómo non coller a gripe A, gástase en “informar dos orzamentos”, … pero só nun xornal: La Voz de Galicia.

É de supoñer que, se non lle pagasen, La Voz non informaría nada sobre os Orzamentos (o cal deixa quedar moi mal o prestixio informativo da Voz). E do contrario, ¿qué sentido tería pagar por que La Voz fixese algo que faría de todos modos?

Varias preguntas que se nos ocurren, e que se cadra queredes contestar:

¿Esa “información” da Voz debería ir nas paxinas de “Galicia” ou baixo o título de “Publicidade”, xa que costa 149.000 euros?

¿Debemos calificar esa información de "información comprada"?

¿De qué vale que a Xunta aforre en coches e gaste en publicidade que non ten outro fin máis que mellorar a súa imaxe?

¿O convenio Xunta-Voz é un pago dos servizos prestados polo diario de Fernández Latorre na campaña das autonómicas?

¿É este o mesmo medio de comunicación que, cando gobernaba o bipartito, poñía a parir a Jacinto Rey (editor de Xornal de Galicia) acusándoo máis ou menos veladamente de ser financiado polo BNG?

Hai só un ano (7-2-2009), o editor de La Voz de Galicia, Santiago Rey Fernández Latorre, protestaba así contra o bipartito: "Se ha dicho alguna vez que la política es la profesión más noble cuando su objetivo es el interés general, y la más mezquina cuando se hace por interés propio. Por eso es obligado protestar contra el populismo, el clientelismo y el favoritismo." Vale.

Finalmente, non queremos deixar pasar por alto ¡qué paradóxico e hipócrita resulta que quen destape o asunto sexa precisamente o medio que aspiraba a ser financiado polo BNG en tempos do bipartito (concesións eólicas, publicidade institucional ¿lembrades a foto de Quintana no iate de Jacinto Rey, propietario de Xornal de Galicia?)

Este exemplo ven a ilustrar unha vez máis cómo son as relacións entre medios de comunicación e o poder (político, económico,…), o cinismo que impera e a hipocresía galopante. En fin, así é como funciona esto dos medios e a política, e non temos que ir moi lonxe para velo: basta abrir tódolos días a edición de Carballo de La Voz de los Ricos e Poderosos e ver o tratamento laudatorio que lle da ó goberno local. Só lles falta facer a xenuflexión ó paso de Evencio. ¡Qué certo é o vello refrán que di que non se pode morder a man que dá de comer!



Etiquetas: , , ,


Seguir lendo...

miércoles, septiembre 16, 2009

Bricomanía: cómo conseguir cosas del Concello en Carballo


Hola, qué tal, amigos. Este programa va dirigido a los vecinos de Carballo. Hoy os vamos a enseñar cómo conseguir que vuestro ayuntamiento os haga caso y muestre algún interés en resolver vuestros problemas.

El punto de partida es muy fácil, se trata de cualquier problema que afecte a las competencias del Concello: aceras que faltan, firmes en mal estado, alumbrado escaso, ausencia de saneamiento, o cualquier otro servicio. Vamos, algo que todos podemos encontrar alrededor de nuestra casa.

Ahora tenemos que pensar en cómo solucionarlo. Algunos pensaréis que la mejor manera es ir al Concello y comunicárselo a los responsables el asunto. Pues no, amigos, ese es un camino equivocado que sólo os va a hacer perder el tiempo. Y no dejéis engañar si os dicen que no os preocupéis y que pronto lo vais a ver arreglado. Veréis pasar y pasar el tiempo sin que nadie os haga caso. Aquí, en Bricomanía, os vamos a enseñar un sistema fácil, rápido y barato de conseguir de verdad vuestros propósitos.

Para eso necesitamos solamente unas pocas cosas que tenemos al alcance de nuestra mano: un grupo de amigos, una guía de teléfonos, un teléfono, y a lo mejor una lona y un poco de pintura. Primero vamos a coger la guía y buscar en el apartado de “medios de comunicación”. A continuación vamos a confeccionar una lista con los medios que trabajen en Carballo, y -esto es muy importante- no os olvidéis nunca de que entre ellos esté la Voz. Una vez localizado el número (también vale la dirección postal o electrónica) vamos a comunicar a todos los medios nuestro problema para que le den cobertura en sus espacios. Si la primera vez no funciona, solamente hay que insistir y hablar con nuestros amigos para convocar una manifestación. Normalmente no hará falta tanto y bastará con una pequeña concentración, o si no en su defecto podemos recurrir a la lona y la pintura para realizar una pequeña pancarta y colocarla en algún lugar visible. Comprobaréis cómo rápidamente, incluso antes de que tengáis que montar la pancarta o la concentración, las autoridades del Concello captarán el mensaje a gran velocidad y empezarán a ponerse manos a la obra.

Y ya está, amigos, ya hemos conseguido nuestro propósito con el Concello de Carballo, ¿veis qué fácil? En el próximo programa los vecinos de la Milagrosa y de Entrecruces nos ilustrarán con ejemplos prácticos.



Etiquetas: , ,


Seguir lendo...

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner