Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, febrero 03, 2010

Coincidencias


Hay coincidencias. Como a da periodista (Cristina Abelleira) que, por casualidade, pasaba polo rexistro municipal no xusto momento en que Xan Fraga Rodríguez donaba un libro ó Concello, e os dous coincidiron (tamén por casualidade) con un fotógrafo que lle sacou unha foto á portada do libro (para publicala en LVDGE) e co alcalde Evencio Ferrero ("no edificio consistorial coincidiu co alcalde") que lle agradeciu a Xan (diante da periodista) “esa sensibilidade e esa preocupación por facer de Carballo un lugar de referencia” (o slogan, que non falte). E todo iso dou para facer unha reportaxe que é a segunda noticia máis destacada da edición online do periódico oficial do alcalde no día de hoxe. Todo sexa por un libro.



Etiquetas: , , , , , ,

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

o nivel de infantilismo co que o bng trata de transmitir informacion avalada por unha Abelleira que roza o servilismo mais cutre espanta a calquer persona con un minimo de intelixencia critica e dignidade moral.¿hai algnha diferencia con chaves e o seu Alo Presidente?

3/2/10 18:10

 
Anonymous Anónimo said...

En el eslogan le faltó lo de "facer de Carballo un bo lugar para vivir" que Evencio repite siempre aunque no venga a cuento (para él el eslogan siempre viene a cuento)

3/2/10 20:06

 
Anonymous Anónimo said...

Eu teño unha coincidencia ou casualidade moito mellor.

Todo os agoreiros que artellaban críticas contra Evencio por presentar unha e outra vez na prensa local a súa nova piscina-spa estaban moi errados, ou non?

O alcalde deixou de saír na prensa local presumindo da súa nova piscina. Ou será só unha coincidencia?

Será que non sae porque coincide que a auga está fría, non quenta nunca, e non se está a gusto coma na piscina do Bergantiños?

Será que, segundo se comenta, a piscina perde auga a miles de litros tódolos días, auga que pagamos cos impostos de todos nós?

Será que agora ten tan pouca profundidade que a xente escapa a nadar á do Bergantiños, que ten incrementado a afluencia desde que abríu a nova piscina-spa?

Será que o fenómeno que a deseñou fixo uns vestiarios desastrosos, que se anegan de auga en ós que os nenos non chegan ás perchas?

Será, en definitiva, que como a obra está a resultar un auténtico desastre, chegou o momento de facer un "mutis por el foro", e que non se note moito que é a túa responsabilidade?

E, tamén casualmente, o diario oficial LVDG non ten dado conta de ningunha destas deficiencias.

Está claro que neste caso a casualidade é máis ben causalidade: a causa da incompetencia dalgúns, Evencio pode verse salpicado polos efectos (el nunca ten culpa de nada, lémbrese).

7/2/10 12:54

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner