Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

sábado, febrero 13, 2010

Pagar para ¿informar?


O Xornal de Galicia informou días atrás de que a Xunta firmara un convenio con La Voz de Galicia para que este medio “informase” (as comiñas son nosas) dos Orzamentos de 2010 a cambio de 149.000 euros “co obxecto de fomentar o coñecemento na sociedade galega dos conceptos, obxectivos e fins aos que van estar destinados os recursos económicos da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a importancia dos Orzamentos como instrumento das administracións para incidir no desenvolvemento da actividade económica”.

É decir: A Xunta de Galicia non debe ter outro sitio mellor onde investir os cartos públicos que en facer convenios con La Voz de Galicia para “informar” dos Orzamentos de 2010. Da mesma forma que se gastan cartos en informar de cómo non coller a gripe A, gástase en “informar dos orzamentos”, … pero só nun xornal: La Voz de Galicia.

É de supoñer que, se non lle pagasen, La Voz non informaría nada sobre os Orzamentos (o cal deixa quedar moi mal o prestixio informativo da Voz). E do contrario, ¿qué sentido tería pagar por que La Voz fixese algo que faría de todos modos?

Varias preguntas que se nos ocurren, e que se cadra queredes contestar:

¿Esa “información” da Voz debería ir nas paxinas de “Galicia” ou baixo o título de “Publicidade”, xa que costa 149.000 euros?

¿Debemos calificar esa información de "información comprada"?

¿De qué vale que a Xunta aforre en coches e gaste en publicidade que non ten outro fin máis que mellorar a súa imaxe?

¿O convenio Xunta-Voz é un pago dos servizos prestados polo diario de Fernández Latorre na campaña das autonómicas?

¿É este o mesmo medio de comunicación que, cando gobernaba o bipartito, poñía a parir a Jacinto Rey (editor de Xornal de Galicia) acusándoo máis ou menos veladamente de ser financiado polo BNG?

Hai só un ano (7-2-2009), o editor de La Voz de Galicia, Santiago Rey Fernández Latorre, protestaba así contra o bipartito: "Se ha dicho alguna vez que la política es la profesión más noble cuando su objetivo es el interés general, y la más mezquina cuando se hace por interés propio. Por eso es obligado protestar contra el populismo, el clientelismo y el favoritismo." Vale.

Finalmente, non queremos deixar pasar por alto ¡qué paradóxico e hipócrita resulta que quen destape o asunto sexa precisamente o medio que aspiraba a ser financiado polo BNG en tempos do bipartito (concesións eólicas, publicidade institucional ¿lembrades a foto de Quintana no iate de Jacinto Rey, propietario de Xornal de Galicia?)

Este exemplo ven a ilustrar unha vez máis cómo son as relacións entre medios de comunicación e o poder (político, económico,…), o cinismo que impera e a hipocresía galopante. En fin, así é como funciona esto dos medios e a política, e non temos que ir moi lonxe para velo: basta abrir tódolos días a edición de Carballo de La Voz de los Ricos e Poderosos e ver o tratamento laudatorio que lle da ó goberno local. Só lles falta facer a xenuflexión ó paso de Evencio. ¡Qué certo é o vello refrán que di que non se pode morder a man que dá de comer!



Etiquetas: , , ,

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

no creo que esto sea verdad. si es asi manda truco.
http://www.xornal.com/artigo/2010/01/30/galicia/facenda-paga-000-euros-voz-informar-orzamentos/2010013022040400348.html

13/2/10 21:09

 
Blogger Carballo Dixital said...

O convenio está seguindo este enlace: http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/convenios-persoas-fisicas?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_n7qO&p_p_action=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_n7qO_content=/opencms/Economia/Contidos/Convenios/convenio_0061.html&category=Tipos_enumerados/Tipo_Convenio/Colaboracion_coas_persoas_fisicas_ou_xuridicas_privadas/

14/2/10 00:02

 
Anonymous Anónimo said...

Está claro que LVDG es un medio imparcial: trata a todos de modo igualitario (a todos los que paguen lo mismo, claro está).

En Carballo, la cosa está clara. Vean la cantidad de anuncios del Ayuntamiento de Carballo que salen todos los días en La Voz, y ya saben por qué hay que tratar bien a Evencio: porque paga, y muy bien, y además lo esconde mejor, porque no firma convenio alguno, sino que introduce anuncios día sí y día también del Concello. Busquen, si no, cuántos anuncios del "Banco do tempo" hay a la semana, cuántos de licencias, cúantos del PXOM, cuántos de oposiciones, cuántos de contratos.

Y ahora busquen cuántos hay en otros diarios como el Ideal Gallego, o el Correo, etc... Algo debería repartirse creo yo, y sin embargo, parece que LVDG tiene el monopolio del ayuntamiento de Carballo.

Así que no sé de qué se extrañan. Siempre ha sido poderoso caballero ese Don.

14/2/10 20:13

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner